viernes, 29 de septiembre de 2017

OFERTAS DE EMPREGO VARIAS




San Cibrao: Electricista, empresa de A Coruña busca electricistas con experiencia para realizar traballos en obra situada en San Cibrao (Lugo). Se estás interesado/a nesta oferta de emprego envía o teu CV ao mail seguinte:josefina@pronored.com

AXUDAS PARA CONTRATACIÓN DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO. PROGRAMA BEN EMPREGADO IV



A Deputación de Lugo abre o prazo das axudas para que empresas e colectivos da provincia contraten desempregado lucenses.

Estas axudas serán destinadas a pagar durante 1 ano os custos laborais de novos traballadores, que serán sempre desempregados lucenses.

Dirixidas a: Autónomos, pequenas e medianas empresas, e asociacións sen ánimo de lucro, todas elas da provincia de Lugo.

Prazo de solicitude: 15 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación no B.O.P. de Lugo, remataría o 9 de outubro.

Importe das axudas: a axuda será do 100% dos custos laborais cando os contratados sexan persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral; do 90% para traballadores en xeral para colectivos sen ánimo de lucro e do 50% para empresas.
Exclúense ás empresas que contaran con axudas do Ben Empregado e non continuaran cos traballadores rematadas estas; as que non aceptaran ao persoal seleccionado sequera no período de proba, ou as que realizaran despedimentos improcedentes.

Obrigas dos beneficiarios: aceptar ao traballador asignado pola Deputación e mantelo no seu cadro de persoal durante un período mínimo de 12 meses de duración; manter o cadro de persoal, incluíndo aos anteriores traballadores das edicións do Ben Empregado, durante a vixencia deste programa; facilitarlle ao contratado os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas tarefas; ou achegar ao organismo provincial nos primeiros 10 días do mes a nómina e xustificante de pago do traballador correspondente.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello, ou pinchar no seguinte enlace: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdoc_BOP.jsp&contenido=34259&tipo=5&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&language=gl

AXUDAS PARA A MODERNIZACIÓN DE COCIÑAS E BAÑOS

No DOGA do 27 de setembro de 2017 saen publicadas as bases do programa Reforma 17, co obxectivo de facilitar a modernización de cociñas e baños.

As entidades colaboradoras –establecementos de distribución de materiais de construción– poden adherirse ao Reforma17 a partir do 28 de setembro de 2017 e durante dez días.

Os particulares interesados en acollerse ao programa para reformar cociñas ou baños poderán presentar as súas solicitudes, sempre a través das empresas adheridas, desde o 11 de outubro ata o 17 de novembro de 2017.

O custo mínimo dos produtos adquiridos ao abeiro do Reforma 17 será de 1.000 euros, e as axudas oscilarán entre un mínimo de 200 e un máximo de 1.000 euros.

martes, 26 de septiembre de 2017

OFERTAS DEPUEMPREGO 2017

No BOP do 26/09/2017 publícase o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun Peón de servizos múltiples e dun/dunha  Administrativo/-a, polo período dun ano, subvencionados ao abeiro do Plan provincial único de cooperación cos concellos 2017, "Programa Depuemprego 2017", da Excma. Deputación de Lugo.

O prazo de solicitude é de 10 días naturais a partir da publicación no BOP, polo tanto queda aberto desde o día 27/09/2017 ata o 6/10/2017.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver tódolas publicacións e non só as más recentes , e buscar bases administrativo Depuemprego 2017 e bases peón de servizos múltiples Depuemprego 2017)

viernes, 22 de septiembre de 2017

OFERTA DE EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (27 horas/semana), con adscrición ao srvizo municipal de axuda ó fogar do concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 17 de outubro, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 04 de outubro, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 05 de outubro de 2017, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

OFERTA DE EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (19  horas/semana), con adscrición ao srvizo municipal de axuda ó fogar do concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 2 de novembro, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición remata o vindeiro día 04 de outubro, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 05 de outubro de 2017, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

OFERTAS DE EMPREGO VARIAS




LucusNeda busca educadores/as, pedagogos/as, mestres… para método educativo e pedagóxico na zona da MARIÑA LUCENSE e TERRA CHÁ. Horario de tarde en grupos por idades e niveis nos centros educativos de toda a zona, formación e material didáctico e pedagóxico a cargo da empresa. Só xente que resida en mariña lucense ou terra chá. Interesados enviade CV a lucusneda@gmail.com.

AUXILIARES DE ENFERMARÍA para ORTIGUEIRA (A CORUÑA) Descrición: XEROCULTOR/A (AUXILIAR DE CLINICA). TITULACIÓN ACADÉMICA DE TÉCNICO EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA OU TÉCNICO EN ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA OU EQUIVALENTES.  INFORMACIÓN: http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/botones/ofertasEmpleo

OFERTA DE EMPREGO UNED VIVEIRO  Prazas de Titores para curso de Acceso maiores de 25 anos. Requisito: ser titulados universitarios (graos ou licenciados) que estean versados nas seguintes áreas.

  • Psicoloxía.
  •  Filosofía
  •  Introdución á Educación.
  • Xeografía e Histora da Arte
  • Historia do Mundo Contemporáneo.
 Interesados/as envíar Cv ao seguinte correo: mferrera@lugo.uned.es


 

miércoles, 20 de septiembre de 2017

XORNADAS PARA O SECTOR TURÍSTICO, PESQUEIRO E MARISQUEIRO



Dende o Concello de O Vicedo estase a desenvolver o proxecto “Creación dunha Rede Turística de Calidade para a Posta en Valor dos Produtos e Cultura do Mar”, subvencionado pola Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, Consellería do Mar, GALP A Mariña-Ortegal , ao abeiro da Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2016.

Este proxecto contempla 7 xornadas formativas enfocadas á creación de redes e calidade turística, emprego de novas tecnoloxías, inglés e sesións de turismo mariñeiro.

A primeira desas xornadas,terá lugaro vindeiro 21 de setembro no Centro sociocultural, xuvenil ou da terceira idade (Casa da Cultura)sito na Rúa Cidade de Mondoñedo, 23, ás 17:00horas. Será  unha sesión de difusión e colaboración sobre a creación da Rede Turística de Calidade e a Posta en Valor dos Productos e Cultura do Mardirixidas ao sector turístico-pesqueiro.

As seguintes sesións a celebrar no marco do proxecto son:

  1. Emprego de Novas Tecnoloxías para o sector turístico. Xoves 28 setembro. 17:00 – 19:30 horas.
  1. 1ª Formación Inglés para o sector turístico. Martes 03 outubro 17:00 – 19:30 horas.
  1. 2ª Formación Inglés para o sector turístico.Xoves 5. 17:00 – 19:30 horas
  2. 1ª Sesión Turismo Mariñeiro para o sector pesqueiro e marisqueiro.  Luns 09 outubro. 17:00 – 19:30 horas
  1. 2ª Sesión Turismo Mariñeiro para o sector pesqueiro e marisqueiro. Martes 10. 17:00 – 19:30 horas
  1. Sesión Práctica Turismo Mariñeiro. Xoves 12.