lunes, 20 de octubre de 2008

viernes, 10 de octubre de 2008

SUBVENCIÓNS PARA AUTONÓMOS PARA A COMPRA DE EQUIPOS INFORMÁTICOS

Poderán solicitar e beneficiarse destas axudas os traballadores por conta propia de Galicia, dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social, agás os comerciantes retallistas, dado que existen liñas de axuda desta consellería específicas para ese colectivo e para os mesmos investimentos.
O investimento irá destinado á adquisición dun ordenador persoal portátil ou de sobremesa. A axuda acadará o 45 % do investimento subvencionable, cun límite máximo de 350 € para cada solicitante. O investimento subvencionable determínase aplicando a porcentaxe de axuda sobre a base impoñible, excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser aboado na súa totalidade polo beneficiario.
As subvencións tramítanse directamente nas entidades colaboradoras da Consellería de Innovación e Industria para o desenvolvemento desta liña de axudas.

SEMINARIO PARA A DIFUSIÓN DA CREACIÓN DE EMPRESAS

O próximo día 15 de outubro de 2008, celebrarase un Seminario de difusión da cultura emprendedora na Casa da Cultura de O Vicedo, ás 11 da mañá. Está organizado polo concello do Vicedo en colaboración co BIC Galicia, e ten como obxectivo fomentar o emprendemento. É un acto aberto a tódolos interesados, asistindo os alumnos do obradoiro de emprego do concello de O Vicedo.
Un emprendedor local, Iván Timiraos Rodríguez, empresario do sector da construcción, exporá a súa experiencia como empresario.

lunes, 6 de octubre de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Licenciados en periodismo e publicidade para Lugo, A Coruña e A Mariña. Experiencia demostrada mínima de 1 ano. Interesados enviar currículum vitae urxente á dirección de correo electrónico: seccionrh@gmail.com poñendo a referencia Period/Publ.