martes, 18 de diciembre de 2018

PROCEDEMENTO DE ACREDITACIÓN COMPETENCIAS PROFESIONAIS

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ORDE do 4 de decembro de 2018. DOGA 14/12/2018. 
Obxecto: realizar a convocatoria e establecer o procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a tra­vés da experiencia laboral ou de vías non formais de formación (código do procedemen­to ED517B), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia ao abeiro do Real decre­to 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral, mediante a acreditación de unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Familias profesionais que se convocan:
  • Administración e xestión: (cualificación profesional: Actividades administrativas na relación coa clientela; Actividades de xestión administrativa; xestión contable e de auditoría; Administración de recursos humanos; xestión financieira; asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas)
  • Agraria: (cualificación profesional:  Instalación de xardíns e zonas verdes; Aproveitamentos forestais; Actividades de floraría; producción de plantas e sementes en viveiro)
  • Comercio e marketing: (cualificación profesional: actividades de venda; Organización e xestión de almacéns; Actividades de xestión de pequeño comercio; Xestión comercial inmobiliaria)
  • Edificación e obra civil: (cualificación profesional: Fábricas de albanelaría; Armaduras pasivas para formigon; Cubricións inclinadas; Encofrados; impermeabilización mediante membranas formadas con láminas; pavimentos e albanelaría de urbanización; revestimentos con pastas e morteiros en construción;  revestimentos con pastas ríxidas por adherencia en construcción; colocación de pedra natural; instalación de placa de xeso laminado e falsos teitos; Instalación de sistemas técnicos de pavimentos, empanelados e anteparos; pintura decorativa en construcción; Revestimentos con pastas e morteiros en construcción; revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construcción; representación de proxectos de edificación; control de proxectos de edificación; control de proxectos e obras de construcción).
  • Electricidade e electrónica: (cualificación profesional: Montaxe e mentemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios; montaxe e mantemento de instalación eléctricas e de baixa tensión; Montaxe  e mantemento de instalacións solares e fotovoltaicas; Montaxe e mantemento de infaestruturas de telecomunicacións en edificios;  montaxe  e mantemento de instalación de megafonía, sonorización de locais e circuito pechado de televisión; montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos; eficiencia enerxética de edificios).
  • Fabricación mecánica: (cualificación profesional: mecanizado por arranque de labra; soldadura; caldeiraría, carpintaría e montaxe de construcións metálicas; fabricación e montaxe de instalación de tubaxe industrial).
  • Hostalaría e turismo: (cualificacións profesionais: cociña; repostaría; pastelaría e confeitaría; servizos de bar e cafetaría; servizos de restaurante; recepción; xestión de pisos e limpeza en aloxamentos; venda de servizos e produtos turísticos; creación e xestión de viaxes combinadas e eventos; promoción turística local e información a visitantes; guía de turistas e visitante).
  • Imaxe e son: (cualificacións profesionais: Asistencia á produción en televisión; asistencia á produción cinematográfica e de obras audiovisuais; asistencia á produción de espectáculos en vivo e eventos).
  • Imaxe persoal: (cualificación profesional: servizos estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe; coidados estéticos de mans e pés;  Peiteado;  Servizos estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe).
  • Industrias alimentarias: (cualificacións profesionais: repostaría; panadaría e volaría; pastelaría e confeitaría).
  • Informática e comunicación; (cualificación profesional: sistemas microinformáticos; montaxe e reparación de sistemas microinformáticos; operación de redes departamentais; operación de sistemas informáticos).
  • Instalación e mantemento: (cualificación profesional: montaxe e mantemento de instalacións frigiríficas; montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación-extracción; montaxe e mantemento de instalación solares térmicas; montaxe posta en servizo,e mantemento e inspección de instalación receptoras de aparellos de gas; montaxe e mantemento de instalacións caloríficas).
  • Madeira, moble e cortiza: (cualificación profesional: mecanizado de madeira e derivados; acabamento de carpintaría e moble; montaxe de mobles e elementos de carpintaría; mecaniado de madeira e derivados; instalación de mobles; montaxe de mobles e elementos de carpintaría; instalación de elementos de carpintaría).
  • Química: (cualifiación profesional: opracións en instalación de enerxía e de servizos auxiliares; opracións de movementos e entrega de produtos na  industria química; ensaios microbiolóxicos e biotecnolóxicos; ensaios físicos e físico-químicos; análise química).
  • Sanidade: (cualificación profesional: transporte sanitario;atención sanitaria a múltiples vítimas e catátrofes; farmacia).
  • Servizos socioculturais  e á comunidade: (cualificación profesional: educación infantil; educación e habilidades de autonomía persoal e social; dinamización comunitaria; inserción laboral de persoas con discapacidade; mediación comunitaria; atención ao alumnado con necesidades educativas especiais en centros educativos;promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade).
  • Textil, confección e pel: (cualificación profesional: reparación de calzado e marroquinaria).
  • Transporte e mantemento de vehículos: (cualifiación profesional: pintura de vehículos; mantemento de estruturas de carrozarias de vehículos; mantemento de elementos non estruturais de carrozarías de vehículos; mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóviles; mantemento de motor e os seus sistemas auxiliares; mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos; mantemento do motor e dos sistemas eléctrico, de seguridade e confortabilidade de maquinaria agrícola, de instrustrias extractivas e de edificación e obra civil; planificación e control da área de carrozaría; planificación e control da área de electromecánica).

