miércoles, 29 de marzo de 2017

OFERTAS EMPREGO VARIAS



VIVEIRO - CAMARERA/O Mesón A Lareira busca camarero/a. Personas interesadas pueden entregar el CV en el local o enviarlo a través del Facebook de Mesón A Lareira. Publicado en EMPLEO A MARIÑA FACEBOOK.



Procedemento de selección dun/dunha Axente TIC para o Centro CeMIT do Concello de Burela. CONCELO DE BURELA.  https://burela.sedelectronica.es/board//28/03/2017





viernes, 24 de marzo de 2017

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (27 horas/semana), con adscrición ao srvizo municipal de axuda ó fogar do concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista é o día 17 de abril, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 03 de abril, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 04 de abril de 2017, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, para cubrir vacacións das auxiliares de axuda a domicilio do servizo municipal de axuda no fogar. A data de inicio prevista é o día 21  de abril, e a xornada variará en función da persoa a que sustitúa.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 3 de abril, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día  4 de abril de 2017, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

jueves, 16 de marzo de 2017

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (31 horas/semana), con adscrición ao srvizo municipal de axuda ó fogar do concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista é o día 06 de abril, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 27 de marzo, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 29 de marzo, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal,  mediante concurso-oposición, dunha LIMPADORA, a xornada completa. A data de inicio prevista é o día 06  de abril de 2017,e por un período de 6 meses

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 27 de marzo, ás 15:00 horas. A selección realizarase ese mesmo día 29 de marzo de 2017, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

martes, 14 de marzo de 2017

OFERTAS EMPREGO




CONCELLO DE VIVEIRO CONVOCATORIA SELECCIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA EXECUCIÓN DE OBRAS DENTRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO.  Modalidade de contrato temporal de obra ou servizo determinado os seguintes postos:
1 Técnico en informática 100% Contrato temporal (modalidade contrato
temporal de obra ou servizo determinado)
1 Monitor socorrista 100% Contrato temporal (modalidade contrato
temporal de obra ou servizo determinado)
3 Oficiais (1 electricista e 2 pintores) 100% Contrato temporal (modalidade contrato temporal de obra ou servizo determinado)
3 Peóns 100% Contrato temporal (modalidade contrato temporal de obra ou servizo determinado) BOP LUGO 14/03/2017

lunes, 13 de marzo de 2017

CURSOS PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA OBTER OS CELGAS



Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).
Obxecto. Esta resolución ten por obxecto anunciar a convocatoria, con carácter gratuíto, de cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4.

Os cursos do nivel 1 impartiranse na modalidade de teleformación. Na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) anunciarase, o mesmo día da publicación desta resolución, a súa convocatoria específica.
As solicitudes dos cursos de teleformación efectuaranse de acordo coa convocatoria específica publicada na páxina web http://www.lingua.gal.

Os cursos dos niveis 2, 3 e 4 impartiranse na modalidade presencial nas datas, lugares e horarios recollidos no anexo II.

En Viveiro está previsto o seguinte curso: 
 
Código: CL320172706601
Lugar: IES María Sarmiento
Rúa Misericordia, 58
Datas: do  18.4.2017 ao 9.6.2017
Horario:das 19.00 ás 21.00 h.
Días: de luns a xoves
Venres: das 18.00 ás 20.00 h.


As solicitudes dos cursos presenciais dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED104B, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal e na páxina web http://www.lingua.gal, que permiten cubrir e editar a solicitude.

Destinatarios/as dos cursos. Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.

O prazo para presentala rematará o 28 de marzo de 2017.

Máis información:

OFERTAS DE EMPREGO

Técnico/a Mantemento Electromecánico para desenvolver a ocupación na zona da Mariña de Lugo. FONTE: INFOJOBS 10/03/2017 http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo