Máis información contactar no concello (982590029) ou pinchar no seguinte enlaces: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241205/AnuncioG0767-031224-0001_gl.html ou https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=CO301B&ano=2024&numpub=2&lang=gl
jueves, 5 de diciembre de 2024
Novo prazo BONOS ACTIVA COMERCIO
viernes, 29 de noviembre de 2024
Bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas
ORDE do 13 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B ou C, competencia deste departamento, ou de formación no traballo do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal correspondentes aos exercicios 2024 e 2025 (código de procedemento TR301V).
Prazo de solicitude dende o 1 de decembro de 2024.
Mais información https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241128/AnuncioG0767-151124-0001_gl.html e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada
jueves, 31 de octubre de 2024
Publicación no BOP das bases para a selección dun auxiliar administrativo/-a, como funcionario interino, dentro do programa Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2024
No BOP de Lugo do día 31/10/2024 publícanse as bases para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa reforzo do emprego do plan Deputación de Cooperación cos concellos 2024, financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
O
prazo de solicitude é de 8 días naturais a contar a partir do día
seguinte ao
da publicación: polo tanto queda aberto desde o día 1 de novembro
de 2024
ata o día 8 de novembro de 2024.
Para
máis información ou consulta das bases contactar no teléfono do concello do Vicedo, 982590029, ou pinchar
aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
martes, 29 de octubre de 2024
Publicadas as actas de selección do proceso de estabilización para as prazas de: técnico de educación infantil (2) e traballlador/a social.
Publicadas na sede electrónico do concello do Vicedo e no taboleiro de edictos, as actas de selección dos procesos de estabilización das seguintes prazas, convocadas polo sistema de concurso:
- TÉCNICO DE EDUCACIÓN INFANTIL (2 PRAZAS).
- TRABALLADOR/A SOCIAL
Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
jueves, 19 de septiembre de 2024
Convocadas probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 2, 3 e 4
RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2024 (código de procedemento PL500C).
Para máis información:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240913/AnuncioG0766-040924-0001_gl.html
viernes, 13 de septiembre de 2024
Oferta emprego: educador social para o Concello do Vicedo
Publicadas no taboleiro de edictos e na sede electrónica do Concello do Vicedo, as bases para a selección dun/dunha educador social, a xornada completa, con adscrición o departamento de servizos sociais do Concello do Vicedo
O prazo de solicitude será de 5 días
hábiles a contar desde o seguinte á publicación das bases.
A data prevista para a selección será o día 25 de setembro de 2024, as 10 horas na Casa Consistorial.
miércoles, 4 de septiembre de 2024
AXUDAS PROGRAMA EMEGA PARA O FOMENTO DO EMPREGO FEMININO EN GALICIA
ORDE do 13 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento SI429A).
Para máis información pinchar nos seguintes enlaces:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240827/AnuncioG0762-140824-0001_gl.html
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=SI429A&ano=2024&numpub=1&lang=gl
jueves, 22 de agosto de 2024
Resolucións formalización contratos de traballo, como persoal laboral fixo e nomeamento como funcionario de carreira de dúas prazas de auxiliar administrativo, convocadas polo sistema de concurso, dentro dos procesos de estabilización de emprego
Publicadas no BOP de Lugo de hoxe día 22 de agosto de 2024, as seguintes resolucións: para a formalización de contrato de traballo, como persoal laboral fixo, da praza de auxiliar administrativo de servizos sociais (75% xornada); e o nomeamento como funcionaria de carreira da praza de auxiliar administrativo de secretaría. Ambas prazas convocadas polo sistema de concurso nos procesos de estabilización do emprego temporal do Concello do Vicedo para o ano 2022. Pode consultarse: no BOP de Lugo, no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguintes enlaces: https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/Documentos/bop_194_22082024.pdf
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Listas admitidos e excluídos provisional das prazas de: técnico de educación infantil (2 prazas) e traballadora social, convocadas no proceso de estabilización do emprego temporal, polo sistema de concurso.
Publicadas no BOP de Lugo do día 22 de agosto de 2024, as listas de admitidos e excluídos provisionais dos procesos de estabilización do emprego temporal, das seguintes prazas, convocadas tanto polo sistema de concurso:
- DÚAS PRAZAS DE TÉCNICO DE EDUCACIÓN INFANTIL, COMO PERSOAL LABORAL FIXO
- TRABALLADORA SOCIAL, COMO PERSOAL LABORAL FIXO.
Poden consultarse: no BOP de Lugo, no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguinte enlace: https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/Documentos/bop_194_22082024.pdf
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
O prazo para alegacións e enmendas é de 10 días hábiles, a contar desde o día siguiente a publicación no BOP.
miércoles, 7 de agosto de 2024
Oferta emprego: auxiliar administrativo a xornada parcial (30 horas/semana)
Publicadas no taboleiro de edictos e na sede electrónica do Concello do Vicedo, as bases para a selección dun/dunha auxiliar administrativo, a xornada parcial (30 horas/semana), para desempeñar as funcións da secretaría do xulgado de paz do Vicedo e outras que lle sexan encomendadas dentro da súa categoría laboral.
O prazo de solicitude comenzará o día 8 de agosto e finaliza o día 14 de agosto de 2024. A proba de selección terá lugar o día 16 de agosto, ás 9:30 horas, na Casa Consistorial.
Para máis información ou consulta das bases contactar no teléfono 982590029, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/
lunes, 29 de julio de 2024
Publicadas as actas de selección do proceso de estabilización para as prazas de: axente de emprego e desenvolvemento local, auxiliar administrativo de secretaría e auxiliar administrativo de servizos sociais.
Publicadas na sede electrónico do concello do Vicedo e no taboleiro de edictos, as actas de selección dos procesos de estabilización das seguintes prazas, convocadas polo sistema de concurso:
- AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL.
- AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE SECRETARÍA.
- AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE SERVIZOS SOCIAIS (XORNADA 75%).
Máis información:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3
miércoles, 24 de julio de 2024
Oferta emprego: auxiliar de axuda no fogar, a xornada parcial (85,33%)
Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (85,33%), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición é de dez días naturais a contar a partir da publicación das bases de selección.
As probas de selección realizaranse o día 8 de agosto de 2024, ás 9:30 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3
Oferta de emprego: 1 peón forestal. Programa APROL RURAL
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade concedeu unha axuda ao Concello do Vicedo para a contratación de 1 PEÓN FORESTAL, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2023 pola que se regulan as subvencións para o fomento de emprego no medio rural (Aprol rural), e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2024.
Para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego (oficina de Viveiro), tanto no momento da selección como no da contratación.
Máis información: contactar co no teléfono 982590029, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1
martes, 23 de julio de 2024
Oferta de emprego: peón de recollida de lixo para cubrir vacacións
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN DE RECOLLIDA DE LIXO baixo a modalidade de contrato de traballo de sustitución, para cubrir vacacións e outros permisos, a xornada completa, desde o próximo día 8 de agosto de 2024 e ata o día 2 de outubro de 2024.
O prazo de inscrición comenza o día 24 e finaliza o 31 de xullo de 2024, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 2 de agosto de 2024, ás 9:30 horas, no Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Vicedo.
Para máis información e inscricións: pasar polo Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info
Ofertas de emprego: tres peóns de mantemento de zonas naturais. Programa: "Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2024", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
O prazo de solicitude comeza o próximo o día 23 de xullo e remata o día 31 de xullo de 2024.
Para máis información no teléfono 982590029 ou consulta das bases no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0miércoles, 17 de julio de 2024
Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa
Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición é de cinco días hábiles a contar a partir da publicación das bases, polo tanto, comenza mañá día 18 de xullo de 2024 e remata o día 24 de xullo de 2024. As probas de selección realizaranse o día 30 de xullo de 2024, ás 9:30 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es
viernes, 12 de julio de 2024
CONVOCADAS DISTINTAS AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS
RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2024 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).
RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2024 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F).
RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2024 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G).
Máis información: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2024/20240712/Secciones1_gl.html
LISTAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PROCESOS DE SELECCIÓN BRIGADA DE INCENDIOS FORESTAIS 2024 (1 XEFE DE BRIGADA, 3 PEÓNS E 1 PEÓN-CONDUTOR)
No día de hoxe, 12 de xullo de 2024, aprobáronse as seguintes listas de admitidos/excluÍdos provisionais:
-3 Peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
As persoas que aparecen como excluídas, poderán formular alegacións ou correxir, no seu caso, os erros que proceda, no prazo de dous días hábiles a contar a partir de hoxe (sin contar sábados, domingos nin festivos).
Por outra banda, nas listas fíxanse as datas, hora e lugar da realización das probas.
Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3
miércoles, 10 de julio de 2024
Listas definitivas admitidos e excluídos das prazas de: auxiliar administrativo de secretaría, axente de emprego e desenvolvemento local e auxiliar administrativo de servizos sociais a xornada parcial, convocadas no proceso de estabilización do emprego temporal, polo sistema de concurso.
Publicadas no BOP de Lugo do día 10 de xullo de 2024 e na sede electrónica do Concello do Vicedo, as listas definitivas de admitidos e excluídos dos procesos de estabilización do emprego temporal, das seguintes prazas, convocadas polo sistema de concurso:
- AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE SECRETARIA (100%), COMO PERSOAL FUNCIONARIO
- AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL, COMO PERSOAL LABORAL FIXO
- AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE SERVIZOS SOCIAIS (75%), COMO PERSOAL LABORAL FIXO
Pode consultarse: no BOP de Lugo, no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguinte enlace: https://deputacionlugo.gal/gl/node/81318
viernes, 5 de julio de 2024
Resolución cambio tribunal e nova data selección socorristas 2024
Con data 3 de xullo de 2024 ditouse resolución da Alcaldía modificando a composición do Tribunal designado para a selección de 6 socorristas. Así mesmo fíxase data para unha nova proba o día 8 de xullo de 2024 a partir das 12:30 horas na Casa da Cultura do Vicedo.
Para máis información pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es
miércoles, 3 de julio de 2024
OFERTA DE EMPREGO PERSOAL DE OBRA
Importante empresa da construción de Lalín busca persoal de obra para a provincia de Lugo.
Interesados enviar C.V. a: <mailto:empleotyr@gmail.com> empleotyr@gmail.com ou poñerse en contacto no número 986787502 ext. 256, 255.
martes, 25 de junio de 2024
Oferta de emprego: limpador/-a para cubrir vacacións
Están expostas as bases
para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición,
dun/dunha LIMPADOR/-A, para cubrir vacacións, con adscrición ao servizo
municipal de limpeza do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio
prevista o día 15 de xullo de 2024 e ata o fin da substitución
O prazo de inscrición
comeza mañá día 26 de xuño de 2024 e remata o 5 de xullo de 2024. A selección
realizarase o día 8 de xullo de 2024, a partir das 11:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es
Oferta emprego: auxiliar de axuda no fogar, a xornada parcial (85,33%)
Están expostas as bases para a contratación laboral
temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a
xornada parcial (85,33%), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar
do Concello do Vicedo, e por un período de tres meses.
O prazo de inscrición é de dez días naturais a contar
a partir da publicación das bases de selección, polo tanto, comenza mañá día 26
de xuño de 2024 e remata o día 5 de xullo de 2024. As probas de selección
realizaranse o día 8 de xullo de 2024, ás 10:30 horas, na casa consistorial do
Concello do Vicedo.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
lunes, 24 de junio de 2024
OFERTA EMPREGO: PERSOAL PARA A BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS. CAMPAÑA 2024
No BOP de Lugo de data 22/06/2024 publícase o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, do persoal de incendios para a campaña 2024:
- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Xefe de brigada para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
O prazo de presentación de solicitudes sería do 24 ao 28 de xuño de 2024.
Máis información e solicitudes contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
miércoles, 19 de junio de 2024
Modificación de data para a selección de peón - condutor con adscrición ao servizo municipal de limpeza e mantemento do concello do Vicedo
No seguinte enlace poden consultar a resolución de cambio da data da selección de peón - condutor con adscrición ao servizo municipal de limpeza e mantemento do concello do Vicedo https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Nova data: o día 24 de xuño de 2024, a partir das 12:30 horas, no Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Vicedo.
CONTRATACIÓN BRIGADA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS - CAMPAÑA INCENDIOS 2024
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a selección, mediante concurso - oposición, do personal laboral temporal brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de incendios 2024
- 1 xefe de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais;
- 1 peón - condutor de prevención e defensa contra incendios forestais;
- 3 peóns de prevención e defensa contra incendios forestais.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 5 días hábies a partir do seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.
viernes, 14 de junio de 2024
Oferta de emprego: 6 socorristas para traballar en praias de O Vicedo durante o verán 2024
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso, de 6 SOCORRISTAS, a xornada completa, durante dous meses.
O prazo de inscrición comenza o día 17 e remata o día 21 de xuño de 2024.
O proceso de selección será o día 24 de xuño de 2024, ás 10:00 horas, na Casa de Cultura do Vicedo.
Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
jueves, 13 de junio de 2024
Oferta emprego: peón-condutor (contrato interinidade)
Están expostas no
taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN-CONDUTOR baixo a modalidade de contrato de
traballo de substitución (cubrir vacacións e outros descansos), a xornada
completa, dende o próximo día 1 de xullo de 2024.
O
prazo de inscrición comenza mañá día 14 e ata o 20 de xuño de 2024, ambos
inclusive, realizándose o proceso de selección o día 21 de xuño de 2024, ás
12:30 horas, na Casa de Cultura do Vicedo.
Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
lunes, 10 de junio de 2024
Ofertas de emprego: tres vixiantes de espazos naturais. Programa: "Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2024", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Publicadas no taboleiro de edictos, na sede electrónica do Concello do Vicedo e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo, as bases para a selección de TRES VIXIANTES DE ESPAZOS NATURAIS, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2024", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.
O prazo de solicitude comeza o próximo luns 12 de xuño
e remata o día 18 de xuño de 2024.
Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 ; https://www.deputacionlugo.gal
jueves, 6 de junio de 2024
Oferta emprego: animador/-a sociocultural para a tempada de verán 2024
Están expostas no
taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral
temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha ANIMADOR/-A
SOCIOCULTURAL, a xornada completa, durante a tempada de verán/2024 (3
meses), con adscrición ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do
Concello do Vicedo.
O prazo de presentación de solicitudes iniciase o día 10 de xuño
e remata o próximo día 18 de xuño. Realizándose o proceso de selección o
día 20 de xuño, a partir das 11:00 h. na Casa da Cultura do Concello do Vicedo.
Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local. Tamén no seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/
jueves, 16 de mayo de 2024
RECORDATORIO: VISITA OFICINA MÓBIL ACELERA PEMES
Recordamos que o día 20 de maio de 2024, contaremos coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo, na Explanada do Porto, ás 10:30 horas.
Se eres autónomo, ou propietario dunha Peme precisas de impulsar a dixitalización do teu negocio, achégate á Oficina Móbil Acelera Peme. Alí, contarás có asesoramento dos dinamizadores dixitais, podendo programar as citas presenciais ou telemáticas que precises para unha consulta individualizada.
martes, 14 de mayo de 2024
Oferta de emprego: catro peóns de protección do ambiente e espazos naturais para a tempada de verán 2024
Están expostas na sede electrónica e no taboleiro
de anuncios do concello as bases de selección para a contratación, mediante
oposición, de 4 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPAZOS NATURAIS, a
xornada completa, sendo a data de inicio o 17 de xuño e a de finalización
o 16 de setembro de 2024.
O prazo de solicitude será de 10 días hábiles a contar a partir do día seguinte
ao de publicación das presentes bases. A proba de selección realizarase o día
31 de maio de 2024, ás 10:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da
terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).
Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
jueves, 9 de mayo de 2024
AXUDAS PARA IMPLATACIÓN DE MEDIDAS PARA CUMPRIR COS CRITERIOS ASG NAS PEMES GALEGAS (DOG 08-05-2024)
Resolución do 26 de
abril de 2024 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que
aproba as bases reguladoras das axudas á implantación de medidas para o avance
no cumprimento de criterios ambientais, sociais e de gobernanza (ASG) nas pemes
galegas para o ano 2024, e se procede á súa convocatoria en réxime de
concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300F)
· PROCEDEMENTO: concorrencia non
competitiva ata o esgotamento do crédito (resolven segundo a orde determinada
en función da data de presentación da documentación completa).
· OBXETO: a posta en marcha de
proxectos para o desenvolvemento e mellora de factores ASG (ambientais, sociais
e de gobernanza) nas pemes, cuxa finalidade sexa o desenvolvemento e
implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución
de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, acadando
reducións e aforros na utilización de recursos naturais, auga e enerxía e
diminucións na xeración de refugallos, subprodutos ou desperdicios, coa
tendencia de converter os refugallos en recursos de uso en outros procesos
produtivos; e tamén aquelas actuacións dirixidas a desenvolver a
responsabilidade social empresarial e avanzar nos mellores modelos de
gobernanza nas organización.
·BENEFICIARIOS: pequenas e medianas
empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos empresarios
autónomos, que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia a realizar
o proxecto.
· PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes, que en ningún caso
será inferior a un mes, desde o día 9 de maio de 2024 as 8.00 horas e ata as
14.00 horas do día 15 de setembro de 2024, agás que antes desa data se produza
o suposto de esgotamento do crédito.
