lunes, 24 de agosto de 2020

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

 Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 16 de  setembro, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición é desde o día 26 de agosto ata o 4 de setembro de 2020 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 08 de setembro de 2020, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Oferta de emprego: peón recollida de lixo

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  PEÓN RECOLLIDA DE LIXO, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de recollida de lixo do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 16 de setembro, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición iniciase o próximo día 26 de agosto
 e remata o 04 de setembro de 2020 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 8 de setembro de 2020, a partir das 11:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 17 de agosto de 2020

RELEVO 2020, PARA A CAPACITACIÓN DE MOZOS E MOZAS NO SECTOR PESQUEIRO

Recordamos que aínda se está a tempo de inscribirse no proxecto organizado pola Consellería do Mar e os Grupos de Acción Local do sector pesqueiro, estaba dirixido inicialmente a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos (aínda que si hai prazas poderían participar maiores de 30), que teñan interese en formarse e informarse sobre o sector do mar.





Máis información e inscricións:
http://arenariacoordinacion.com/relevo2020/

miércoles, 12 de agosto de 2020

AXUDAS PARA IMPULSO DA COMERCIALIZACIÓN DIXITAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

 Estas subvencións teñen por obxecto o fomento da comercialización dixital


Quen pode solicitar estas axudas:

 

- Comerciantes retallistas:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o seu domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE nº 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de vinte (20) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

c) Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.

d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

- Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de prazo ata a data límite de presentación da solicitude de subvención para solicitar a inscrición no dito rexistro.


Actuacións subvencionables:

De comercialización dixital.

a) A organización virtual de tendas efémeras, plataformas ou páxinas de market place, feiras ou calquera outro tipo de evento comercial, nacional ou internacional, celebrados en liña.

A axuda consistirá nun tícket por cada evento que se organice, ata un máximo de dous eventos por persoa beneficiaria, cun importe máximo de axuda cada un deles, a razón de:

– Eventos de ata 5 participantes, un tícket de 1.000,00 euros.

– Eventos de 6 ata 20 participantes un tícket de 3.000,00 euros.

– Eventos de 21 ata 50 participantes, un tícket de 5.000,00 euros.

– Eventos de máis de 50 participantes, un tícket de 8.000,00 euros.

A porcentaxe subvencionable por cada evento acadará o 80 % do investimento subvencionable.

Poderán ser persoas beneficiarias destas actuacións as/os titulares dos obradoiros artesanais, comerciantes retallistas, asociacións profesionais e empresariais de artesáns e concellos galegos previstos no artigo 3.

b) A participación virtual como expositora/o en tendas efémeras, plataformas ou páxinas de market place, feiras ou calquera outro tipo de evento comercial, nacional ou internacional celebrados en liña.

A axuda consistirá nun tícket por cada evento en que se participe, ata un máximo de catro eventos por persoa beneficiaria, que terán as modalidades de 500,00 € e 1.500,00 €.

A porcentaxe subvencionable por cada evento acadará o 80 % do investimento subvencionable.

Poderán ser persoas beneficiarias destas actuacións as/os titulares dos obradoiros artesanais e comerciantes retallistas previstos no artigo 3.

Para obradoiros artesanais.

Considéranse actuacións subvencionables a participación como expositora/o en feiras de interese artesanal, nacionais ou internacionais:

a) Feiras profesionais sen venda directa con retirada de mercadoría.

b) Feiras non profesionais.

c) Feiras profesionais e non profesionais do período do Nadal 2019-2020.

As actuacións deben estar realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2020 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 16. Así mesmo, no caso das actuacións desenvolvidas por titulares de obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns, excepcionalmente considérase subvencionable a organización e participación en feiras do período do Nadal 2019-2020 e os gastos efectuados dende o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2019 derivados destas.

Plazo solicitude: do 13/08/2020 ata o 30/09/2020 ou ata o esgotamento dos fontos, van resolvendo por orde de entrada.


Máis información pinchando no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN201G


 

 

INFORMACIÓN DE INTERESE PUBLICADA NO DOG DE HOXE: CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ENERXÍA FOTOVOLTAICA E CURSOS DE GALEGO

 RESOLUCIÓN de 4 de agosto de 2020, de la Dirección General de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por la que se convocan, con carácter gratuito, cursos de lenguaje administrativo gallego y cursos preparatorios para los certificados de lengua gallega, Celga, que se realizarán en distintos períodos y en varias escuelas oficiales de idiomas de Galicia.

Para máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200812/AnuncioG0534-040820-0002_es.html


RESOLUCIÓN de 3 de agosto de 2020 por la que se establecen las bases reguladoras y se anuncia la convocatoria de subvenciones para proyectos de energía fotovoltaica para el año 2020-2021, cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional en el marco del Programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, y se procede a la selección de las entidades colaboradoras que participarán en la gestión de estas subvenciones (códigos de procedimiento IN421Y e IN421S).

Para máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200812/AnuncioG0474-030820-0002_es.html

lunes, 10 de agosto de 2020

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 09 de  setembro, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición é desde o día 11 ata o 20 de agosto de 2020 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 21 de agosto de 2020, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0