jueves, 29 de agosto de 2013

AXUDAS A EMPRENDEDORES

O día 22 de agosto no Diario Oficial de Galicia a Consellería de Traballo e Benestar convocou axudas para a Promoción do emprego autónomo, para todas aquelas persoas que se deron de alta como traballadores autónomos a partir do 11 de setembro do 2012 e ata o 30 de setembro do 2013.
Para máis información. Pinchar aquí:
http://traballo.xunta.es/axudas-e-subvencions?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_N7Md&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-3&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_N7Md_content=%2Fopencms%2FTraballo%2FContidos%2FAxudas%2Faxuda_0071.html&category=Tipos_enumerados/Tipo_Axuda/Estado/En_Prazo/

Ademáis tamén nese boletín se publicaron axudas para sociedades limitadas, etc. creadas a partir do 1 de outubro do 2012 e ata o 30 de setembro do 2013.
Para máis información. Pinchar aquí:


http://traballo.xunta.es/axudas-e-subvencions?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_N7Md&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-3&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_N7Md_content=%2Fopencms%2FTraballo%2FContidos%2FAxudas%2Faxuda_0070.html&category=Tipos_enumerados/Tipo_Axuda/Estado/En_Prazo/

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello de O Vicedo, as bases para a selección mediante concurso-oposición, dun peón de recollida de lixo, como persoal laboral temporal, a xornada completa.
O prazo de presentación de instancias está aberto desde o día da data ata o 10 de setembro de 2013, ás 9:30, sendo a selección ese mismo día a partir das 13:00 horas, na casa do concello.
Para máis información e solicitudes pasar polo concello.

miércoles, 21 de agosto de 2013

OBRADOIRO DE EMPREGO

Está previsto proximamente por en funcionamento un Obradoiro de emprego conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Río Sor". O número de alumnos/-as participantes é de 20, correspondendo 10 a este concello e distribuidos do seguinte xeito:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 5 persoas.
- Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes: 5 persoas.

Os candidatos deberán de ser maiores de 18 anos e estar inscritos como desempregados na oficina de emprego de Viveiro e carecer de ocupación nese momento. Ademáis doutros requisitos que poden establecerse nas bases de selección.

Os interesados deben pasar pola oficina de emprego para inscribirse especificamente para Obradoiros de emprego.

Ademáis, contratarase a un director, tres monitores (dous de xardinería e  un de atención sociosanitaria a persoas no domicilio) e un administrativo a media xornada.

Para máis información, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar o 982590195






martes, 20 de agosto de 2013

OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro de participación social de Ortigueira- Antigo Hospital de San Roque.

DATA: 16 de setembro de 2013.

HORARIO: 16:30-20:30 horas.

OBRIGATORIO INSCRIBIRSE EN: CIM Ortigueira/ Tfno. Centralita Concello: 981 400000.

Entrégase certificado acreditativo ás persoas inscritas que asistan ao obradoiro.

OBXECTIVOS: Adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos.

viernes, 2 de agosto de 2013

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha TRABALLADOR/-A SOCIAL, a xornada completa, durante seis meses, sendo a data de inicio prevista o día 22 de agosto de 2013.


O prazo de inscrición remata o vindeiro día 20 de agosto, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace poden consultar as bases e obter a instancia de solicitude (apartado Emprego público):


Documentación a aportar coa solicitude:
- Fotocopia do DNI.
- Fotocopia da titulación requerida.
- Si é o caso, vida laboral.
- Si é o caso, fotocopia de contratos laborais en postos similares.
Deben traer os orixinais para ser fotocopiados en estas oficinas municipais