lunes, 24 de noviembre de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Grupo TRAGSA seleccciona para a súa Delegación de Lugo:
- Peóns para limpezas e mantemento en marxes de viais, canles, ríos e de espacios naturais (Rfa. Peón-LU).
- Capataces para limpezas e mantemento en marxes de viais, canles, ríos e de espacios naturais (Rfa. Capataz-LU)
- Zonas de traballo: toda a provincia de Lugo

Requírese: experiencia en traballos similares e mobilidade xeográfica.
Valorarase: experiencia no manexo de motoserras e desbrozadoras e carnet conducir tipo B.
Interesados enviar urxentemento curriculum vitae, ó apartado 126-27003 LUGO.
Fin prazo: xoves 28 de novembro do 2008

viernes, 14 de noviembre de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

ACUIDORO selecciona DIRECTOR DE ADMINISTRACIÓN para San Ciprián. Licenciado en ciencias empresariais ou equivalente, experiencia profesional en empresa. Interesados deberán enviar currículum vitae con fotografía reciente a la dirección de correo: brunojustome@alrogal.es Referencia: DADM2008.

Gurpo INTERCOBROS necesita EXECUTIVOS DE CONTAS para A Mariña Lucense. Requisitos: maior de 35 anos, experiencia de más de cinco no sector servizos, coche propio, disponibilidade para viaxar.. Interesados enviar CV por correo electrónico a rrhh@grupointercobros.com con la referencia EJECUTIVOS A MARIÑA www.grupointercobros.com

martes, 11 de noviembre de 2008

AXUDAS PARA O APOIO AO TECIDO EMPRESARIAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

BENEFICIARIOS: Empresas privadas, que teñan a condición de PEMES, que realicen accións susceptibles de subvención en sectores distintos da pesca e acuicultura, construcción naval, carbón, aceiro e fibras sintéticas, e teñan o domicilio social na provincia de Lugo.

Hai tres tipos de axuda:

1º.- Subvención para o acceso á sociedade da información e da comunicación

Subvencionase a compra de equipamentos e á presencia dos beneficiarios en internet:
- Adquisición, instalación e montaxe de ordenadores personais de sobremesa (portátiles só no caso de venda ambulante), impresoras, escáneres e similares.
- Adquisición de licencias e productos de software de xestión empresarial.
- Labores de adaptación de aplicacións informáticas de carácter xenérico.
- Adquisición, instalación e montaxe de caixas rexistradoras, sistemas de etiquetaxe, fotocopiadoras, fax, etc.
- Deseño e implantación de sistemas de venda non presenciais.
- Gastos de desenvolvemento e implantación dunha páxina web.
- Alta de conexión a internet en banda ancha ou tarifa plana.
- Gastos de implantación da web.

As actuacións subvencionables terán que realizarse entre o 1 de xaneiro e o 30 de decembro do 2008.

Cuantía das axudas: ata o 35% do investimento subvencionable, máximo 3.000 euros.

2º.- AXUDAS PARA A CONSOLIDACIÓN E MODERNIZACIÓN DO TECIDO EMPRESARIAL.

Subvencionará aquelas accións, realizadas ente o 1 de xaneiro e o 30 de decembro do 2008.

Conceptos subvencionables:
- Obras e instalacións que supoñan innovación, transformación, reordenación, ampliación, reforma ou mellora dun establecemento de negocio xa existente.
- Adquisición de mobiliario e maquinaria específicos necesarios para o exercicio da actividade empresarial.
- Gastos de rotulación de vitrinas, fachadas e vehículos.
- Deseño e execución de campañas publicitarias promocionais.
- Sistemas destinados á protección das mercancías ou productos comercializables.

Cuantía das axudas: ata o 35% do investimento, máximo 12.000 euros.

3º.- AXUDA PARA GASTOS DE ACTIVIDADE.

Subvencionará aquelas accións, realizadas ente o 1 de xaneiro e o 30 de decembro do 2008.

Beneficiarias: empresas que conten alomenos cun ano de actividade no momento da solicitude da axuda, que a renda neta do solicitante no exercicio 2007 non supere os 6.998,80 euros, e que non houbesen recibido ningunha axuda durante o ano 2008, nin de administracións públicas nin privadas.

Subvencionase os gastos correntes da actividade, expecto a compra de mercadorías e materias primas.

Cuantía das axudas: ata o 20% dos gastos subvencionables, máximo 2.000 euros por empresa beneficiaria.

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 21/11/2008

lunes, 10 de noviembre de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Empresa lucense selecciona COMERCIAIS par Lugo e A Mariña. Experiencia demostrada como comercial de 3 anos. Interesados enviar currículum o apartado de correos, 22 de Lugo