Requisitos: a) Posuír a nacionalidade española, atoparse incluído como residente comunitario ou fa­miliar de este, no ámbito da aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobreentrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor. b) Ter feitos, no momento de realizar a inscrición, 18 anos para as unidades de compe­tencia correspondentes a cualificacións de nivel 1, e 20 anos para as unidades de compe­tencia de nivel 2 e 3. c) Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar. c.1) No caso de experiencia laboral, xustificaranse polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas, nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convoca­toria, para unidades de competencia de niveis 2 e 3 e, para unidades de competencia de nivel 1, xustificarán, cando menos, 2 anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total. c.2) No caso de formación, xustificaranse, polo menos, 200 horas para unidades de competencia de nivel 1 ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis 2 e 3, nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Nos casos en que os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que se pretendan acreditar prevexan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes módulos. d) As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nun curso de formación pro­fesional inicial (ordinario ou modular) ou realizando formación profesional para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia nas cales solicita a súa inscrición. Tampouco poderán posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesio­nal ou un certificado de profesionalidade que conteña a/s unidade/s de competencia que solicita, nin as súas equivalentes ou a acreditación parcial das unidades de competencia que solicita. Ademais, non poderán estar inscritas noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional, ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita. Para todo isto, presen­tarán declaración responsable que farán constar na solicitude. As persoas maiores de 25 anos que cumpran os requisitos de experiencia laboral ou formativa indicados na línea anterior e que non poidan xustificalos mediante os documen­tos sinalados, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento, sempre ecando presenten a xustificación mediante algunha proba admitida en dereito, da súa expe­riencia laboral ou das aprendizaxes non formais de formación. A comisión de coordinación recollida no artigo 5 da presente orde será a encargada de estudar estes casos, e emitirá un informe sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procede­mento. Se o informe é positivo, procederase á súa inscrición definitiva como solicitante na correspondente sede.
Solicitudes: A solicitude de participación no procedemento deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu. xunta.es/acreditacion desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pon á disposición das persoas solicitantes os medios técnicos e humanos suficientes no sentido do que es­tablece o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo co­mún das administracións públicas, como xustificación da obrigatoriedade de presentar as solicitudes exclusivamente por medios electrónicos. Os solicitantes que o necesiten serán asistidos en calquera centro educativo con formación profesional. As persoas que non posúan DNI, NIE ou certificado electrónico aceptado pola sede electrónica da Xunta de Galicia, deberán xerar e imprimir a solicitude desde a aplicación informática e presentala, xunto coa documentación establecida no artigo 8.2, na secretaría do centro integrado de formación profesional (CIFP) onde se vaia desenvolver o procede­mento segundo o recollido no anexo II desta orde. Para o caso de enviarse por correo, o envío da solicitude, deberá ser certificado, co selo de Correos no encabezamento da primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á finalización do prazo de presentación. Deberase xuntar copia compul­sada da documentación que se precise.

