viernes, 25 de abril de 2008

OFERTA DE EMPREGO

Necesítase persoa para realizar tareas domésticas en vivenda situada en Escourido. A xornada serían 4 ou 5 horas. Si está interesado contactar con Manuela chamando o 982590195.

miércoles, 23 de abril de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

* Multinacional americana selecciona 5 persoas con coche para a zona norte de Lugo. Tlf.: 982575122.

* FLEXIPLAN, E.T.T necesita persoal con coñecementos de automoción para traballar na ITV. Interesados contactar con Laura chamando ó 982267006

* Empresa de Burela selecciona 5 comerciais con coches para a zona da Mariña. Non é necesaria experiencia. Interesados/as chamar o 982575122

* Estudiantes de periodismo co 50% dos créditos aprobados, para facer prácticas remuneradas este verán no Progreso nas delegacións de Lugo, A Mariña, Vilalba, Monforte e Sarria. Interesados contactar con Montserrat chamando o teléfono 982298100/ 626994843, ou enviar un e-mail á dirección de correo electrónico: rrhh@grupoelprogreso.com

viernes, 18 de abril de 2008

AXUDAS VIVENDAS INACABADAS

Axudas para o remate exterior de vivendas situadas no medio rural, que teñan a cuberta, os paramentos exteriores e a carpintería exterior completa e que, contando a vivenda con licenza municipal de obras en vigor.

CUANTÍA DA SOLICITUDE: 30% do presuposto, máximo 6.000 euros.

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 16 de xuño do 2008.

AXUDAS CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE MULLERES

BENEFICIARIOS: Empresas, incluidos autónomos, sociedades civís e comunidades de bens, que contraten por conta allea traballadoras.

¿QUE SE SUBVENCIONA? A contratación indefinida inicial ou a transformación en indefinidos de contratos feitos con mulleres maiores de 31 anos.

CUANTÍA DAS AXUDAS: 7.500 euros, salvo no caso de mulleres non incluídas en nigún dos colectivos, que serían 2.000 euros.

PRAZO DE SOLICITUDE: 2 meses desde a contratación, antes do 15 de setembro do 2008. Os contratos realizados entre o 16 de setembro do 2007 e o 16 de abril do 2008, teñen de prazo ata o 31 de maio de 2008.

miércoles, 16 de abril de 2008

SUBVENCIÓN EQUIPAMENTO INDUSTRIAL

A Consellería de Industria e Innovación convocou unhas axudas para a adquisición e renovación de equipamento industrial, para pequenas e medianas empresas de Galicia, xa sexan personas físicas e xurídicas, que acrediten unha antigüedade de dous anos, e que estén inscritos nalgún dos epígrafes que se especifican na orde como subvencionables.
Subvencionase a inversión en adquisición de novo equipamento industrial ou a renovación do existente, sempre e cando, dito equipamento sexa de primeiro uso. O importe mínimo da inversión son 12.000 euros, e en ningún caso, se admitirán inversións en máquinas individuais que teñan un coste inferior a 2.000 euros. O gasto subvencionable deberá ser realizado e efectivamente pagado despois de presentar a solicitude e antes do 17 de novembro do 2008.

A axuda poderá alcanzar ata o 45% da inversión subvencionable no caso de microempresas, ata o 40% no caso de pequenas empresas e o 35% nas medianas. A contribución do beneficiario a financiación da inversión debe de ser como mínimo do 25%.

O prazo de solicitude remata o 14 de maio do 2008.

SUBVENCIÓN REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

A Consellería de Innovación e Industria convocou axudas para pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural (concellos de menos de 5.000 habitantes, ou de máis sempre e cando se sitúen en núcleos que non superen os 1.500 habitantes) que se adhiran á Rede de comercio rural galego. O prazo de presentación remata o próximo 9 de maio, e as axudas poden chegar ata o 70% da inversión en activo fixo, cun máximo de 100.000 euros.

lunes, 14 de abril de 2008

AXUDAS RESTAURACIÓN E CONSERVACIÓN DE HÓRREOS E OUTROS ELEMENTOS DO PATRIMONIO ETNOGRÁFICO

Actuacións subvencionables:

1.- Obras de conservación e mantemento:
- Retellado, reposición ou reparación de cubertas. Non se inclúe a reconstrución total ou parcial das cubertas.
- Traballos de conservación que afecten ós elementos ou materiais de cerramente ou acabamento do interior e do exterior. Sempre que se empreguen os mesmos materiais orixinais.
- Pintura dos recebos dos paramentos con tintas de base mineral, nas cores tradicionais e sempre que supoña a reparación dun revestimento ou acabamento anterior e que sexa coherente co tipo de ben.
- Cambio ou reparación das carpintarías dos ocos, empregando os mesmos materiais.
- Pintura das carpinterías de madeira con lasures ou con tratamentos e poro aberto, con pinturas ao aceite ou con ceras naturais.
- Reparación ou substitución de pezas auxiliares como escaleiras, varandas, canlóns…
- Limpezas e retirada da vexetación do contorno.
- Demolición e retirada dos elementos desconformes con valores etnográficos do ben.

2º.- Obras de restauración que teñan por obxecto a restitución ou mellora do ben, co fin de recuperar o carácter orixinal (necesítase proxecto técnico).

BENEFICIARIOS:

1º.- Hórreos, cabazos, cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos de antigüidade.
2º.- Hórreos, cabazos, muíños, fontes, lavadoiros, fornos…, que teñen a consideración de bens inventariados nas normas complementarias e subsidiarias do planeamento.

CUANTÍA DAS AXUDAS: 60% do coste de execución do proxecto, máximo 2.000 euros no caso de obras de conservación e mantemento, e 6.000 euros no caso de obras de restauración.

PRAZO DA PRESENTACIÓN: ata o 15/07/2008.

martes, 8 de abril de 2008

AXUDAS CONTRATACIÓN DESEMPREGADOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

¿QUEN PODE SOLICITAR? Empresas de todo tipo, independentemente da forma xurídica que contraten, a xornada completa ou a tempo parcial, traballadores desempregados e inscritos no Servicio Público de Emprego pertencentes a algún dos seguintes colectivos:

- Perceptores da RISGA.
- Ex -drogodependientes que participasen ou participen en programas de rehabilitación.
- Ex – reclusos que non tiveran un emprego fixo e remunerado despois de sair do cárcere.
- Mulleres procedentes de casas de acollida.
- Mulleres que teñan acreditada pola Administración competente a condición de víctima de violencia doméstica.
- Menores internos/as
- Xóvenes que estiveran, ata a súa maioria de idade, baixo a tutela da Administración autonómica
- Inmigrantes residentes na comunidade e con problemas de integración social.
- Emigrantes retornados/-as con graves necesidades personais e familiares.

¿QUE SE SUBVENCIONA?
- Contratacións indefinidas iniciais.
- Transformación en indefinidos de contratos temporais de duración determinada.
- Contratos temporais, sempre e cando a duración mínima sexa 6 meses.

CUANTÍA DAS AXUDAS:

- Contratacións indefinidas iniciais e transformacións de contratos temporais en indefinidos:
30% da base mínima do grupo de cotización ó que pertenza a persoa contratada, calculada sobre 3 anualidades, ata un máximo de 12.000 euros.
- Contratacións temporais, depende da duración do contrato, e oscilan entre os 2.500 e os 5.500 euros aproximadamente

PRAZO DE SOLICITUDE: 2 meses desde a contratación, e sempre antes do 15 de setembro do 2008

AXUDAS A EMPRESAS PARA CONTRATACIÓN DE XÓVENES MENORES DE 30 ANOS

1º.- AXUDAS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA DE XÓVENES MENORES DE 30 ANOS

PRAZO: 2 meses dende a alta na Seguridade Social, sempre antes do 15 de setembro do 2008.

Dentro destas axudas existen 5 PROGRAMAS distintos:

A) Programa de fomento da contratación en prácticas de xóvenes con titulacións de difícil empregabilidade.
¿Quen pode solicitar?

Empresas de todo tipo incluidos autónomos, comunidades de bens, etc. que contraten en prácticas a xóvenes traballadores/-as menores de 30 anos desempregados e inscritos no Servicio Público de emprego, que non tivesen anteriormente relación laboral coa empresa a través dun contrato da mesma modalidade. Estos contratos en prácticas deben concertarse a xornada completa e cunha duración non inferior a doce meses. Ademais deben de celebrarse con persoas que dispoñan dalgunha das titulacións que aparece na orden, e que se consideran de difícil empleabilidade (establecidas en la orden

Cuantía das axudas: ata 1.000 euros, 4.000 si se realizan con mulleres.

