martes, 31 de enero de 2023

AXUDAS Á CONTRATACIÓN E Á FORMACIÓN PARA EMPRESAS

PLAN GALICIA EMPREGA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN E Á FORMACIÓN NA EMPRESA ORDINARIA 2023 (DOG 31/01/2023)

ORDE do 10 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR342C).

 

· PROCEDEMENTO: concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito (resolven segundo a orde determinada en función da data de presentación da documentación completa).

 

· OBXETO: favorecer a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria (e entidades sen ánimo de lucro), especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral.

 

· AXUDAS: o Plan de Galicia emprega recolle dúas liñas de axudas:

-      Liña de incentivos á contratación por conta allea, que inclúe 4 modalidades:

· Contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

· Ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.

· Ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.

· Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.

-      Liña de incentivos ás accións formativas no centro de traballo, de carácter opcional, dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial por medio desta orde.

 

· BENEFICIARIOS: As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén os centros especias de emprego (excepto para facer contratos con persoas con discapacidade e as empresas de inserción laboral para contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social).

 

· SOLICITUDE:

-      Presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado (anexo) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Deberán presentarse ante a xefatura territorial onde teña o centro de traballo a persoa contratada.

-      No caso de presentarse a solicitude de xeitos presencial será requirida para a emenda; considerarase como data de presentación aquela na que se realiza dita emenda.

-      O prazo iníciase o 01/02/2023 e remata o 29/09/2023.

 

Para máis información pinche no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog ou diríxase á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello.

lunes, 30 de enero de 2023

Acta selección para a creación dunha bolsa de técnicos de urbanismo

Publicada no día de hoxe, a acta de selección do proceso para a creación dunha bolsa de técnicos de urbanismo para o Concello do Vicedo.

Para consultar a lista pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

CONVOCADAS NOVAS AXUDAS DO AGADER PARA A MODERNIZACIÓN E AMPLIACIÓN DE PEQUENAS EMPRESAS (PRÓXIMA PUBLICACIÓN NO DOG O 30/01/2023)

O AGADER segundo o previsto, convocou no DOG de hoxe día 30 de xaneiro de 2023, unha nova  convocatoria de axudas dirixida á “Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias”, dentro da medida 6.4 “Investimentos en actividades non agrarias” do PDR de Galicia 2014-2020.

A liña de axudas principal está destinada exclusivamente á modernización de empresas existentes, mediante a adquisición de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial.

 O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación, comenza mañá día 31/01/2023 ás 00:00 e ata o 28/02/2023 ás 23:59.

Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchando no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230130/AnuncioO90-301222-0003_gl.html.

viernes, 27 de enero de 2023

NOVAS AXUDAS DO AGADER PARA A MODERNIZACIÓN E AMPLIACIÓN DE PEQUENAS EMPRESAS (PRÓXIMA PUBLICACIÓN NO DOG O 30/01/2023)

O AGADER a través do DOG publicará o 30 de xaneiro de 2023 unha nova  convocatoria de axudas dirixida á “Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias”, dentro da medida 6.4 “Investimentos en actividades non agrarias” do PDR de Galicia 2014-2020.

 A liña de axudas principal está destinada exclusivamente á modernización de empresas existentes, mediante a adquisición de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial.

 O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación.

A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.

Beneficiarios:

1.       As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural

2.       Persoas físicas que residan nunha zona rural.

3.       Titulares e/ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación

 

Proxectos Subvencionables:

Os proxectos deben ter  un orzamento elixible superior a 10.000 € e inferior a 220.000 €. No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 € respectivamente.

a)         Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b)         Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €. 

c)         Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos

d)         Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade,  granxas-escola...).

e)         Actividades de ocio, recreativas e deportivas.

f)         Artesanía e actividades artesanais.

g)         Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.

h)         Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

i)          Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

Gastos Subvencionables

Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

 Importe da Axuda

45% dos gastos subvencionables

Para calquera dúbida os promotores poden porse  en contacto con nós a través do enderezo electrónico: infoagader@xunta.gal  ou nos teléfonos: 981547369 - 981547382 - 981542690

miércoles, 25 de enero de 2023

Lista admitidos/excluídos definitiva para a selección dunha praza de técnico de urbanismo

Publicada no día de hoxe, a lista de admitidos/excluídos definitiva  ao proceso de selección para dar cobertura interina a unha praza de técnico de urbanismo do Concello do Vicedo.