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será desde o 14 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.

Outros: Cada participante presentará unha única solicitude. Poderá elixir unha ou varias unidades de competencia das que se convocan, sempre que estean incluídas nun mesmo ciclo formativo e se desenvolvan nunha mesma sede.

Para ter dereito a participar nas fases de asesoramento e avaliación, a persoa candidata admitida ao procedemento terá que formalizar o pagamento das taxas correspondentes previamente á realización de cada unha das fases. Taxa da fase de asesoramento: 20,40 euros.Taxa da fase de avaliación: 10,20 euros por cada unha das unidades de competencia en que solicite a súa avaliación. Estarán exentas do pagamento de taxas as persoas que no momento de iniciárense as sesións de asesoramento e avaliación, figuren como desempregadas, así como aquelas persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

lunes, 17 de diciembre de 2018

PROCEDEMENTO RECOÑECEMENTO EXPERIENCIA PROFESIONAL

Esta orde ten por obxecto convocar, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación (código do procedemento: TR305A) para un total de 467 prazas, nas unidades de competencia que se indica no anexo I e cun total de 1.818 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:

• Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas.
• Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 25 prazas.
• Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 150 prazas.
• Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA 595_2): 242 prazas, das cales:
– 122 prazas da lista definitiva de persoas en lista de espera (Orde do 30 de decembro de 2016).
– 120 novas prazas.

A QUEN VAI DIRIXIDO?: Persoas traballadoras asaliaradas, autónomas ou por conta propia, voluntarias ou bolseiras.

REQUISITOS:

1. As persoas que desexen participar no procedemento deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española; estar incluído, como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
b) Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.
c) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
1º. No caso de experiencia laboral: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
2º. No caso de formación non formal: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberán acreditarse as horas establecidas nestes.
d) Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular, ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
e) Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/das unidade/s de competencia que solicita.
f) Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.
2. As persoas candidatas, maiores de 25 anos, que reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación indicados no punto anterior, e que non os poidan xustificar mediante os documentos sinalados no artigo 8 desta orde, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento. Deberán presentar xustificación mediante algunha proba admitida en dereito da súa experiencia laboral e/ou aprendizaxe non formal de formación.

Segundo o establecido no artigo 11.2 do Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, para estudar estes casos, a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral designará os asesores e asesoras necesarios, que emitirán un informe sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procedemento. Se o informe é positivo, procederase á súa inscrición definitiva.

PRAZO SOLICITUDE: 13/12/2018-04/01/2019


viernes, 14 de diciembre de 2018

Programa Integrado de Emprego 2018-2019 “Avanza na Mariña Lucense II”



A Mancomunidade de concellos da Mariña Lucense solicitou a concesión dunha subvención para a posta en práctica de programas integrados de Emprego de Galicia durante os anos 2018- 2019 ao abeiro da Orde do 31 de maio de 2018 (DOG núm. 118, do 21 de xuño de 2018).

A este Programa Integrado de Emprego, denominado Avanza na Mariña Lucense II, foille concedida unha subvención de 250.000 € por Resolución do Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral do 26 de outubro de 2018.

Este programa está dirixido á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego medianta a súa posta en marcha con intermediación laboral, no ámbito dos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Foz, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro, durante un período de 12 meses, dirixido a 100 persoas de todos eses concellos e dos seguintes colectivos:

·         Persoas con discapacidade: 5
·         Persoas desempregadas en risco de exclusión social: 5
·         Mulleres desempregadas vítimas de violencia de xénero: 3
·         Mulleres desempregadas: 15
·         Menores de 30 anos de baixa cualificación: 35
·         Desempregados de longa duración:10
·         Persoas beneficiarias de axuda do programa de recualificación profesional (PREPARA): 5
·         Persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renta activa de inserción: 10
·         Persoas maiores de 45 anos: 12

Os sectores implicados serán principalmente o sector servizos e agrario:

·         Familia de Hostalaría e Turismo (Operacións básicas de restaurante- bar).
·         Familia Agraria (Agricultura Ecolóxica, Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes e Operación Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes).
·         Familia de Servizos Socioculturais e á Comunidade.( Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais).

Incluiranse actividades formativas complementarias como as relacionadas co aprendizaxe e fomento de habilidades de busca de emprego ou o fomento do uso das tecnoloxías informáticas e telemáticas en relación co acceso ó emprego: informática, internet, páxinas web..., idiomas. Incluiranse charlas informativas sobre xénero e igualdade de oportunidades. Reforzarase con técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego tanto por conta propia como allea, fomentando as habilidades sociolaborais con obradoiros de entrevista e de capacidade emprendedora. Tamén haberá obradoiros sobre mobilidade laboral facendo fincapé na REDE EURES e na prospección empresarial tanto dentro como fora do propio concello de residencia dos demandantes.

Tamén haberá unha formación específica:

·         Operacións básica de restaurante – bar                                                    280 horas
·         Agricultura ecolóxica                                                                               280 horas
·         Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes                               280 horas
·         Operación Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes                  280 horas
·         Atención sociosanitaria a persoas dependentes en
institucións sociais con certificado de profesionalidade                           450 horas
En todas estas accións formativas inclúese unha parte de prácticas profesionais en empresa do sector vinculado coa formación de 80 horas de duración, durante as cales se realizará un seguimento do alumnado por parte dos docentes.

Este programa ten como obxectivo a inserción laboral do 35% dos candidatos incluídos no mesmo, é dicir, como mínimo plantéxase insertar a 35 persoas, ben por conta propia (como autónomos que  manteñan a súa alta na seguridade social durante un período mínimo de 6 meses) ou por conta allea (cun contrato mínimo de 3 meses), e por iso se contempla a realización de labores de intermediación empresarial como outro aspecto fundamental, establecendo contacto con empresas dos concellos da zona para fomentar a contratación do participantes do programa.

As persoas dos concellos incluídos neste programa e que estean interesadas en participar poden contactar cos Axentes de Emprego dos seus concellos ou directamente coa Mancomunidade de concellos da Mariña Lucense que está ubicada no concello de Barreiros.


domingo, 2 de diciembre de 2018

OFERTA DE EMPREGO

Necesitan RECEPCIONISTA para Hotel Urban en Viveiro. Interesados enviar currículum vitae a administracion@urbanviveiro.es

jueves, 29 de noviembre de 2018

CURSO PARA CUIDADORES

Curso para cuidadores sobre atención al paciente inmovilizado
Dia 4 de diciembre, martes
De 16:30 a 17:30
Centro de salud de viveiro
Interesados enviar nombre, apellidos y dni a: sabela.taboadela.pernas@hotmail.com

miércoles, 28 de noviembre de 2018

OFERTAS DE EMPREGO

No BOP de Lugo do día 23/11/2018 poden consultar distintas convocatorias de persoal, incluida unha para a contratación en prácticas: http://www.deputacionlugo.gal/boletin-oficial-da-provincia-de-lugo/bop

ACTA SELECCIÓN ADMINISTRATIVO FUNCIONARIO INTERINO

Publicada na sede electrónica do concello do Vicedo acta da selección para o nomeamento como funcionario interino dun administrativo, dentro do programa: fomento do emprego do plan provincial único de cooperación cos concellos 2018, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 23 de noviembre de 2018

LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS EXCLUIDOS ADMINISTRATIVO

Publicouse no día de hoxe 23/11/2018 a lista de admitidos e excluidos definitiva  en relación coas bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2018", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.


As probas e valoración de méritos terán lugar o día 27 de novembro de 2018, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).


Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: 
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info. 

martes, 20 de noviembre de 2018

COMISIÓN AVALIADORA DOCENTES CURSOS AFD

Publicada na web municipal a comisión avaliadora para proceder ó nomeamento, con carácter de urxencia, polo sistema de concurso, dos postos de traballo de docentes necesarios para impartir os módulos formativos (incluidos os trasversais) e titorías de dous cursos, un en horario de mañá e outro de tarde, da especialidade de Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, da programación AFD, exercicio 2018 e 2019.