Para máis información pinche no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog ou
diríxase á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello.
martes, 7 de mayo de 2024
PROGRAMA GRATUITO PARA EMPRESAS RELACIONADO COA DIXITALIZACIÓN
O día, 20 de maio de 2024, contaremos coa presenza da Oficina Móbil
do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo, na Explanada
do Porto, ás 10:30 horas.
Se eres autónomo, ou propietario dunha Peme precisas de impulsar a
dixitalización do teu negocio, achégate á Oficina Móbil Acelera Peme. Alí,
contarás có asesoramento dos dinamizadores dixitais, podendo programar as citas
presenciais ou telemáticas que precises para unha consulta individualizada.
lunes, 29 de abril de 2024
DATAS PROBAS CELGA 2024
Datas:
Celga 4 |
Santiago de
Compostela e Ponferrada |
18 de maio de 2024: persoas
admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H,
I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U. 19 de maio de 2024: persoas
admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W,
X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G. |
|
Celga 3 |
Santiago de
Compostela e Ponferrada |
25 de maio de 2024: para todas
as persoas admitidas. |
|
Celga 2 |
Santiago de
Compostela e Ponferrada |
26 de maio de 2024: para todas
as persoas admitidas. |
|
Celga 1 |
Santiago de
Compostela |
1 de xuño de 2024: para todas
as persoas admitidas. |
Lugar de realización:
En Santiago: IES Antonio Fraguas
(Celgas 4, 3 e 2) e EGAP (Celga 1).
En Ponferrada: Escola Oficial de
Idiomas (Celgas 4, 3 e 2)
Hora: ás 9.00 horas.
*A proba oral realizarase o
mesmo día que a proba escrita.
Máis información no DOG do 29 de abril
de 2024:https://www.xunta.gal/dog ou dirixirse á Axente de
emprego e desenvolvemento local do concello.
viernes, 26 de abril de 2024
Oferta de emprego: 2 peóns forestais. Programa APROL RURAL
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade concedeu unha axuda ao Concello do Vicedo para a contratación de 2 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, con data prevista de inicio o 20 de maio de 2024, ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2023 pola que se regulan as subvencións para o fomento de emprego no medio rural (Aprol rural), e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2024.
Para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego (oficina de Viveiro), tanto no momento da selección como no da contratación.
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchando no seguinte enlace https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
jueves, 25 de abril de 2024
Oferta emprego: peón-tractorista, a xornada completa
Están expostas as bases para a contratación laboral
temporal, mediante oposición, dun péon-tractorista a xonarda completa con
adscrición ao servizo municipal de limpeza e mantemento do Concello do Vicedo.
O prazo de inscrición é de cinco días hábiles a contar
a partir da publicación das bases de selección, polo tanto, comezando mañá 26
de abril de 2024 e rematando o plazo o día 3 de maio de 2024. As probas de
selección realizaranse o día 6 de ABRIL de 2024, ás 10:00 horas, na casa da
Cultura do Vicedo.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
Correción erros: oferta emprego padexeiro, a xornada completa
Está exposta una resolución de corrección de erros das
bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición, dun padexeiro
a xonarda completa con adscrición ao servizo municipal de obras do
Concello do Vicedo.
Na resolución modifícase a data da proba de selección
que se realizará o día 30 de ABRIL de 2024, ás 11:00 horas, na casa da Cultura
do Vicedo.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
martes, 23 de abril de 2024
Oferta emprego: padexeiro, a xornada completa
Están
expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición, dun
padexeiro a xonarda completa con adscrición ao servizo municipal de obras
do Concello do Vicedo.
O
prazo de inscrición é de cinco días naturais a contar a partir da publicación
das bases de selección, polo tanto, comezando mañá 24 de abril de 2024. As
probas de selección realizaranse o día 29 de ABRIL de 2024, ás 10:00 horas, na
casa da Cultura do Vicedo.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
viernes, 19 de abril de 2024
Oferta emprego: auxiliar de axuda no fogar, a xornada parcial (85,33%)
Están
expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante
concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR
DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (85,33%), con
adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por
un período de tres meses.
O
prazo de inscrición é de dez días naturais a contar a partir da publicación das
bases de selección, polo tanto, comenza mañá día 20 DE ABRIL de 2024 e remata o
día 29 DE ABRIL de 2024. As probas de selección realizaranse o día 30 de ABRIL de
2024, ás 10:00 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board