Para consultar a lista pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

martes, 24 de enero de 2023

Axudas para investimentos para persoas traballadoras autónomas

Orde do 09 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do programa do bono das persoas autónomas e se procede a súa convocatoria para o ano 2023 (TR341Q). Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. DOGA DO 24 DE XANEIRO DE 2023

Persoas Beneficiarias:

-      Persoas autónomas de Galicia de alta no RETA ou mutualidade, con domicilio fiscal en Galicia, e antigüedade ininterrumpida no mesmo superior a 42 meses, que ademáis acaden un rendemento neto reducido anual inferior a 30.000 euros e facturación mínima anual de 12.000 euros IVE incluído, todo isto declarado no ano 2021.

-      Sociedades de calquera clase e comunidades de bens que teñan unha persoa autónoma societaria con antigüedade ininterrumpida na actividade superior a 42 meses, cuxa empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído) na declaración do ano 2021, e cuxa base impoñible no imposto de sociedades referida ao ano 2021 sexa inferior a 30.000 euros.

 

Excluídos:

-      As persoas que cobrasen a axuda do bono das persoas autónomas nalgunha das anteriores convocatorias.

-      Os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas e que non teñen a condición de traballadores por conta allea.


Importe: 80% do custo das actividades subvencionables, cun límite máximo de 3.000 euros.

 

Os investimentos subvencionables son:

-      Compra de maquinaria

-      Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.

-      Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.

-      Compra de utensilios e ferramentas.

-      Reforma do local de negocio.

-      Equipamento informático.

-      Equipamento de oficina e/ou negocio.

-      Rótulos

-      Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais.

-      Deseño de marca.

Prazo e lugar presentación solicitudes: iniciase ás 9:00 horas do día 25 de xaneiro de 2023 e finaliza 0 29 de setembro de 2023 ou ata o esgotamento do crédito. A presentación debe ser obrigatoriamente por medios electrónicos.

Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230124/AnuncioG0656-040123-0006_es.html

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

Orde do 9 de xaneiro pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Xempre autónomo para a promoción do emprego autónomo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023 (código procedemento TR341D)

Persoas Beneficiarias: persoas que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, que cumpran as seguintes condicións:

 -      Estar inscritas como demandantes de emprego no momento da alta en vida laboral como persoas autónomas.

-      Ter iniciada a actividade .

-      Estar de alta no imposto de actividades económicas.

-      Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.

-      Ter domicilio fiscal en Galicia.


Importe:

-      2.000 € para persoas desempregadas en xeral.

-      4.000 € para persoas desempregadas incluídas en algúns dos seguintes colectivos:

·         Menores de 30 anos.

·         Desempregadas de longa duración.

·         Desempregadas con discapacidade ou en situación de dependencia.

·         Desempregadas en situación ou risco de exclusión social.

·         Maiores de 55 anos.

-      A contía base incrementarase nun 25% (incrementos acumulables; contía máxima posible de 10.000 €):

·         Se a persoa incorporada é unha muller.

·         O centro de traballo (ou o domicilio fiscal) estea situado nun concello rural.

·         Persoas maiores de 45 anos (non aplicable no caso de maiores de 55).

·         Se a persoa incorporada é unha persoa emigrante retornada ou estranxeira.

·         Persoas trans.

·         Profesións ou oficios en que a muller estea subrepresentada.

Prazo presentación solicitudes: desde o día 25 de xaneiro de 2023 ata o 29 de setembro de 2023, ou ata o esgotamento do crédito. Deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230124/AnuncioG0656-040123-0008_gl.html

 

PROGRAMA BONO ENERXÍA PEME

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2023 (código de procedemento IN417Z).

