Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (25 horas/semana), durante dous meses, sendo a data de inicio prevista o día 06 de agosto.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 31 de xullo, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:15 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
martes, 23 de julio de 2013
lunes, 22 de julio de 2013
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun EDUCADOR INFANTIL, a xornada completa, do 2 o 10 de setembro de 2013.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 31 de xullo, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 09:45 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 31 de xullo, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 09:45 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
OFERTA DE EMPREGO
Empresa de traballo temporal necesita urxentemente PERSOAS CON EXPERIENCIA PARA CONSERVEIRA EN VIVEIRO. Tlf.: 982562906
miércoles, 17 de julio de 2013
RECOÑECEMENTO EXPERIENCIA PROFESIONAL
A Consellería de Traballo e Benestar, con data 15 de xullo, realiza unha nova convocatoria co fin último de recoñecer a experiencia laboral ou outra formación a través da obtención si procede do correspondente certificado de profesionalidade.
PRINCIPAIS REQUISITOS:
- Posuír nacionalidade española.
- Ter 18 anos cumpridos para as unidades de competencia de nivel I e 20 para os niveis II y III.
- Ter experiencia laboral ou formación:
* Mínimo 3 anos, con 2.000 horas traballadas nos últimos 10 anos para as unidades de nivel 2 e 3.
* No caso de formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos nas unidades de nivel 2 e 3.
- Non estar matriculados ou cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial ou para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición.
ESPECIALIDADES CONVOCADAS:
- FABRICACIÓN E MONTAXE DE INSTALACIÓNS DE TUBAXE INDUSTRIAL.
- SOLDADURA OXIGÁS E SOLDADURA MIG/MAG
- SOLDADURA CON ELÉCTRODO REVESTIDO E TIG
Prazo de inscrición: 10 días naturais desde a publicación no DOG, ata o 25 de xullo do 2013.
Inscricións e máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo, ou chamando ó 982590195
PRINCIPAIS REQUISITOS:
- Posuír nacionalidade española.
- Ter 18 anos cumpridos para as unidades de competencia de nivel I e 20 para os niveis II y III.
- Ter experiencia laboral ou formación:
* Mínimo 3 anos, con 2.000 horas traballadas nos últimos 10 anos para as unidades de nivel 2 e 3.
* No caso de formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos nas unidades de nivel 2 e 3.
- Non estar matriculados ou cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial ou para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición.
ESPECIALIDADES CONVOCADAS:
- FABRICACIÓN E MONTAXE DE INSTALACIÓNS DE TUBAXE INDUSTRIAL.
- SOLDADURA OXIGÁS E SOLDADURA MIG/MAG
- SOLDADURA CON ELÉCTRODO REVESTIDO E TIG
Prazo de inscrición: 10 días naturais desde a publicación no DOG, ata o 25 de xullo do 2013.
Inscricións e máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo, ou chamando ó 982590195
martes, 16 de julio de 2013
OFERTA DE EMPREGO
PROMAMAÑÓN busca persoal para cuadrillas a pé para traballar no monte, como motoserrista ou axudante. Os interesados contactar con Enrique chamando ó 620057464
viernes, 12 de julio de 2013
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de DOUS EDUCADORES INFANTÍS, para o Punto de atención á infancia municipal, durante o curso 2013/2014, desde o próximo
día 11 de setembro de 2013 ata o día anterior o inicio do novo curso
escolar 2014/2015.
Os requisitos para os candidatos son:
1º) Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da
Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público,
respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
2º)Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
3º)Estar en posesión do título de Técnico superior en educación infantil ou mestre especializado en educación infantil.
4º) Declaración xurada do aspirante de non haber
traballado para este Concello máis de 11 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente
anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato, sin ter en conta para
o cómputo anterior o tempo transcurrido entre o 31 de agosto de 2011 e o 31 de
decembro do 2012. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e
interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas
públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan
utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de
ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de
inserción personalizado.
5º)Ter coñecementos de primeiros auxilios.6º)Dispoñer do carné de manipulador de alimentos.
7º)Estar vacinado contra a rubéola.
8º)Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a ese posto.
Os catro primeiros requisitos deberán acreditarse antes de que finalize o prazo de presentación de instancias (así como os méritos alegados), e os restantes só deberá acreditalos a persoa seleccionada antes da dación de alta.
O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 22 de xullo de 2013, ás 14:00 horas.
O lugar de presentación será no rexistro de entrada do Concello do
Vicedo, ou mediante as formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de
26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común.
As persoas que presenten a solicitude por outras formas diferentes ó
rexistro de entrada do Concello do Vicedo, deberán adelantar por fax o
982590001, dentro do plazo estipulado, copia da solicitude correctamente
datada e selada.
Poder consultar as bases pinchando no seguinte enlace (apartado Emprego público):
http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3
Para máis información, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez, con oficina sita na Casa de Cultura, ou chamando ó 982590195.
miércoles, 10 de julio de 2013
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición, de UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL, a xornada completa, durante a tempada de verán/2013, con adscrición ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do concello do Vicedo.
O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 19 de xullo, ás 9:30 horas, realizándose o proceso de selección ese mismo día a partir das 11:30 h. na Casa do Concello.
Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local con oficina sita na Casa da Cultura.
lunes, 8 de julio de 2013
OBRADOIRO DE LECTURA E ESCRITURA EN GALEGO
FORMACIÓN DE ADULTOS
OBRADOIRO DE LECTURA E ESCRITURA EN GALEGO
ORGANIZA: Concello do Vicedo e Mancomunidade de municipios da Mariña Lucense.
OBXECTO: Si existe un número mínimo de alumnos/-as organizar grupos de iniciación a lectura e escritura en galego.
HORAS E HORARIOS: 10 horas, distribuidas a razón de 2 horas diarias, durante 5 días, en horario de mañá.
INSCRICIÓNS: Os interesados deben de inscribirse canto antes na Casa da Cultura de O Vicedo, ou chamando ó 982590195.
OBRADOIRO DE LECTURA E ESCRITURA EN GALEGO
ORGANIZA: Concello do Vicedo e Mancomunidade de municipios da Mariña Lucense.
OBXECTO: Si existe un número mínimo de alumnos/-as organizar grupos de iniciación a lectura e escritura en galego.
HORAS E HORARIOS: 10 horas, distribuidas a razón de 2 horas diarias, durante 5 días, en horario de mañá.
INSCRICIÓNS: Os interesados deben de inscribirse canto antes na Casa da Cultura de O Vicedo, ou chamando ó 982590195.
CLASES PREPARATORIAS DOS CELGAS
FORMACIÓN DE ADULTOS
CLASES PREPARATORIAS PARA AS PROBAS DOS NIVEIS CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4 DE LINGUA GALEGA
CONVOCA: Concello do Vicedo e Mancomunidade de municipios da Mariña Lucense
OBXECTO: Si existe un número mínimo de alumnos/-as organizar grupos preparatorios para as probas de distintos niveis de lingua galega.
HORAS E HORARIOS: 36 horas, distribuidas a razón de 2 horas diarias, 2 días por semana, en horario de mañá. Está previsto o inicio para este mes de xullo
INSCRICIÓNS: Os interesados deben de inscribirse canto antes na Casa da Cultura de O Vicedo, ou chamando ó 982590195.
miércoles, 3 de julio de 2013
AXUDAS PARA RENOVACIÓN DE CUBERTAS DE LOUSA
OBXECTO
- Renovación de cubertas con lousa en vivendas unifamiliares e edificios de vivendas, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética co conseguinte aforro en términos económicos.
A renovación ten que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento “DB HE-1 Limitación da demanda enerxética”.
GASTOS SUBVENCIONABLES: Deberán estar realizados, e efectivamente pagados (con xustificante bancario de pago), antes do 15 de novembro de 2013.
Considéranse subvencionables os gastos de renovación de cubertas tales como: custo de materiais das novas cubertas, custos de desmontaxe, custo de montaxe, custo do proxecto, custo das licencias, etc. IVA incluido cando non sexa recuperable. Non se subvenciona os gastos realizados en bens usados.
CUANTÍA DAS AXUDAS: o coste máximo subvencionable será como máximo de 70 euros por metro cadrado. E a cuantía máxima da subención será do 40% (IVE incluido si é subvencionable).
BENEFICIARIOS: Particulares ou comunidades de propietarios sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade. O obxecto da subvención non se destinará a ningunha actividade empresarial ou profesional.
PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 31 de xullo de 2013.
Solicitudes e máis información pasando pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura do Vicedo
Solicitudes e máis información pasando pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura do Vicedo
AXUDAS A MULLERES EMPRENDEDORAS E EMPRESAS CONSTITUIDAS POR MULLERES
Programa da Presidencia da Xunta de Galicia que pretende incentivar as mulleres emprendedoras de Galicia para a posta en marcha, mellora ou reactivación de iniciativas empresariais como medio adecuado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través das seguintes liñas de actuación:
1.1. Liña Emprende: programa de axudas económicas a través de primas para estimular a posta en marcha de iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino por conta propia e allea. Para poder ser beneficiaria desta liña como mínimo débese crear un posto por conta propia o da promotora e un posto por conta allea para unha muller con contrato indefinido, ou crear dous postos por conta propia os das promotoras.
1.2. Liña Innova: programa de axudas económicas mediante primas para promover a realización de melloras innovadoras nas empresas lideradas por mulleres que comparten a creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.
1.3. Liña Activa: programa de axudas económicas a través de primas para favorecer a reactivación e consolidación de empresas lideradas por mulleres por medio da aplicación de medidas de renovación, relanzamento, ampliación ou cambio de localización da actividade coas cales acadar o equilibrio empresarial buscando o seu mantemento e promoción no contexto económico actual.
1.4. Liña Concilia: programa de apoio á conciliación do exercicio profesional coa vida persoal e familiar dirixido ás empresas que acceden a calquera dos programas das liñas Emprende, Innova ou Activa nas cales existan promotoras con fillos/as menores de tres anos, para favorecer o exercicio profesional das emprendedoras que compatibilizan a súa actividade co exercicio da maternidade en idades temperás e/ou nas cales, a través de acordos, convenios ou contratos de teletraballo, se implementen novos sistemas de organización, que comparten flexibilidade no uso dos tempos para a execución do traballo e o desenvolvemento sustentable dos recursos, para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral e o exercicio das responsabilidades familiares compartidas do equipo humano que integra a empresa.
Fin prazo presentación de solicitudes: 22 de xullo de 2013.
Máis información:
Pinche aquí:
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=SI&codProc=429A&procedemento=SI429A
ou pasando pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura do Vicedo.
martes, 2 de julio de 2013
CURSOS DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS DESEMPREGADAS
O Concello do Vicedo organiza un curso AFD de "ATENCIÓN SOCIOSANITARIA PARA ENFERMOS DE ALZHEIMER" subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo.
Está previsto o inicio para o día 10 de xullo e a finalización para o 26 de setembro, e o horario é de 9:00 a 14:00 horas.
Aínda quedan prazas vacantes, si estás interesado contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa de Cultura, ou chamar ó 982590195.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)