viernes, 28 de febrero de 2014

PROCEDEMENTO RECOÑECEMENTO EXPERIENCIA PROFESIONAL PARA SOCORRISTAS

A Consellería de Traball e Benestar convocou, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, para o número de prazas e unidades de competencia das cualificacións profesionais que a continuación se relacionan:

- Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 300 prazas.
- Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 300 prazas.
PRINCIPAIS REQUISITOS:

-Posuír nacionalidade española.

- Ter 18 anos cumpridos para as unidades de competencia de nivel I e 20 para os niveis II y III.

- Ter experiencia laboral ou formación:

* Mínimo 3 anos, con 2.000 horas traballadas nos últimos 10 anos para as unidades de nivel 2 e 3.

* No caso de formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos nas unidades de nivel 2 e 3.

- Non estar matriculados ou cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial ou para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición.

 PRAZO: desde o 1 ao 31 de marzo de 2014, inclusive.

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPADORA, a media xornada, por un período de 15 días, para cubrir vacacións, sendo a data de inicio o día 17 de marzo.

O prazo de inscrición remata o próximo día 11 de marzo, ás 09:30 horas, realizándose o proceso de selección ese mesmo día a partir das 10:00 horas, na Casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

ANUNCIO CURSOS CELGA 1 ON LINE E CURSOS PREPARATORIOS CELGA ESCOLAS IDIOMAS



Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga)

A Secretaría Xeral de Política Lingüística anuncia as seguintes convocatorias para a realización de cursos preparatorios para obter os certificados de lingua galega (Celga):

-Cursos Celga 1 en liña:

Prazo  matrícula: do 27 de febreiro ata o 22 de marzo
Datas do curso: do 31 de marzo ata o 8 de xuño

-Cursos presenciais nas EOI (Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia)

Prazo matrícula: ata o 07/03/2014

Información: páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística: http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_formacion

PROGRAMA GALEUROPA DE AXUDAS PARA PRÁCTICAS NON REMUNERADAS

Axudas  convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar no DOG de hoxe, para o programa Galeuropa a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera Estado ou país, agás España, e se procede á súa convocatoria para este ano 2014.

Para máis información pinchar en este enlace:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140228/AnuncioCA05-210214-0001_gl.pdf

miércoles, 26 de febrero de 2014

AXUDAS AUTOEMPREGO PARA GALEGOS/-AS RETORNADOS/-AS

DOG de 26/02/2014:
  • RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Para máis información, pinche aquí:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140226/AnuncioG0244-190214-0001_gl.pdf

viernes, 21 de febrero de 2014

OFERTA DE EMPREGO

  Están expostas no taboleiro de anuncios do concello de O Vicedo, as bases para a selección mediante concurso-oposición, dun peón de recollida de lixo, como persoal laboral temporal, por un período de sesis meses, a xornada completa,
O prazo de presentación de instancias remata o día 5 de marzo de 2014, ás 9:30, sendo a selección ese mismo día a partir das 10:00 horas, na casa do concello.
Para máis información e solicitudes: pasar polo concello ou pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou chamar ao 982590195.

OFERTA DE EMPREGO

No Boletín oficial da provincia de Lugo do día de hoxe, 21/02/2014,  publicouse o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, dun Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas (Axente TIC), a media xornada, como persoal laboral temporal do concello de O Vicedo, e encargado da aula CEMIT.
Poden consultar as bases e descargar a instancia de solicitude no seguinte enlace:
http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3   (pinchar en emprego público, apartado taboleiro de anuncios).


Según aparece nas bases de selección a documentación que debe acompañar a instancia de solicitude é:
- Copia compulsada do DNI.
- Copia compulsada da titulación esixida: Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas.
- Copia compulsada da acreditación de estar en posesión do CELGA 4 ou curso de perfeccionamento do galego.
- Acreditación dos méritos en caso de existir, en orixinal ou copia compulsada, de: vida laboral máis contratos de traballo, diplomas dos cursos relacionados co posto e outras titulacións relacionadas co posto de traballo.
Si a documentación se presenta directamente no Concello, deben traer os orixinais e xa se lles fan aquí as copias compulsadas.
Si presentan a solicitude noutro rexistro distinto o do propio Concello, ademáis de todo o anterior, deben de enviar por fax ou correo electrónico, dentro do prazo estipulado, unha copia da solicitude correctamente presentada e datada, según o estipulado nas bases.
O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar desde o día seguinte o da publicación no Boletín oficial da provincia, finaliza o próximo día 3 de marzo de 2014.

