jueves, 29 de junio de 2023

Axudas contratación persoas mozas

ORDE do 16 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de incentivos á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR350C).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230629/AnuncioG0656-160623-0009_gl.html

martes, 20 de junio de 2023

Publicadas as actas de selección do proceso de estabilización para as prazas de auxiliar de axuda a domicilio

Publicadas na sede electrónico co concello do Vicedo e no taboleiro de edictos, as actas de selección dos procesos de estabilización das prazas de auxiliar de axuda a domicilio, tanto no sistema de concurso como no de concurso-oposición.

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

lunes, 19 de junio de 2023

Oferta de emprego: cinco peóns de protección do ambiente e espazos naturais para a tempada de verán 2023

Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 5 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPAZOS NATURAIS, a xornada completa, durante tres meses.

O prazo de solicitude comenza o día 20 de xuño e remata o día 26 de xuño de 2023. A proba de selección realizarase o día 27 de xuño de 2023, ás 10:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).

Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

OFERTA EMPREGO: PERSOAL PARA A BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS. CAMPAÑA 2023

No BOP de Lugo de hoxe día  19/06/2023 publícase o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, do persoal de incendios para a campaña 2023:

- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 1 Xefe de brigada para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

Máis información e solicitudes contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace:   https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

jueves, 15 de junio de 2023

CONVOCADAS DISTINTAS AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F)

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G).

Máis información: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2023/20230615/Secciones3_gl.html

miércoles, 14 de junio de 2023

Curso de "Nivel Básico de Prevención en Construcción" na Casa da Cultura do Vicedo

Curso presencial de 60 horas de "Nivel Básico de Prevención en Construcción" que se realizará nas instalaciones da " Casa de la Cultura" do Vicedo entre os días 05 e 18 de Junio, en horario de mañá, de 8:00 a 15:00 horas tódolos días menos o día 17 que será de 8:00 a 12:00 e o 18 que será de 08:00 a 14:00 horas.

O curso será impartido e certificado pola "Fundación Laboral da Construcción"

Interesados/-as contactar co director do Obradoiro de emprego, de 10:00 a 14:00 h., chamando a Casa da Cultura do Vicedo ó 982590195.


martes, 13 de junio de 2023

Oferta emprego: peón-condutor (contrato interinidade)

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN-CONDUTOR baixo a modalidade de contrato de traballo de sustitución (cubrir vacacións e outros descansos), a xornada completa, desde o próximo día 3 de xullo de 2023.

O prazo de inscrición comenza mañá día 14  e ata o 20 de xuño de 2023, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 21 de xuño de 2022, ás 12:30 horas, na Casa de Cultura do Vicedo.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

Oferta de emprego: AXENTE TIC, para a aula CeMIT do concello do Vicedo

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, con carácter de urxencia, mediante concurso-oposición, dun/dunha AXENTE TICa xornada parcial (20 horas/semana), como persoal laboral temporal, para a aula CEMIT.

O prazo de inscrición comenza mañá día 14 de xuño e finaliza o 23 de xuño de 2023, realizándose o proceso de selección o día 26 de xuño de 2023, ás 10:00 horas, na Casa da Cultura. 

 Para máis información ou consulta das bases contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

viernes, 9 de junio de 2023

Oferta de emprego para persoas con discapacidade

Desde a Fundación Olidís, destinada ó fomento laboral das persoas con discapacidade e cun proxecto de recollida de aceite usado porta a porta, busca candidatos/-as que cumplan cos siguintes requisitos:

 

      -          Discapacidade  do 33% ou superior.

      -          Que podan cargar algo de peso.

-          Preferiblemente con carné de conducir tipo B.

-          Contrato de traballo indefinido a media xornada con posibilidade de xornada completa.

-       Sueldo según convenio. 

Interesados: contactar cos servizos sociais do Concello do Vicedo.

Ofertas de emprego: peón-tractorista para o Concello do Vicedo

Publicadas no taboleiro de edictos e na sede electrónica do Concello do Vicedo, as bases para a selección DUN PEÓN-TRACTORISTA, a xornada parcial (30 horas/semana).

O prazo de solicitude é de cinco días naturais, a contar desde o día seguinte ó da publicación das presentes bases.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 

jueves, 8 de junio de 2023

Ofertas de emprego: tres vixiantes de espazos naturais. Programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2023", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Publicadas no taboleiro de edictos, na sede electrónica do Concello do Vicedo e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo, as bases para a selección de TRES VIXIANTES DE ESPAZOS NATURAISdentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2023", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude comeza o próximo luns 12 de xuño e remata o día 19 de xuño de 2023.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 ;https://www.deputacionlugo.gal/temas/emprego/reforzo_emprego/listaxe_postos

Oferta de emprego: 6 socorristas para traballar en praias de O Vicedo durante o verán 2023

O Concello do Vicedo presentou a correspondente oferta para a contratación de 6 SOCORRISTAS para a tempada de verán 2023

Requisito imprescindible estar desempregado e inscrito na oficina de emprego, e carecer de ocupación según informe de vida laboral, tanto no momento da selección como no da incorporación.

Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou directamente coa oficina de emprego. Pode consultar as bases de selección no seguinte enlace:  http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 5 de junio de 2023

Subvencións a establecementos turísticos nos procesos de certificación de calidade

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU970A).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230606/AnuncioG0256-240523-0001_gl.html

OBRADOIRO CESTERIA

 


Oferta emprego: animador/-a sociocultural para a tempada de verán 2023

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha ANIMADOR/-A SOCIOCULTURAL, a xornada completa, durante a tempada de verán/2023 (3 meses), con adscrición ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Concello do Vicedo.

O prazo de presentación de solicitudes iniciase o día 06 de xuño e  remata o próximo día 15 de xuño. Realizándose o proceso de selección o día 16 de xuño, a partir das 10:00 h. na Casa da Cultura do Concello do Vicedo.

Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local. Tamén no seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/