miércoles, 29 de junio de 2016
martes, 28 de junio de 2016
OFERTA DE EMPREGO 2 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE A MEDIA XORNADA
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases de
selección para a contratación, con carácter de urxencia, mediante oposición, de 2 PEÓNS DE
PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPACIOS NATURAIS, a media xornada, para a
tempada de verán/2016, durante dous meses, sendo a data prevista de inicio o 6 de xullo.
O prazo de solicitude remata o próximo día 04 de xullo, ás 09:30 horas. Celebrándose o proceso selectivo ese mesmo día, a partir das 10:30 horas na Casa do Concello.
Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
O prazo de solicitude remata o próximo día 04 de xullo, ás 09:30 horas. Celebrándose o proceso selectivo ese mesmo día, a partir das 10:30 horas na Casa do Concello.
Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
lunes, 27 de junio de 2016
OFERTA EMPREGO CONDUCTORES MOTOBOMBA
O Concello de O Vicedo selecciona TRES CONDUCTORES PARA A MOTOBOMBA
para a temporada de verán/2016. A duración do contrato é de dous meses e
medio, sendo con data de inicio prevista para o 31 de xullo.
As bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do
concello, e o prazo de presentación de instancias remata o día 06 de
xullo, ás 15:00 horas.
A proba de esforzo realizarase o día 8 de xullo, ás 11:30 horas. E os que a superen continuarán co proceso de selección o día 14 de xullo, ás 10:00, na Casa da Cultura
Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.
OFERTA EMPREGO INCENDIOS
O Concello de O Vicedo selecciona persoal para a brigada municipal de
prevención e defensa contra incendios forestais para a tempada de
verán/2016. A duración do contrato é de tres meses con data de inicio
prevista para o 20 de xullo.
Os postos de traballo convocados son:
- 3 PEÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
- 1 PEÓN CONDUCTOR DE PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
- 1 XEFE DE BRIGADA.
Están publicadas as bases de selección para tódalas postos no taboleiro de anuncios do concello e o prazo de inscrición remata o día 06 de xullo, ás 15:00 horas.
A proba de esforzo realizarase o día 8 de xullo, ás 11:30 horas, e os que a superen continuaran co proceso de selección o día 12 de xullo, ás 10:00 horas, na Casa da Cultura.
Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.
viernes, 24 de junio de 2016
OFERTA EMPREGO
Ainda nos queda por cubrir algunha praza de SOCORRISTA. Si alguen esta interesado e por suposto inscrito no rexistro de socorristasque chame directamente o concello de O Vicedo.
viernes, 17 de junio de 2016
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, e con carácter de urxencia, mediante concurso-oposición, dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO,
con adscrición á organización do curso de Atención sociosanitaria a
persoas dependentes en institucións sociais, a xornada parcial (3
horas/diarias). A data de
inicio prevista é o día 04 de xullo de 2016 e a de fin 17 de novembro
de 2016.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 22 de xuño, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 23 de xuño de 2016, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
miércoles, 15 de junio de 2016
OFERTA DE EMPREGO
Restaurante Os Cruces de Vicedo necesita AXUDANTE DE COCIÑA para a tempada de verán.
martes, 14 de junio de 2016
AXUDAS A EMPRENDEDORES, EMPRESARIOS, ENTIDADES SIN ÁNIMO DE LUCRO.. PARA PROXECTOS PRODUCTIVOS E NON PRODUCTIVOS DA CONSELLERÍA DO MAR
Está aberto o prazo de solicitude ata o próximo día 9 de xullo. Máis información: no seguinte enlace, contactando coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello ou directamente nas oficinas do GALP A Mariña-Ortegal na Confraría de Pescadores de Celeiro.
http://mar.xunta.gal/gl/o-mar/o-sector/grupos-de-accion-local-do-sector-pesqueiro
CURSO AFD DE SOCORRISTA
Quedan 5 prazas vacantes no curso AFD de Socorrismo en espazos acuáticos naturais que empezou o día 13/06/2016 en Xove. Con este curso poderíase obter en caso de superalo o certificado de profesionalidade, que será obrigatorio a partir do ano que ven para traballar como socorrista. Si estás interesado/-a chamar o concello de Xove, tlf.: 982592001.
miércoles, 8 de junio de 2016
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello de O Vicedo, as
bases para de selección para a contratación laboral temporal, mediante
oposición, de UN INFORMADOR/-A DE TURISMO, con categoría de auxiliar,
para a temporada de verán 2016, desde o 01 de xullo ata o 31 de agosto .
O prazo de solicitude remata o día 20 de xuño, ás 15:00 horas. Sendo o proceso selectivo o día seguinte, 21 de xuño, a partir das 10:00 horas na Casa da Cultura.
Para máis información e solicitudes: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local.
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun ANIMADOR/-A
SOCIOCULTURAL,
a xornada completa, durante a tempada de verán/2016 (3 meses), con adscrición ao
Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do concello do Vicedo.
O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 20 de xuño, ás 15:00 horas. Realizándose o proceso de selección o día seguinte, 21 de xuño, a partir das 11:00 h. na Casa da Cultura.
Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local.
miércoles, 1 de junio de 2016
PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL CON SUBVENCIÓNS A CONTRATACIÓN DE DESEMPREGADOS/-AS EMPADROADOS NESTE CONCELLO
PLAN DE EMPREGO
MUNICIPAL DO CONCELLO DO VICEDO
OBXECTO:
Fomentar a inserción laboral de
persoas inscritas no Servizo Público de Emprego e empadroadas cunha antigüidade mínima de 12 meses no
concello do Vicedo.
DIRIXIDO A :
Empresas calquera que sexa a súa
forma xurídica, asociacións…. que contraten, por un período mínimo de catro
meses, a persoas que cumpran entre outros os seguintes requisitos:
- Estar inscritas no Servizo Público de Emprego
- Empadroadas no concello do Vicedo cunha antigüidade mínima de 12 meses a data de solicitude.
- Estar inscritas no Servizo Público de Emprego
- Empadroadas no concello do Vicedo cunha antigüidade mínima de 12 meses a data de solicitude.
CUANTÍA DAS AXUDAS:
Ata 3.000 euros.
TIPO DE CONTRATACIÓN
|
HOMES
|
|||
1º ANO
|
2º ANO
|
3º ANO
|
TOTAL
|
|
INDEFINIDA
|
800
|
800
|
800
|
2.400
|
TEMPORAL
|
500
|
500
|
500
|
1.500
|
TIPO DE CONTRATACIÓN
|
MULLERES
|
|||
1º ANO
|
2º ANO
|
3º ANO
|
TOTAL
|
|
INDEFINIDA
|
1000
|
1000
|
1000
|
3000
|
TEMPORAL
|
600
|
600
|
600
|
1.800
|
Para contratacións inferiores a 12 meses ou con xornada
inferior á completa, as axudas reduciranse proporcionalmente.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
DE SOLICITUDES:
No prazo dun mes desde a data de alta na Seguridade Social
da persoa contratada.
As solicitudes irán resolvéndose por orde de entrada ata o
esgotamento do crédito.
PÓDENSE CONSULTAR AS BASES NO SEGUINTE ENLACE:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.5
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases de
selección para a contratación, mediante oposición, de 10 PEÓNS DE
PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPACIOS NATURAIS, a media xornada, para a
tempada de verán/2016, do 1 de xullo o 31 de agosto.
O prazo de solicitude remata o próximo día 13 de xuño, ás 15:00 horas. Celebrándose o proceso selectivo o día seguinte, 14 de xuño, a partir das 10:30 horas na Casa da Cultura.
Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
O prazo de solicitude remata o próximo día 13 de xuño, ás 15:00 horas. Celebrándose o proceso selectivo o día seguinte, 14 de xuño, a partir das 10:30 horas na Casa da Cultura.
Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)