martes, 11 de febrero de 2014

CURSOS PREPARATORIOS EXAMES CELGAS DE LINGUA GALEGA


PLAZO DE PREINSCRICIÓN: ATA O 23 DE FEBREIRO




OFERTA DE EMPREGO

ECONOMISTA OU ADMINISTRATIVO para empresa ubicada na Mariña Lucense. Con experiencia no sector da construcción. Imprescindible estar o día en programas de contabilidade, xestión de costes e confección de nóminas e seguros sociais.
Valorase experiencia

Enviar currículum vitae a: economistacurriculum@mundo-r.com

lunes, 10 de febrero de 2014

PROBAS DE LIBRE PARA OBTER O TÍTULO DE BACHILLER

No enlace que aparece a continuación encontrará información sobre a convocatoria de probas para obter o título de bachiller por libre, para maiores de 20 anos:

http://www.edu.xunta.es/web/node/1238

O prazo de inscrición estará aberto do 17 ó 28 de febreiro de 2014.

Si necesita axuda para a solicitude ou máis información pode contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura do Vicedo.

PROBAS DE LIBRE PARA A OBTENCIÓN DO GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA

O venres publicouse no DOG a Resolución que convoca as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de dezaoito anos. Os exames serán o 23 de maio e o 11 setembro de 2014, e os períodos de inscríción para cada unha das convocatorias serán: do 24 de marzo ao 4 de abril de 2014, e do 1 ao 10 de xullo de 2014, respectivamente.


Requisitos para poder participar:
- Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro declarado equivalente.
- Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
- Non estaren matriculados de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, na educación secundaria para persoas adultas ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.
O alumnado de educación secundaria para persoas adultas poderá participar nas probas se presenta a renuncia ao dereito a ser avaliado pola matrícula oficial ante a dirección do centro no que está matriculado.

Pode atopar toda a información relacionada coa proba na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/web/node/1238

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha TRABALLADOR/-A SOCIAL, a xornada completa, durante tres meses, sendo a data de inicio prevista o día 24 de febreiro de 2014.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 19 de febreiro, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura do Vicedo

miércoles, 5 de febrero de 2014

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA PARA A APERTURA DE NOVOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS



¿QUEN PODE SOLICITAR?

Comerciantes minoristas que:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.

b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE nº 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

c) Estar dado de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II. A data de alta no imposto de actividades económicas ten que estar comprendida entre o 1 de novembro de 2013 e o 30 de xuño de 2014, ambos incluídos, e considerarase para todos os efectos como data de inicio da actividade.

d) Que figure inscrito no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.



¿QUE SE SUBVENCIONA E CANTO?

Considéranse actuacións subvencionables sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de novembro de 2013 ata a data límite de xustificación, 10 de novembro de 2014, a adquisición de:
1) Acondicionamento do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 m². Non será de aplicación esta limitación de superficie para as actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1. Esta actuación será subvencionable na superficie comercial dedicada á venda.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 12.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
2) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda. Quedan excluídos neste punto, os equipamentos informáticos, impresoras, televisións, monitores, sistemas de alarma ou similares.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
3) Investimentos en tecnoloxías da información e da comunicación: terminais de punto de venda (TPV integrado), paquetes de software de xestión comercial e páxinas web comerciais.

As páxinas web deberán dispor de navegación por menús e conter como mínimo páxinas de presentación da empresa, detalle da actividade comercial realizada, localización do establecemento comercial, contacto e información dos produtos que oferta.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 2.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
Non serán subvencionables os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.

En ningún caso os solicitantes poderán superar polo conxunto de subvencións a que
concorran o límite máximo de investimento subvencionable de 20.000,00 euros, IVE excluído.

FIN PRAZO SOLICITUDE: 30/06/2014.



lunes, 3 de febrero de 2014

OFERTA DE EMPREGO

 Un centro de investigación de Vigo ofrece 50 postos de traballo para estudiantes de doutorado,
 enxeñeiros e doutores na área de tecnoloxías da información e telecomunicacións.

 Máis información:

http://atlanttic.uvigo.es/oferta-de-empleo-open-research-positions-at-atlanttic-research-center/