No DOG de hoxe o IGAPE convoca varias axudas, entre elas esta para emprendedores:
Requisitos principais do proxecto
1.- Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras, entre eles:a) Non teñan comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
b) Presenten un custo subvencionable superior a 25.000 euros e non superior a 150.000 euros, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión.
c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.
2.- Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda. Considerarase que non se cumpre esta condición cando unha persoa no momento da solicitude figure de alta no RETA cunha antigüidade superior a 42 meses ou teña unha participación igual ou superior ao 25% noutra sociedade mercantil.
Máis información:
http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP273