jueves, 29 de febrero de 2024

Oferta de emprego: campaña caballa

Recruiter Eurofirms Viveiro  necesita personal para cubrir vacantes de cara a la campaña de la caballa

Los puestos a cubrir son para una empresa de pescado en Fazouro y San Ciprián en donde se realizarán tareas diversas como trabajos en cadena, embalaje, fileteado de pescado, colocación de cajas, hielo etc. 

Los contratos se realizarán a partir de mediados de marzo, más o menos, ya que depende un poco de cuando se inicie la campaña (aunque si los necesitamos incorporar antes lo haremos). Los horarios suelen ser de 06:00 a 14:00, de 14:00 a 22:00 o de 22:00 a 06:00. La duración no la sabemos asi que será mientras se tenga carga de trabajo.

No es necesaria experiencia pero si ganas, interés y responsabilidad. 

Interesados/-as enviar currículum vitae a: viveiro@eurofirms.com

martes, 27 de febrero de 2024

Cursos reciclaxe socorrismo

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2024 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia. 

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240228/AnuncioO3C2-210224-0001_gl.pdf

viernes, 23 de febrero de 2024

Oferta emprego: educador social para o Concello do Vicedo

Publicadas no taboleiro de edictos e na sede electrónica do Concello do Vicedo, as bases para a selección dun/dunha educador social, a xornada completa, con adscrición o departamento de servizos sociais do Concello do Vicedo

O prazo de solicitude será desde o día 26 de febreiro de 2024 ata o día 6 de marzo de 2024, ambos inclusive.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 

Anuncio proceso selección auxiliar administrativo GALP A Mariña-Ortegal

 


jueves, 22 de febrero de 2024

Lista admitidos/excluídos definitiva para a selección dun/dunha auxiliar de información turística. Programa Reforzo do emprego 2023, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello (pinchar no + para ver tódalas publicacións), pode ver a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista de admitidos e excluídos definitiva para a para a selección dun/dunha AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICAa xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2023", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Recordámoslles que as proba de selección terán lugar todas elas no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo (Casa Cultura), sita en rúa Cidade de Mondoñedo, 23, o día 6 de marzo de 2024, ás 10:00 horas.

lunes, 19 de febrero de 2024

Lista admitidos/excluídos para a selección dun/dunha auxiliar de información turística. Programa Reforzo do emprego 2023, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello (pinchar no + para ver tódalas publicacións), pode ver a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista de admitidos e excluídos provisionais para a para a selección dun/dunha AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICAa xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2023", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Recordámoslles que as proba de selección terán lugar todas elas no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo (Casa Cultura), sita en rúa Cidade de Mondoñedo, 23, o día 6 de marzo de 2024, ás 10:00 horas.

Segundo se establece na resolución os excluídos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 20 e 21 de febreiro para efectuar as alegacións que estimen oportunas ou corrixir, no seu caso, os erros que proceda.

viernes, 16 de febrero de 2024

Convocatoria de cursos preparatorios dos Celga presenciais e online

RESOLUCIÓN de 6 de febrero de 2024, de la Secretaría General de Política Lingüística, por la que se anuncia, con carácter voluntario y gratuito, la convocatoria de cursos de lengua gallega preparatorios de las pruebas para obtener los certificados de lengua gallega Celga 2, Celga 3 y Celga 4.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240216/AnuncioG0655-070224-0003_es.html

jueves, 15 de febrero de 2024

Correccións de erros e modificación de tribunal

Publicadas no día de hoxe modificación no tribunal de selección dun/dunha auxiliar administrativo, a xornada parcial (15 horas/semana) e corrección erros lista provisional elevada a definitiva selección peón servizos múltiples. Programa reforzo do emprego 2023.

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

miércoles, 14 de febrero de 2024

Listas admitidos/excluídos provisional elevada a definitiva para as seleccións de dous peóns de mantemento de zonas naturais e un peón de servizos múltiples. Programa Reforzo do emprego 2023, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello (pinchar no + para ver tódalas publicacións), poden verse as resolucións da alcaldía polas que se aproban as listas de admitidos e excluídos provisionais elevadas a definitiva para a para a selección de: DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e  UN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLESa xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2023", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

As probas de selección terán lugar todas elas no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo (Casa Cultura), sita en rúa Cidade de Mondoñedo,  o día 21 de febreiro de 2024, nas horas que a continuación se indican :

- Para os dous peóns de mantemento de zonas naturais, ás 10:00 horas.

- Para o posto de peón de servizos múltiples, ás 11:00 horas.


viernes, 9 de febrero de 2024

Publicadas as actas de selección do proceso de estabilización para as prazas de: peón-condutor, peón recollida de lixo, limpadora casa da cultura e outros e limpadora casa do concello e outros.

Publicadas na sede electrónico co concello do Vicedo e no taboleiro de edictos, as actas de selección dos procesos de estabilización das seguintes prazas, convocadas polo sistema de concurso:

- PEÓN-CONDUTOR.

- PEÓN RECOLLIDA LIXO.

- LIMPADORA CASA CULTARA E OUTROS.

- LIMPADORA CASA DO CONCELLO E OUTROS.

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board 

jueves, 8 de febrero de 2024

Axudas para o uso de enerxías renovables no sector residencial

 RESOLUCIÓN de 29 de enero de 2024 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de subvenciones en régimen de concurrencia competitiva, para proyectos de energías renovables de uso térmico en el sector residencial, en ámbitos no urbanos, así como la selección de las entidades colaboradoras que participarán en su gestión, y se procede a la convocatoria para el año 2024, cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Rural (Feader) en el marco del Plan estratégico de la PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedimiento IN421H e IN421P).

RESOLUCIÓN de 29 de enero de 2024 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de subvenciones en régimen de concurrencia competitiva, para proyectos de energía fotovoltaica en el sector residencial, en ámbitos no urbanos, así como la selección de las entidades colaboradoras que participarán en su gestión, y se procede a su convocatoria para el año 2024, cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Rural (Feader) en el marco del Plan estratégico de la PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedimiento IN421N e IN421O).

Máis información: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2024/20240209/Secciones2_es.html

lunes, 5 de febrero de 2024

Axudas o investimentos para empresas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

 Orde do 16 de xaneiro de 2024 da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede a súa convocatoria para a anualidade 2024 (código procedemento TR880A). DOGA DO 05 DE FEBREIRO DE 2024

Persoas Beneficiarias: traballadores autónomos e pequenas e medianas empresas, incluindo cooperativas e sociedades laboráis, que se encontren de alta e iniciasen a súa actividade desde o 1 de xaneiro de 2022

Que se subvenciona:

Os investimentos deberán ser realizados e pagados entre o 30 de setembro de 2023 e a data de presentación da solicitude. Son subvencionables:

-      Equipamento informático.

-      Activos intanxibles.

-      Inversións en eficiencia enerxética.

-      Adquisición de bens de equipo e mobiliario.

-      Reforma e rehabilitación das instalación do local de negocio.

-      Gastos notariales e/ou rexitrales.

-      Gastos de alquiler de inmobles para a realización da actividade.

-      Adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou bens de equipo de segunda man sempre que se cumplan determinadas condicións.

 

O importe mínimo das facturas a tener en conta é 300 euros, IVE excluido.

Existe a obriga de manter os bens un período mínimo de dous anos, ou cinco si son bens inscritibles nun rexistro público, e tamén manter durante dous anos desde a resolución da concesión, a actividade e a forma xurídica.

 Importe: dependerá da cuantía da inversión:

-      Entre 5.000 e 10.000 euros: 60%.

-      Entre 10.001 e 30.000 euros: 50%

-      Entre 30.001 e 50.000 euros: 40%

-      Entre 50.001 e 100.000 euros: 30%

 

Prazo e lugar presentación solicitudes: iniciase o día 12 de febreiro 2024 e finaliza o 28 de xuño de 2024 ou ata o esgotamento do crédito. A presentación debe ser obrigatoriamente por medios electrónicos e a orde de resolución é por orde de entrada con expediente completo.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchando no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240205/AnuncioG0656-160124-0003_es.html

Obradoiros informativos sobre as axudas dos GALP

Trala RECENTE publicación da convocatoria de axudas a proxectos produtivos e non produtivos dos GALP o 31/01/2024, na que se establece o prazo de 1 mes para presentar as solicitudes, podese consultar no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240131/AnuncioG0427-291223-0001_gl.html

Pode resultar do seu interese os próximos obradoiros formativos nos cales se tratará de axudar na presentación de proxectos dando unha visión práctica dotando das ferramentas necesarias para que os proxectos poidan acadar financiamento do FEMPA.

Ortigueira. Centro de Participación Cidadán “Hospital de San Roque”. Mércores 7 de febreiro de 2024. 16 a 19 horas

RibadeoCasa do Viejo Pancho. Xoves 8 de febreiro de 2024. 16 a 19 horas.

viernes, 2 de febrero de 2024

Oferta emprego: auxiliar administrativo a xornada parcial (15 horas/semana)

Publicadas no taboleiro de edictos e na sede electrónica do Concello do Vicedo, as bases para a selección dun/dunha auxiliar administrativo, a xornada parcial (15 horas/semana), para desempeñar as funcións da secretaría do xulgado de paz do Vicedo e outras que lle sexan encomendadas dentro da súa categoría laboral.