B) Programa de fomento da contratación de xóvenes para a substitución de traballadores e traballadoras que finalicen a vida laboral.

¿Quen pode solicitar?

Empresas de todo tipo incluidos autónomos, comunidades de bens, etc. que contraten baixo a modalidade de: relevo ou sustitución por anticipación da idade de xubilación, a xóvenes traballadores/-as menores de 30 anos desempregados e inscritos no Servicio Público de emprego. Estos contratos deben concertarse cunha duración non inferior a doce meses, e a xornada completa ou parcial no caso do contrato de relevo e a xornada completa para a segunda modalidade de contrato.

Cuantía das axudas:
- Os contratos temporais de duración non inferior ós 12 meses: 50% da base mínima do grupo de cotización ó que pertenza o traballador, calculada sobre 1 anualidade, ata un máximo de 1.500 euros ou 2.500 si é muller.
- Os contratos indefinidos: 40% da base mínima do grupo de cotización ó que pertenza o traballador, calculada sobre 3 anualidade, ata un máximo de 7.500 euros ou 12.000 si é muller.

C) Programa de creación de novos empregos para xóvenes titulados/as en empresas de menos de 30 traballadores.

¿Quen pode solicitar?

Empresas de todo tipo incluidos autónomos, comunidades de bens, etc. que contraten en prácticas a xóvenes traballadores/-as menores de 30 anos desempregados e inscritos no Servicio Público de emprego, para desempeñar novos postos de traballo creados na empresa. Estos contratos en prácticas deben concertarse a xornada completa e cunha duración non inferior a doce meses.

Cuantía das axudas: ata 1.250 euros, 3.000 si se realizan con mulleres.

D) Programa de fomento da contratación indefinida inicial de xóvenes desempregados/as.

¿Quen pode solicitar?

Empresas de todo tipo incluidos autónomos, comunidades de bens, etc. que realicen contratacións indefinidas iniciais a xóvenes traballadores/-as menores de 30 anos desempregados e inscritos no Servicio Público de emprego. Será subvencionable o período de prueba.

Cuantía das axudas:
- 40% da base mínima do grupo de cotización ó que pertenza o traballador, calculada sobre 3 anualidade, ata un máximo de 5.000 ou 7.500 euros no caso de mulleres.
- Para o período de prueba: coste salarial total de dous meses, máximo 3.000 euros.
E) Programa de incentivos á transformación en indefinidos de contratos temporais celebrados con xóvenes.

¿Quen pode solicitar?

Empresas de todo tipo incluidos autónomos, comunidades de bens, etc. que realicen transformacións en indefinidos de contratos de: formación, en prácticas, de relevo, de sustitución por anticipación da idade de xubilación, de interinidade......., a xóvenes traballadores/-as menores de 30 anos.

Cuantía das axudas:
- As transformacións en indefinidos de contratos formativos: ata 3.750 euros, ou 6.000 euros no caso de mulleres.
- As transformacións en indefinidos de contratos de interinidade: ata 3.750 euros, ou 6.000 no caso de mulleres.
- As transformacións en indefinidos de contratos de relevo e sustitución por anticipación da idade de xubilación: ata 4.750 euros, ou 7.500 no caso de mulleres.

AXUDAS ABANDONO ACTIVIDADE COMERCIAL

¿QUEN PODE SOLICITAR?
1. Comerciantes minoristas que decidan abandonar a actividade comercial, e cumplan os seguintes requisitos:

- Poseer a condición de comerciante.
- Exercer, como titular do comercio, nos últimos 10 anos de forma ininterrumpida.
- Estar en posesión dos correspondentes permisos ou licencias municipais.
- Ter entre 60 e 64 anos. No se concederá a los que durante el 2008 cumplan los 65.
- Estar dado de alta no réxime de autónomos da Seguridade Social nos dez últimos anos, de forma ininterrumpida.
- Comprometerse a abandonar o exercicio profesional, e a ceder os establecementos comerciais para que outra persoa continúe exercendo algunha actividade.
- Enténdese que se cumple o requisito de cesión si se presentan contratos ou escrituras de donación, venda, alugueiro, traspaso ou rescisión, nos que figurará o compromiso do cesionario de abrir o local no prazo de 6 meses, e desenvolver unha actividade comercial, económica ou profesional, por un período de tempo de 3 anos ou o tempo que reste ata a xubilación do beneficiario.
- Non ter rendimentos netos regulares na unidade familiar, sin contar os ingresos da actividade, non superiores ós 15.000 euros no último exercicio.
- No caso de que o solicitante non sexa propietario do local, deberá contar coa autorización do propietario mediante documento público.

2. O cónxuxe, si colabora na actividade comercial e cumple os requisitos anteriores.

Requisitos dos cesionarios:
- Si é persoa física, non haber cumplido os 45 anos.
O cónxuxe non pode ser o cesionario.
- Si é persoa xurídica, non haber cumplido os 45 anos os administradores ou xerentes e non estar participada polo comerciante que abandona a actividade.

CUANTÍA DAS AXUDAS:

- Os cedentes percibirán, ata alcanzar a xubilación, un pago anual de 10.000 euros.
- O cónxuxe do cedente que participaba na actividade comercial: 5.000 euros
PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 30 de abril do 2008.

lunes, 7 de abril de 2008

AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

Recentemente publicaronse no DOG dúas axudas que facilitarán a conciliación da vida laboral e familiar:

1º.- A Consellería de Traballo concede axudas para as empresas que reincorporen con carácter indefinido a traballadores/-as tras un proceso de maternidade/paternidade (tamén as poden solicitar os traballadores autónomos). Ademáis, concédense axudas para empresas que sustitúan persoas traballadoras en excedencia polo cuidado dun familar ou con reducción de xornada de traballo por motivos familiares. O prazo de solicitude é de dous meses desde que se produza a reincorporación ou contratación, sempre antes do 15 de setembro do 2008, aínda que non transcurriran os dous meses.
2º.- A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar convocou unhas axudas para fomentar a corresponsabilidade dos traballadores que se acollan a reducción de xornada por coidado de fillo/-a menor de tres anos. Poden solicitalas os homes traballadores que se acollan a reducción de xornada. No caso de familias monoparentales, tanto o home como a muller traballadores por conta allea que soliciten a reducción. O prazo de solicitude remata o 31 de agosto do 2008.

I RUTA DE PINCHOS

Este fin de semana tuvo lugar a primeira parte da ruta de pinchos, que organiza o Concello do Vicedo, e no que participan 12 establecementos do término municipal. Un gran número de persoas degustaron os pinchos que a continuación se relacionan:
- Merendero "Lós Árboles", Xilloi: carne en rollo con guarnición.
- Restaurante "Area Grande", San Román: froitos de ría.
- Chiringuito de "Abrela", Suegos: choco en salsa con patacas fritas.
- Café-bar "Rogelio", O Folgueiro: pulpo á feira con patacas cocidas.
- Bar "Alba", O Folgueiro: lengua estofada.
- Bar "Casa Dovale", Cabanas: lacón, cabeza de porco e grelos.

O próximo sábado 12 e domingo 13 de abril, en horario de 19:00 a 22:00 horas o sábado e de 12:00 a 15:00 horas do domingo, continuarase coa I ruta de pinchos, e poderanse degustar os seguintes pinchos:
- Restaurante "Os Cruces", O Vicedo: delicias de mexillón.
- Cafetería "Casa da Cultura", O Vicedo: cachelos recheos de grelos e torresmos.
- Café-bar "Plaza", O Vicedo: caldereta de peixe.
- Café-bar "San Esteban", O Vicedo: patacas á mariñeira.
- Cafetería "Galatea", O Vicedo: xiba á plancha.
- Cafetería "Don Manuel", O Vicedo: bocaditos de carne.

Fotos e máis información: http://www.casaculturavicedo.blogspot.com

martes, 1 de abril de 2008

OFERTA DE EMPREGO URXENTE

Necesítase AZAFATA para feira de turismo en Barcelona. Para traballar do 17 ó 20 de abril. 60 Euros/día. Pagado avión, hotel e comidas. Interesados/-as chamar a Manuela ó 982590195.