Persoas Beneficiarias: as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as do Sector servizos-sección CNAE indicadas na resolución

Obxecto: realización de proxectos de mellora enerxética, destinadas a pemes e autónomos do sector servizos dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado da resolución.

Importe: o 80 % do custo elixible da actuación; establécese unha axuda máxima de 6.000 euros por solicitude.

Custos subvencionables

a) Os custos de investimento necesarios para a consecución dunha ou varias das diferentes tipoloxías de mellora enerxética definidas no artigo 2 das bases reguladoras.

b) A realización dos diagnósticos/auditorías e do proxecto, a dirección de obra, a adquisición e instalación dos equipamentos, obra civil, soportes e proteccións, tanto eléctricas como mecánicas, así como calquera outro elemento necesario para o correcto deseño e funcionamento da instalación reformada.

Prazo presentación solicitudes: desde o día 25 de xaneiro de 2023 ata o 29 de xuño de 2023. Deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web do INEGA.

Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230124/AnuncioG0474-201222-0009_gl.html


miércoles, 18 de enero de 2023

Axudas caldeiras de biomasa destinadas a particulares

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para caldeiras de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento IN421N e IN421P).

Máis información: https://www.inega.gal/sites/default/descargas/subvencions/SubvencionsPDF/AnuncioG0474-201222-0002_gl.pdf

martes, 17 de enero de 2023

Lista admitidos/excluídos provisional para a selección dunha praza de técnico de urbanismo

Publicada no día de hoxe, a lista de admitidos/excluídos provisional  ao proceso de selección para dar cobertura interina a unha praza de técnico de urbanismo do Concello do Vicedo.

De conformidade coa base sexta das aprobadas por resolución de Alcaldía de 22 de decembro de 2022 (BOP nº 297, de 29 de decembro de 2022), concédese un prazo de cinco días hábiles a efectos de reclamacións e subsanación de erros.

Para consultar a lista pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board


Axudas para actuacións de corrección dos impactos paisaxísticos en vivendas e muros de peche de terreos.

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, e se establece a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento MT402A).

 Persoas beneficias: as persoas físicas titulares dun ben inmoble, recurso ou elemento, así como aqueles que posúan calquera título válido en dereito que autorice a realización da actuación solicitada.

Obxecto: Subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, de conformidade cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia e criterios que expresan as directrices da paisaxe de Galicia; concretamente, as relacionadas no artigo segundo da resolución:

-          Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.

-          Remate, renovación e/ou substitución do acabamento exterior de cubertas.

-          Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.

Contía: a contía máxima será do 70 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000,00 €.

Prazo de presentación de solicitudes: do 18 de xaneiro ata o 17 de febreiro de 2023, ou ata o esgotamento do crédito, téndose en conta a orde cronolóxida de entrada das solicitudes. Considérase data de presentación aquela en que a solicitude quedase validamente presentada, por cubrirse na forma correcta e vir acompañada da totalidade dos documentos esixidos nesta resolución.

Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230117/AnuncioG0192-121222-0003_gl.html


AXUDAS RENOVE ELECTRODOMÉSTICOS

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos en vivendas situadas en Galicia por parte de persoas físicas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.

Son subvencionables a renovación de electrodomésticos das tipoloxías indicadas a continuación por outros novos da mesma tipoloxía e coa etiqueta de clasificación establecida na mesma táboa, segundo a clasificación vixente a partir de marzo de 2021 (Regulamento (UE) 2017/1369 do Parlamento Europeo e do Consello). No caso das placas, é subvencionable a substitución da placa preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de indución total (placas que teñan soamente tecnoloxía de indución, non mixtas). Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado:

Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

Lavadora A, B ou C

Lavalouzas A, B ou C

Placas de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas)

Prazo presentación de solicitudes:

Para que as entidades interesadas se adhiran: ata o 30 de xuño de 2023.

Para presentar as solicitudes os compradores: do 8  de febreiro ao 30 de setembro de 2023 ou ata o esgotamento dos fondos.

