miércoles, 28 de octubre de 2020

Acta de selección administrativo/-a, como funcionario interino. Programa "Fomento do emprego 2020"

Publicada no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello do Vicedo acta da selección para o nomeamento como funcionario interino dun administrativo, dentro do programa: fomento do emprego do plan provincial único de cooperación cos concellos 2020, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 23 de octubre de 2020

Lista admitidos/excluidos definitiva selección dun admistrativo/-a, funcionario interino. "Fomento emprego 2020"

Publicouse no día de hoxe 23/10/2020 a lista definitiva de admitidos e excluidos definitiva  en relación coas bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2020", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.



Recordarvos que as probas e valoración de méritos terán lugar o día 27 de outubro de 2020, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).


Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: 
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info. 

viernes, 16 de octubre de 2020

Lista de admitidos/excluidos provisional para a selección dun administrativo, como funcionario interino. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo

 Publicouse no día de hoxe 16/10/2020 a lista de admitidos e excluidos provisional  en relación coas bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2020", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.


Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 19 e 20 de outubro para efectuar as alegacións que estimen oportunas.
As probas e valoración de méritos terán lugar o día 27 de outubro de 2020, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).


Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: 
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

jueves, 15 de octubre de 2020

CAMPAÑA "CAMIÑO GASTRONÓMICO DO MAR"

 A Asociación de Amigos do Camiño do Mar, a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e Armadores de Burela, S.A., levarán a cabo a campaña “Camiño Gastronómico do Mar”.

Trinta restaurantes de quince concellos, desde o 9 de outubro ata o 6 de decembro, promocionarán algúns dos peixes máis representativos dos que capturan as frotas pesqueiras da Mariña e o Ortegal. Os que participan neste concello son Areagrande e La Bodeguita.






martes, 13 de octubre de 2020

Oferta emprego: auxiliar de axuda no fogar (Xornada: 32 horas/semana)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (32 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 04 de novembro, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición comenza mañá día 14 e remata o día 23 de outubro de 2020. A selección realizarase o día 26 de outubro, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.


Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Oferta de emprego: auxiliar administrativo/-a adscrita aos servizos sociais municipais

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, a xornada completa, con adscrición aos servizos sociais municipais do concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 2 de novembro, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición comenza mañá día 14 e remata o día 23 de outubro de 2020. A selección realizarase o día 26 de outubro, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 8 de octubre de 2020

Oferta emprego: Operario/-a servizos múltiples

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na súa sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario/-a de servizos múltiples, a xornada completa. A data de inicio prevista é o día 28 de outubro, e cunha duración de seis meses.


O prazo de inscrición queda aberto desde  mañá día 09 ata o día 19 de outubro de 2020. A selección realizarase ese mesmo día 20 de outubro, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 1 de octubre de 2020

Oferta de emprego: administrativo, funcionario interino. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo ao abeiro do programa Fomento do emprego 2020

No BOP de Lugo de hoxe día 01/10/2020 publícanse as bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2020", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.



O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 2 de outubro de 2019 ata o día 13 de outubro de 2020 (por ser os días 11 e 12 inhábil).


Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: http://deputacionlugo.gal/boletin-oficial-da-provincia-de-lugo/ultimo-bop , https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial 32 horas/semana

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (32 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 22 de outubrp, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición comenza mañá día 02 e remata o día 13 de outubro de 2020. A selección realizarase o día 14 de outubro, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0