O prazo de solicitude comenzará o día 5 de febreiro e finaliza o día 12 de febreiro de 2024. A proba de selección terá lugar o día 16 de febreiro, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 

Axudas a comerciantes minoristas para transformación dixital, innovación e modernización

ORDE do 11 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para  a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal e se procede  a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento CO300C).

Obxecto: subvencións para  a implantación e impulso da estratexia dixital e modernización dos sectores comerciais e artesanais.

Beneficiarios: 

- Comerciantes retallistas con domicilio social radique en Galicia, que non sexan recoñecidos como grande establecemento e que cumpran cos requisitos para exercer a actividade. Que teñan a condición de PEME. Que estean dados de alta na nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionen no anexo II e III. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, debera estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada co anexo II.  Que desenvolva a súa actividade nun establecemento cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE

- Obradoiros artesáns que estean escritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día do prazo establecido para a presentación de solicitudes. 

Solicitudes: estas solicitudes serán presentadas obrigatoriamente por medios electrónicos.

Actuacións subvencionables e importe máximo sen IVE: 

1. Liña de dixitalización, subvención será do 75% tendo en conta en todo caso as inversións máximas subvencionables en función das actuacións e número de empregados. Inclúe implantación e actualización de páxina web con venda e sen venda en liña, mantemento de páxinas web, hardware e lector de códigos de barras, etc.

2. Liña de innovación

3. Liña de modernización. Inclúe entre otras as seguintes actuacións:

- Programa de eficiencia enerxética (portas automáticas, sistemas de iluminación e climatización eficientes...)

- Programa de reformas (obras de reforma e acondicionamento da superficie de venda, actuacións de mellora de fachada e instalación de rótulos, mobiliario auxiliar dirixido a mellora da imaxe comercial, sistemas de videovixilancia dixital...)

- Programa equipamento (compra de primeiro uso de maquinaria, ferramentas ou equipamentos auxiliares de fabricación externa cualificada que teñan relación directa coa actividade ou que melloren o deseño ou a calidade do produto final, etc.)

Non son subvencionables: ordenadores, teléfonos móbiles, televisores, reprodutores de son e imaxe, TPV (agás os establecidos no módulo I); compra de máquinas propias de proceso industrial; compra de máquinas e instrumentos para servizos profesionais; adquisición de mobiliario ou gastos relacionados co acondicionamento ou uso do establecemento comercial ou taller artesanal, materias primas para actividades artesanal; investimentos non relacionados coa realización da actuación subvencionable.

Cuantía da axuda: será do 60%. Inversión máxima subvencionable en función das actuacións e superficie de exposición e venda.

Prazo presentación de solicitudes: do 03/02/2024 00:00 ata o 04/03/2024, ás 23:59 horas.

Destacar: consideraranse subvencionables as actuaciós previstas no artigo 4 das bases, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de decembro de 2023 ata a data limite de xustificación establecida no artigo 22 (30 de setembro de 2024). A obriga de manter as inversións subvencionables por un período mínimo de 2 anos.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchando nos seguintes enlaces:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240202/AnuncioG0692-110124-0004_gl.pdf

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=CO300C


jueves, 1 de febrero de 2024

Programa "Y para vivir Lugo" da Deputación provincial de Lugo (creación dunha bolsa de vivendas en aluguer)

Este programa promove a creación dunha bolsa de aluguer de vivendas privadas rurais, nos concellos piloto de A Fonsagrada, O Valadouro e Xermade, representativos das comarcas da montaña, A Mariña e a Terra Chá, sen prexuízo de que poda extenderse ó resto de concellos da provincia de Lugo que conten con menos de 5.000 habitantes.

Desta forma, os propietarios ou usufructuarios das vivendas, sen ánimo de lucro, poderán beneficiarse dunha axuda por contía de 600,00 euros, por cada inmoble que se poña a disposición da bolsa de aluguer cun período de permanencia de 3 anos.

Para axudar ós novos inquilinos, unha vez materializado o contrato de arrendamento, os arrendadores teñen a obriga de rebaixar o importe da primeira mensualidade ó 50% para atenuar os gastos que implica o cambio de residencia. En total serán 50 axudas económicas.

Prazo de solicitude: dende o día 1.02.2024 ata o 29.02.2024

Máis información: 

https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/emprego/yparavivirlugo

https://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/31-01-2024.pdf#page=1

Axudas para proxectos. Grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)

Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2024, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE155A)

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas, entre outros, as pequenas e medianas empresas e persoas traballadores autónomos

Os proxectos e as actuacións subvencionables deberán acadar algún dos obxectivos indicados a continuación:

a) Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaría do territorio.

b) Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.

c) Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.

d) Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.

e) Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.

Prazo presentación solicitudes: 01/02/2024-29/02/2024 

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou no GALP A Mariña-Ortegal, tamén nos seguintes enlaces

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE155A

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240131/AnuncioG0427-291223-0001_gl.html

https://galp.xunta.gal/como-presentar