Pode consultar a normativa pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230117/AnuncioG0474-131222-0002_gl.html

Nova convocatoria axudas LEADER para empresas e emprendedores para o período 2023-2024

No DOG núm. 247 foi publicada o xoves, 29 de decembro de 2022 a RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2022 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2, Apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo, da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (código de procedemento MR701D).

Prazo de solicitude: ata o 31 de xaneiro de 2023.

Máis información, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, directamente coa asociación GDR1 Terras de Miranda, ou pinchando no seguinte enlace: https://terrasdemiranda.org/leader/

viernes, 13 de enero de 2023

Axudas mellora establecementos turísticos de aloxamento e de restauración, convocadas pola Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia, e se establece a súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (código de procedemento TU503A).

Máis información, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230113/AnuncioG0256-271222-0001_gl.html

miércoles, 11 de enero de 2023

Publicada convocatoria das probas de avaliación para as competencias clave

Resolución do 22 de novembro de 2022 – DOG do 10 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).

Prazo de presentación de solicitudes: do 11 de xaneiro ao 10 de febreiro de 2023

Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando nos seguintes enlaces:

https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave/convocatoria-probas

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230110/AnuncioG0656-241122-0001_gl.html

lunes, 9 de enero de 2023

CHARLA "A ADMINISTRACIÓN CERCA DE TI"

A subdelegación do goberno está organizando unhas charlas por toda a provincia chamadas “A Administración cerca de ti”. Nestas charlas informan da posibilidade e a forma de realizar trámites xerais sen ter que desprazarse e dos servizos que prestan as delegacións e subdelegacións. Ademais, os asistentes van ter a posibilidade de sacar nese mesmo día, axudados polo personal que imparte a charla, o certificado dixital ou a Cl@ve permanente, co que poderán facer trámites desde o móbil ou ordenador.

A Charla será este xoves 12 de xaneiro ás 11h na Casa da Cultura do Vicedo



jueves, 5 de enero de 2023

Publicación no BOE da convocatoria para prover varias prazas

 Publicada no BOE de hoxe día 05 de xaneiro de 2023 a convocatoria para prover varias prazas. Pode consultarse: no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

O prazo de presentación de solicitudes será de veinte (20) días hábiles, a contar desde o día siguiente a publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Publicación no BOE da convocatoria para prover unha praza

 Publicada no BOE de hoxe día 05 de xaneiro de 2023 a convocatoria para prover unha praza. Pode consultarse: no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

O prazo de presentación de solicitudes será de veinte (20) días hábiles, a contar desde o día siguiente a publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

miércoles, 4 de enero de 2023

ORDE do 28 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Impacto Autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR890A).

     ·PROCEDEMENTO: concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito (resolven segundo a orde determinada en función da data de presentación da documentación completa).

· OBXECTO: axudas dirixidas a minimizar o impacto da suba dos custos das materias primas e das subministracións que afectan e condicionan a actividade económica das persoas autónomas e das microempresas.

·AXUDAS: contía en función dos rendementos netos das persoas ou entidades solicitantes (escala artigo 8 das bases reguladoras).

·BENEFICIARIOS:

-     Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores do mar como traballadores e traballadoras por conta propia, así como persoas mutualistas, con domicilio fiscal en Galicia e uns rendementos netos mínimos de actividades económicas realizadas de 10.000 € e un máximo de 30.000 €, no ano 2021.

-     As persoas traballadoras autónomas de tempada que acrediten estar de alta ou situación asimilada no momento da presentación da solicitude (alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses no ano 2021 e no ano 2022).

-     As microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou sociedades civís, con domicilio fiscal en Galicia e cun mínimo de facturación de 50.000 € e un máximo de 750.000€ no ano 2021.

·SOLICITUDE:

-      Presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

-      O prazo iníciase o 09/01/2023 e remata o 09/02/2023.

 

Para máis información pinche no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog ou diríxase á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello.