viernes, 30 de septiembre de 2022

Subvencións Xempre Emprendemento para apoiar iniciativas de emprendemento - 2022

Data inicio de solicitude: 04/10/2022 a partires das 13:00 horas. Obrigatorio presentación electrónica.

Data remate de solicitude: 04/11/2022, ou ata o esgotamento do crédito (as axudas vanse resolvendo por orde de entrada)

 

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións Xempre Emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais, que estean de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2020 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica, a súa competitividade e, en definitiva, manter os empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 1 de xaneiro de 2022 ata a data da presentación da solicitude.

Características da axuda

Serán subvencionables os investimentos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto empresarial que iniciou a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2020. En concreto:

1º. Equipamento informático.

2º. Activos intanxibles: activos que no teñen unha materialización física ou financeira.

3º. Investimentos en eficiencia enerxética.

4º. Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.

5º. Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.

6º. A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipamento de segunda man (atendendo aos requisitos establecidos na orde que regula a convocatoria).

A contía da axuda terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado:

a) Con investimentos de 5.000 € ou máis ata un límite de 10.000 €, a contía da axuda será do 60 % do investimento.

b) Con investimentos de 10.001 € ou máis ata un límite de 30.000 €, a contía da axuda será do 50 % do investimento.

c) Con investimentos de 30.001 € ou máis ata un límite de 50.000 €, a contía da axuda será do 40 % do investimento.

d) Con investimentos de 50.001 € ou máis ata un límite de 100.000 €, a contía da axuda será do 30 % do investimento.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas e as sociedades cooperativas e laborais que estean de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2020.

As persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter o domicilio fiscal en Galicia.

b) Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Ter presentado, de ser o caso, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica.

d) Ter iniciada a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2020 ata a data de presentación da solicitude.

e) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

f) Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións.

g) Non teren sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

 

Principais obrigas:

-Manter a forma xurídica polo menos dous anos desde a data da resolución de concesión da axuda.

-Manter os bens subvencionables polo menos 5 anos si son bens inscribibles nun rexistro e 3 anos no resto dos casos.


Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo ou pinchar no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220930/AnuncioG0656-270922-0004_es.pdf


  

miércoles, 28 de septiembre de 2022

Lista admitidos e excluidos provisional elevada a definitiva para a selección dun/dunha limpador/-a a xornada completa

Está exposta no taboleiro de edictos da Corporación, na páxina web do concello e no blog de emprego: empregovicedo.blogspot.com, a lista de admitidos e excluidos provisional, elevada a definitiva por non haber candidatos/-as excluidas,  para a contratación, mediante concurso-oposición, dun/dunha limpador/-a Casa do Concello e outros, a xornada completa, como persoal laboral temporal do Concello do Vicedo.

A proba realizarase o día 04 de outubro de 2022, ás 10:00 horas, na casa consistorial do concello do Vicedo.

Pinche aquí para consultala lista: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público/pinchar no +) 

lunes, 26 de septiembre de 2022

Publicada no BOP de Lugo a lista de admitidos/excluídos provisional para a selección e provisión mediante oposición libre, dunha praza de auxiliar administrativo de administración xeral

Publicada no BOP de lugo de 23/09/2022 (con corrección de erros publicada o 24/09/2022) a lista de admitidos e excluídos provisional para a selección e provisión mediante oposición libre, dunha praza de auxiliar administrativo de administración xeral, vacante na plantilla de persoal funcionario do Concello de O Vicedo.

Os aspirantes excluídos dispoñen dun prazo de dez días hábiles, a partir da publicación da corrección de erros no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para formular reclamacións ou subsanar defectos

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

miércoles, 21 de septiembre de 2022

Lista de admitidos/excluídos provisional para a selección e provisión mediante oposición libre, dunha praza de auxiliar administrativo de administración xeral

Está exposta no taboleiro de edictos e na sede electrónica do concello do Vicedo, apartado taboleiro de anuncios, a lista de admitidos e excluídos provisional para a selección e provisión mediante oposición libre, dunha praza de auxiliar administrativo de administración xeral, vacante na plantilla de persoal funcionario do Concello de O Vicedo.

Os aspirantes excluídos dispoñen dun prazo de dez días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para formular reclamacións ou subsanar defectos

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board



lunes, 19 de septiembre de 2022

Oferta de emprego: limpador/a Casa do Concello e outros a xornada completa

Publicada a convocatoria no BOP de Lugo do 17/09/2022, están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  limpador/a casa do concello e outros, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de limpeza  do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 13 de outubro de 2022, e ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, no horario que demande o servizo.

O prazo de inscrición comenzou o 18 de setembro e remata o día 26 de setembro de 2022.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 13 de septiembre de 2022

Lista admitidos e excluidos definitiva para a selección dun/dunha limpador/-a a xornada parcial (70%)

Está exposta desde o día de hoxe, 13 de setembro de 2022, no taboleiro de edictos da Corporación, na páxina web do concello e no blog de emprego: empregovicedo.blogspot.com, a lista de admitidos e excluidos provisional, elevada a definitiva por non haber candidatos/-as excluidas,  para a contratación, mediante concurso-oposición, dun/dunha limpador/-a Casa da Cultura e outros, a xornada parcial (70%), como persoal laboral temporal do Concello do Vicedo.

A proba realizarase o día 21 de setembro de 2022, ás 10:00 horas, na casa consistorial do concello do Vicedo.

Pinche aquí para consultala lista: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público/pinchar no +) 


Axudas á mellora das infraestructuras de telecomunicacións en edificios

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, así como a selección da entidade colaboradora que participará na súa xestión, no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (códigos de procedemento AP400C e AP400D) 

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220906/AnuncioG0177-250822-0001_gl.html

domingo, 11 de septiembre de 2022

viernes, 9 de septiembre de 2022

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C). DOGA 09/09/2022.

 Obxecto: convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de língua galega Celga 2,3 e 4.

Destinatarios: Maiores de 16 ano sou que os cumpran no ano 2022.

Datas das probas: en novembro/decembro de 2022.

Localidades: Santiago de Compostela (niveis 2,3 e 4) e Ponferrada (niveis 2,3 e 4)Os lugares e horarios se publicarán coa listaxe definitiva de persoas admitidas.

Inscripción: anexo I; xustificante de aboamento de taxas; certificado de discapacidade de ser o caso.

Taxa:16,92 euros. Mediante impreso de autoliquidación.(Excepto persoas con discapacidade recoñecida igual ou maior ao 33%, que estarán exentas). O pago das taxas deberá realizarse dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Prazo: ata o 30/09/2022

Destacar: non se admite o ingreso da taxa fóra de prazo. As persoas excluídas Terán dous meses para solicitar a devolución da taxa ingresada, a partir da publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas.

Duración das probas: 

Celga 2

Escrita: 2 horas

Oral: 10 minutos

Celga 3

Escrita: 2 horas e media

Oral: 15 minutos

Celga 4

Escrita: 3 horas

Oral: 15 minutos


Máis información no DOG do 09 de setembro de 2022:https://www.xunta.gal/dog

Acta de puntuación das entrevistas de alumnos-as especialidade sociosanitaria do Obradoiro de Emprego Terras do Sor VI.

 ESTÁ EXPOSTA NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO A:  Acta de puntuación das entrevistas de alumnos-as especialidade socisanitaria do Obradoiro de Emprego Terras do Sor VI. Para máis información pinchar no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 5 de septiembre de 2022

Oferta de emprego: limpador/a Casa da Cultura e otros a xornada parcial (70%)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  limpador/a casa da cultura e outros, a xornada parcial, con adscrición ao servizo municipal de limpeza  do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 30 de setembro de 2022, e ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, no horario que demande o servizo.

O prazo de inscrición comeza o día 05 de setembro de 2022 e remata o día 12 de setembro de 2022.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0