miércoles, 29 de junio de 2011

OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo presentou na oficina de emprego de Viveiro unha oferta de animador sociocultural. A duración do contrato é de 9 meses, e a xornada do 75%.

Requisito imprescindible estar desempregado e inscrito na oficina de emprego.

Máis información contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo selecciona tres conductores para a motobomba. Necesario ter carné de conducir C. A duración do contrato é de tres meses e medio con data de inicio 7 de xullo.

A selección realizarase o día 1 de xullo, ás 10:00, na Casa de Cultura, entre aquelas persoas que nos remita a oficina de emprego de Viveiro.

Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello.

jueves, 23 de junio de 2011

AXUDAS FINANCEIRAS DO IGAPE

Axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva (Programa Re-Imaxina)

Obxecto: Estas bases regulan o contido e procedemento de tramitación de tres liñas de financiamento subsidiado para facilitar o acceso ao financiamento nos investimentos das microempresas, dos emprendedores, e das pemes que melloren a súa competitividade:

Liña Microcréditos: créditos para financiar investimentos nas microempresas galegas.
Liña Peme xove: créditos para financiar investimentos en proxectos emprendedores galegos.
Liña Peme competitiva: créditos para financiar investimentos que permitan mellorar a competitividade das pemes galegas.

Beneficiarios: Pequenas e medianas empresas, persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
Para cada liña de financiamento, establécense os seguintes requisitos adicionais:
a) Para a liña denominada Microcréditos poderán ser beneficiarias aquelas empresas con domicilio fiscal en Galicia, cun máximo de 10 traballadores e cunha cifra de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros.
b) Para a liña denominada Peme xove poderán ser beneficiarias aquelas empresas que exerzan ou teñan intención de exercer a súa actividade económica en Galicia, e que ademais, non veñan desenvolvendo a mesma actividade para a que solicitan o financiamento nun prazo superior a dous anos contados desde a data de presentación no Igape, directamente ou mediante a súa participación no capital doutra sociedade que desenvolvese a mesma actividade.
c) Para a liña denominada Peme competitiva poderán ser beneficiarias aquelas empresas que veñan exercendo en Galicia por un período superior a dous anos algunha das actividades recollidas no anexo II destas bases.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de setembro do ano 2011.

SUBVENCIÓNS DA CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Subvencións destina­das a incentivar o turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre

Obxecto: Consi­deraranse investimento subvencionable as actuacións dos proxectos que se citan a seguir:
Liña A) Investimentos para a mellora das infraestruturas para actividades hípicas, náuti­cas, golf e oferta turística complementaria.
Liña B) Investimentos para a redacción de proxectos para a creación de campos de golf.
Liña C) Investimentos para a adquisición e/ou renovación de activos fixos (bicicletas, piraguas, embarcacións, material golf, sendeirismo, centros BTT, etc.).
Liña D) Creación de novas ofertas e novos produtos así como a implementación de no­vas tecnoloxías para a xestión e comercialización do produto ofertado.

Beneficiarios: As empresas (pemes) autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención, segundo o establecido no artigo 1 destas bases.
Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse ao remate do prazo de presen­tación de solicitudes.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21/07/2011

Subvencións a entida­des privadas para incentivar o turismo mediante a creación e mellora de hoteis-balnearios e hoteis-talaso na Comunidade Autónoma de Galicia

Obxecto: poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta orde, os seguintes investimentos:
Liña A) de axudas destinadas a proxectos de creación de hoteis-balneario e de hoteis-talaso.
Liña B) de axudas destinadas a proxectos de mellora, remodelación ou modernización das instalacións. existentes nos establecementos hoteleiros hoteis-balnearios e de hoteis-talaso.
-Obras destinadas a conseguir a elevación de categoría do hotel.
-Obras destinadas á reconversión de cuartos en suites.
-Obras destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras para procurar facilidades a persoas con discapacidade física ou sensorial.
-Ampliación e mellora das instalacións termais e da zona dedicada a tratamentos.
-Investimentos destinados a facilitar as estadías con nenos: gardarías, actividades específicas para miúdos, etc.
-Mellora de garaxes ou aparcadoiros para uso exclusivo de clientes no mesmo predio en que se sitúe o establecemento.
-Implantación de tecnoloxías e sistemas de organización relativos á mellora da xestión nos establecementos.
-Obras destinadas á renovación, tecnificación e innovación que conduzan á implanta­ción de sistemas de protección e mellora ambiental, tales como mellor uso e depuración de augas, emisións atmosféricas, vertedura de augas, xeración e tratamento de residuos sólidos e non sólidos, contaminación acústica, substitución de materiais, etc.
As accións de mellora abranguen tanto actuacións de modernización e remodelación de todas as instalacións hoteleiras como aquelas definidas para a ou mellora da oferta complementaria do establecemento.

Beneficiarios: as empresas autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos hoteleiros en que se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención, segundo o establecido no artigo 1 das bases.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21/07/2011

Subvencións a entida­des privadas para incentivar o turismo mediante a mellora de establecementos hoteleiros do grupo I e creación ou mellora da oferta complementaria

Obxecto: poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta orde, os seguintes investimentos:
Liña A) de axudas destinadas a proxectos de mellora, remodelación ou modernización das instalacións existentes dos establecementos hoteleiros
-Obras destinadas a conseguir a elevación de categoría do hotel
-Obras destinadas á reconversión de cuartos en suites.
-Obras destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras para procurar facilidades a persoas con discapacidade física ou sensorial.
-Mellora de garaxes ou aparcamentos para uso exclusivo de clientes no mesmo predio onde se localice o establecemento.
-Ampliación ou mellora de instalacións dedicadas ao coidado da saúde
-Implantación de tecnoloxías e sistemas de organización relativos á mellora da xestión nos establecementos
-Obras destinadas á renovación, tecnificación e innovación que conduzan á implanta­ción de sistemas de protección e mellora ambiental, tales como: mellor uso e depuración de augas, emisións atmosféricas, vertedura de augas, xeración e tratamento de residuos sólidos e non sólidos, contaminación acústica, substitución de materiais, etc.
Liña B) de axudas destinadas a proxectos de creación ou mellora da oferta comple­mentaria de servizos nos establecementos hoteleiros existentes (instalacións deportivas, recreativas ou de ocio, garderías, spa ...) e aqueloutras actividades destinadas especial­mente para público infantil e todas aquelas que a priori se revelen como susceptibles de xerar máis gasto e/ou maior estancia media dos viaxeiros.
As accións de mellora abranguen tanto actuacións de modernización e remode­lación de todas as instalacións hoteleiras como aquelas definidas para a creación ou mellora da oferta complementaria do establecemento.

Beneficiarios: empresas autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos hoteleiros nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención, segundo o establecido no artigo 1 destas bases.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21/07/2011

miércoles, 15 de junio de 2011

OFERTA DE EMPREGO 3 PEÓNS XORNADA COMPLETA

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante concurso de méritos, de 3 peóns de limpeza de praias e mantemento de zonas naturais, a xornada completa, para os meses de xullo e agosto.

Requisitos que deben cumprir os candidatos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.- Estar en posesión do certificado de estudios primarios ou certificado de escolaridade.
- Declaración xurada do aspirante de non ter traballado neste Concello máis de 22 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores á data de aprobación destas bases.

Todos os requisitos anteriores deberán posuírse o día en que remate o prazo de presentación de instancias e deberán presentarse nas oficinas municipais coa solicitude.

O prazo de solicitude remata o próximo día 24 de xuño, ás 9:30 horas, celebrándose ese mesmo día o proceso selectivo a partir das 12:00 horas.

Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO 7 PEÓNS LIMPEZA DE PRAIAS

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 7 peóns de limpeza de praias e mantemento de zonas naturais, a media xornada, para os meses de xullo e agosto.

Requisitos que deben cumprir os candidatos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión do certificado de estudios primarios ou certificado de escolaridade.
- Declaración xurada do aspirante de non ter traballado neste Concello máis de 22 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores á data de aprobación destas bases.

Todos os requisitos anteriores deberán posuírse o día en que remate o prazo de presentación de instancias e deberán presentarse nas oficinas municipais coa solicitude.

O prazo de solicitude remata o próximo día 24 de xuño, ás 9:30 horas, celebrándose ese mesmo día o proceso selectivo a partir das 10:00 horas.

Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

AXUDAS A BARES, RESTAURANTES, HOTEIS.....

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
Subvencións a establecementos de turismo rural, hoteis, hoteis talaso, hoteis balneario, balnearios, cafetarías, bares, restaurantes, palacios de congresos e empresas dedicadas ao turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre, co obxecto de implementar as correspondentes normas UNE que conduzan á certificación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE)

Obxecto: convocatoria de subvencións a establecementos de turismo rural, hoteis, hoteis-talaso, hoteis-balneario, balnearios, cafetarías, bares, palacios de congresos e empresas dedicadas ao turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre para a implantación das correspondentes normas UNE que conduzan á certificación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).
Beneficiarios: os titulares dos establecementos de turismo rural, hoteis, hoteis-talaso, hoteis-balneario, balnearios, cafetarías, bares, restaurantes, palacios de congresos e empresas dedicadas ao turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre que conten con clasificación turística expedida pola Comunidade Autónoma galega e que estean comprendidos na definición de pequena ou mediana empresa
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 13/07/2011

Máis información e solicitudes: oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura de O Vicedo

lunes, 13 de junio de 2011

CURSO AFD DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS

A Consellería de Traballo e Benestar concedeu a este concello axuda para a organización dun curso de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS, de 480 horas, aínda que está dirixido preferentemente a pesoas desempregadas, si hai prazas poderán asistir algunhas persoas ocupadas.

En primeiro lugar solicitarase candidatos/-as a oficina de emprego de Viveiro, as cales sempre terán preferencia sobre o resto.

Para máis información: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.

OFERTA DE EMPREGO

Presentouse na oficina de emprego oferta para a contratación de tres peóns de mantemento de zonas naturais e un peón de oficios varios para traballar no concello de O Vicedo, cun contrato de nove meses, ó 75% da xornada.

A data prevista para a selección é o próximo 21 de xuño, e só poderán acudir aquelas persoas que sexan convocadas pola oficina de emprego.

jueves, 9 de junio de 2011

OFERTAS DE EMPREGO

Eurofirms, empresa de traballo temporal ubicada en Viveiro, necesita:

- Peluqueiro/a. Imprescindible experiencia. Xornada parcial.
- Responsable charcutería. Imprescindible experiencia. Xornada completa, incorporación a empresa.

Máis información teléfono: 982 562 906

martes, 7 de junio de 2011

CURSO GRATUITO PARA TRABALLADORES

FEFRIGA (Federación Frisona Galega) pon a disposición dos traballadores do sector vacún, tanto autónomos como de réxime xeral de Galicia. Todos estes cursos non teñen custo algún nen para o traballador nen para a sua empresa, debido a que están financiados pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo. Isto xenera unha elevada demanda de prazas, así que no caso de estar interesados animámolos a realizar as preinscripcións o antes posible.

A documentación precisa para formalizar a matrícula é a seguinte:

· DNI (copia ambas caras)
· Tarxeta sanitaria (copia)
· Cabeceira da última nómina (Con período de liquidación, ou recibo de autónomos, no caso de que proceda)

CURSOS:

- ALIMENTACIÓN DE BOVINOS DE LEITE:

O curso impartirase en Ribadeo (Lugo) do 13 de xunio ó 28 de xunio, de luns a vernes en horario de 20:30 a 22:30.
(os días 16 e 17 non haberá clase palo Feira de Silleda)

Tamén existe a posibilidade de facelo on-line

Si está interesado na oficina da axente de emprego e desenvolvemento local do concello, sita na Casa da Cultura dispoñemos de fichas de inscrición.

jueves, 2 de junio de 2011

OFERTAS DE EMPREGO

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal mediante concurso-oposición dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR.


-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.

- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.

- Declaración xurada do aspirante de non ter traballado neste Concello máis de 18 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores á data de aprobación destas bases.

- Dispor de vehículo e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)

- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.

- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.

Estes requisitos deberán acreditarse antes da celebración da proba.


O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro día 8 de xuño, ás 9:30 horas.


Para máis información e inscricións pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. Tlf.: 982590195.

miércoles, 1 de junio de 2011

OFERTA DE EMPREGO

Necesítase CAMARERO/A para o bar da Casa de Cultura de Vicedo. Máis información no propio local.