miércoles, 28 de febrero de 2018

OFERTA DE EMPREGO



Nome da Empresa: Domusvi Viveiro
Correo electrónico: supervision.viveiro@domusvi.es
Teléfono: 982570354

PERFIL:
Posto de traballo a cubrir: XEROCULTOR/A
Duración e tipo de contrato: 3 MESES
Requisitos para o posto: Algunha destas titulacións:
– Ciclo medio en Atención sociosanitaria.
– Ciclo de auxiliar de enfermería
– Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
Experiencia: Non é necesaria

martes, 27 de febrero de 2018

CONVOCATORIA COMPETENCIAS CLAVE



RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación (código do procedemento TR306A). DOGA 26/02/2018

Obxecto: convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego.
Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes
competencias clave:
• Comunicación en lingua galega.
• Comunicación en lingua castelá.
• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
• Competencia matemática.
As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das
26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3 son competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega. A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira e que se especifican no anexo VI desta resolución.
Exencións e validacións ás probas de avaliación: No caso da competencia de comunicación en lingua galega, estarán exentos de presentarse a esta proba as persoas que cumpran algún dos requisitos establecidos no anexo IV.
No anexo V desta resolución establécense as validacións por ter superados estudos
regrados e probas do sistema educativo para as competencias clave que se convocan.

Solicitude: mediante o anexo I.
Prazo: do 27 de febreiro ata o 23 de marzo de 2018.

O/a candidato/a realizará unha proba por cada unha das competencias clave convocadas nas cales se inscribise. A duración da proba en cada competencia clave é dunha hora.
Publicación da lista definitiva de admitidos: 9 de maio de 2018
Realización das probas: sábado día 12 de maio de 2018

viernes, 16 de febrero de 2018

OFERTA EMPREGO



Están expostas no taboleiro de anuncios do concello do Vicedo, as bases para a selección mediante concurso-oposición, de un peón de recollida de lixo, como persoal laboral temporal, por un período de seis meses, a xornada completa, sendo a data de inicio prevista 14 de marzo de 2018.
 
 O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o día 20 de febreiro de 2018, ata ás 15 horas do día 1 de marzo de 2018. A selección realizaráse o próximo día 06 de marzo de 2018, ás 10:00 horas, na casa consistorial.
 
 Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello. Tlf. 982590195/982590029. Tamén se poden consultar as bases no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

OFERTAS DE EMPREGO

Proximamente publícarase no BOP de Lugo o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dous PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS, polo período de seis meses, subvencionados ao abeiro do Plan provincial único de cooperación cos concellos 2017, "Programa Depuemprego 2017", da Excma. Deputación de Lugo.

Está previsto que o prazo de solicitude se abra para o 6 de marzo de 2018, de tódolos xeitos no momento que se confirme a apertura do prazo anunciarase de novo neste blog.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver tódolas publicacións)

jueves, 15 de febrero de 2018

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE CARNÉS PROFESIONAIS E HABILITACIÓNS PORFESIONAIS



Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: ORDE do 1 de febreiro de 2018 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2018. DOGA 15/02/2018.

Obxecto: realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2018 nas seguintes especialidades:
Carnés profesionais:– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios. – Carné profesional de operador/a de guindastre torre. – Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A. – Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
Habilitacións profesionais: – Operador/a industrial de caldeiras. – Instalador/a de gas, categoría A. – Instalador/a de gas, categoría B. – Instalador/a de gas, categoría C. – Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I. – Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II. – Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III. – Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados. – Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados. – Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados. – Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

Solicitudes: As persoas aspirantes deberán solicitar a súa admisión ás probas mediante instancia, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde. No caso de teren interese na obtención de máis dun carné profesional ou habilitación profesional, presentarán unha solicitude por cada un deles, xunto coa correspondente documentación xustificativa. Xunto coa solicitude, deberase presentar xustificante de autoliquidación de taxas (importe de 39,14 euros).

Prazo:  1. Para a convocatoria ordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 ao día 14 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos. 2. Para a convocatoria extraordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 2 ao día 13 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

OFERTA EMPREGO

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (32  horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 7 de  marzo, e por un período de seis meses.



O prazo de inscrición remata o vindeiro día 26 de febreiro, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 28 de febreiro de 2018, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

miércoles, 14 de febrero de 2018

OFERTA DE EMPREGO

No BOP de Lugo de 14/02/2018 publicase a convocatoria do anuncio das bases para a selección, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (30 horas/semana), con contrato de interinidade e adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 1 de marzo , e a de fin a incorporación da presoa que sustitúe.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 21 de febreiro, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 28 de febreiro de 2018, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

OFERTAS EMPREGO



MURAS:  OFERTA DE PRAZA DE ADMINISTRATIVO, PLAN ÚNICO PROVINCIAL. Bop Lugo 10/02/2018 http://www.deputacionlugo.org/

Viveiro: TÉCNICO EN INFORMÁTICA, DUN ELECTRICISTA, DE DOUS PINTORES E DE TRES PEÓNS con carácter temporal, para prestar servizos no Concello de Viveiro. Bop Lugo 12/02/2018. http://www.deputacionlugo.org/





jueves, 8 de febrero de 2018

CURSOS PREPARATORIOS CELGAS



Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).DOGA 06/02/2018.

OBXECTO: Convocar cursos Celga de nivel 1,2 3 e 4. Son cursos preparatorios para as probas de obtención do certificado, pero NON se obtén o certificado por facer o curso. 

Convócanse dúas modalidades:
-      Presencial: Celga 2, Celga3 e Celga 4. (consultar localidades, datas e horarios no anexo II)
-      Teleformación: Celga 1 e Celga 4. (consultar datas no anexo II)

REQUISITOS: Ser maior de 16 anos ou cumprilos no ano 2018.

SOLICITUDE: Anexo I e certificado de discapacidade se é o caso.  

PRAZO solicitude: do 7 ao 26 de febreiro de 2018.