miércoles, 26 de junio de 2013

AXUDAS CONTRATACIÓN PARA EMPRESAS

A Consellería de Traballo e Benestar publicou varias ordes de subvención  para a contratación indefinida inicial de traballadores, transformación de contratos temporais en indefinidos ou contratacións temporais de colectivos en risco de exclusión social.

Para as contratacións realizadas antes da saída destas ordes o prazo de presentación de solicitudes é dun mes, polo tanto para algunhas remata o 6 de xullo e para outras o 12 de xullo.

Para máis información:

Tamén pasando pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.


jueves, 20 de junio de 2013

CURSO DE FORMACIÓN

Autoescuela Mundial en O Vicedo organizar un curso AFD de CONDUCTOR DE CAMIÓN, dirixido prioritariamente a persoas desempregadas.

Os interesados deben dirixirse directamente a oficina de emprego de Viveiro ou si desexan máis información poden solicitala na propia autoescuela.

OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo vai presentar no día de hoxe unha oferta na oficina de emprego de Viveiro, para a contratación de 6 SOCORRISTAS, subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar a través dos chamados "Programas de cooperación".

Requisito imprescindible estar desempregado e inscrito na oficina de emprego de Viveiro, e carecer de ocupación según informe de vida laboral.

Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura


lunes, 17 de junio de 2013

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello de O Vicedo, as bases para de selección para a contratación laboral temporal, mediante oposición, de  UN INFORMADOR/-A DE TURISMO, con categoría de auxiliar, desde o 01 de xullo ata o 31 de agosto.

O prazo de solicitude remata o día 26 de xuño, ás 9:30 horas.

Para máis información e solicitudes: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 10 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPACIOS NATURAIS, a media xornada, para a tempada de verán/2013, do 1 de xullo o 31 de agosto.


Algúns requisitos que deben cumprir os candidatos son:

- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión do certificado de estudios primarios ou certificado de escolaridade.

Todos os requisitos anteriores deberán posuírse o día en que remate o prazo de presentación de instancias e deberán presentarse coa solicitude (DNI e xustificante de estudios realizados).

O prazo de solicitude remata o próximo día 26 de xuño, ás 9:30 horas, celebrándose ese mesmo día o proceso selectivo a partir das 10:00 horas na Casa da Cultura.

Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.



lunes, 10 de junio de 2013

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 5 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPACIOS NATURAIS, a xornada completa, sendo a data de inicio o 20 de xuño e a de término o 30 de setembro.


Algúns dos requisitos que deben cumprir os candidatos son:

- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.

- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.

- Estar en posesión do certificado de estudios primarios ou certificado de escolaridade.

O prazo de solicitude remata o próximo día 18 de xuño, ás 9:30 horas, celebrándose ese mesmo día o proceso selectivo a partir das 10:00 horas.

Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo selecciona persoal para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais para a temporada de verán/2013. A duración do contrato é de tres meses con data de inicio prevista para o 01 de xullo.

Os postos de traballo convocados son:

- 3 PEÓNS DE  PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
- 1 PEÓN CONDUCTOR DE PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
- 1 XEFE DE BRIGADA.

Para  os postos de peón e peón-conductor están publicadas as bases de selección e aberto o prazo de inscrición ata o día 18 de xuño, ás 9:30 horas.

A oferta de xefe de brigada tramítase a través da oficina de emprego, polo tanto ademáis de cumplir os requisitos de titulación haberá que estar inscrito como demandante de emprego na oficina de Viveiro.

Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.





OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo selecciona TRES CONDUCTORES PARA A MOTOBOMBA para a temporada de verán/2013. A duración do contrato é de tres meses e medio con data de inicio prevista para o 01 de xullo.

Algúns dos requisitos que deben cumprir os candidatos son:

- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión do certificado de estudios primarios ou certificado de escolaridade.
- Estar en posesión do carné de conducir tipo C, e de ser o caso, certificado de aptitude profesional (CAP).

O prazo de solicitude remata o próximo día 18 de xuño, ás 9:30 horas, celebrándose ese mesmo día o proceso selectivo a partir das 13:00 horas na Casa da Cultura.

Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.



miércoles, 5 de junio de 2013

OFERTAS DE EMPREGO


A empresa pública SEAGA publica unhas bases específicas de contratación para distintas categorías das listas previas.

Para máis información pinchar no seguinte enlace:
http://www.epseaga.com/ofertas_emprego.php

lunes, 3 de junio de 2013

OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo presentou no día de hoxe unha oferta de emprego de AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR na oficina de emprego de Viveiro, para cubrir unha baixa por enfermidade común.

Requisitos imprescindibles: dispoñer de vehículo propio co seu correspondente permiso para os desplazamentos e contar co curso de Auxiliar de axuda a domicilio ou Atención sociosanitaria a persoas en domicilio.

Si estás interasada/o en está oferta é requisito imprescindible estar inscrito na oficina de emprego de Viveiro.