Recordarvos que como aparece nas bases da convocatoria, a baremación de méritos e entrevista curricular terá lugar o sexto día natural a contar desde a finalización do prazo de solicitudes, ás 10:00 h. na casa do concello (o sexto día sería o 25 pero como é domingo pasaría o luns 26 de novembro).

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR@, par cubrir vacacións, con adscrición ao servizo de limpeza municipal, desde o día 13 de decembro de 2018 ata o 19 de xaneiro de 2019, co mesmo horario das persoas as que sustitúe.

O prazo de inscrición comenzá mañá día 21 de novembro e remata o próximo día 30 de novembro, realizándose o proceso de selección o día 03 de decembro, a partir das 10:00 horas, na Casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. Pode consultar as bases e descargar os anexos para inscribirse no seguinte enlace:http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 19 de noviembre de 2018

LISTA PROVISIONAL DE ADMITICOS E EXCLUIDOS PARA A SELECCIÓN DUN ADMINISTRATIVO

Publicouse no día de hoxe 19/11/2018 a lista de admitidos e excluidos provisional  en relación coas bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2018", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de tres días hábiles, é decir, dos días 20, 21 e 22 de novembro para efectuar as alegacións que estimen oportunas.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 27 de novembro de 2018, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).


Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: 
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (20 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 12 de  decembro, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza mañá día 20/11/2018 e remata o vindeiro día 29 de novembro
. A selección realizarase o día 30 de novembro de 2018, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 15 de noviembre de 2018

PREMIOS EMPRENDEDO NO RURAL da Excma. Deputación provincial de Lugo

No BOP de Lugo de hoxe día 15/11/2018 publícanse as Bases Da Convocatoria dos Premios " EMPRENDENDO NO RURAL"

A finalidade dos premios é a de impulsar iniciativas empresariais, favorecer proxectos novos, excelentes, orixinais e innovadores que promovan fixar poboación, a economía e o emprego no territorio rural, que incorporen  novos modelos de xestión, produtos, sistemas ou servizos que contribúan a xeración de riqueza e calidade de vida na provincia de Lugo.

Os destinatarios dos premios, non terán limitación en canto a idade, debendo cumprir os seguintes requisitos:
·        - Non ter iniciada a actividade económica presentada no proxecto.
·         -Estar empadroado en algún concello da provincia.

As obrigas que adquire o beneficiario dos premios son:
·         Formalizar a iniciativa empresarial con data limite 31 de agosto de 2019 e manter a actividade premiada un prazo mínimo de 2 anos dende a data de inicio de actividade
Tratase de 5 premios de 10.000,00 € cada un.

A solicitude farase de forma telemática no seguinte enderezo http://sede.deputacionlugo.org, contando con 10 días naturais dende a publicación, en dito enderezo tamén se poderá consultar as Bases, ademáis de pinchando en: http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/15-11-2018.pdf#page=1

jueves, 8 de noviembre de 2018

SELECCIÓN MONITORES PARA DOUS CURSOS AFD DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAS


No PROGRESO de hoxe día 08/11/2018 publícase o anuncio da convocatoria para  proceder ó nomeamento, con carácter de urxencia, polo sistema de concurso, dos postos de traballo de docentes necesarios para impartir os módulos formativos (incluidos os trasversais) e titorías de dous cursos, un en horario de mañá e outro de tarde, da especialidade de Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, da programación AFD, exercicio 2018 e 2019, solicitados ao abeiro da Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establece a convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes aos exercicios 2018 e 2019.

O prazo para a presentación das solicitudes será de dez días naturais, a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria nun dos xornais de maior difusión da provincia de Lugo. Polo tanto, comenza mañá día 09/11/2018 e remata o día 19/11/2018 por ser o día 18 de novembro inhábil.


A presentación de solicitudes poderá realizarse no Rexistro xeral do Concello de Vicedo ou en calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Dada o carácter urxente da convocatoria, e para evitar posibles prexuízos para o solicitante, a presentación das instancias por calquera outro medio distinto ao da presentación no Rexistro xeral do Concello de Vicedo, deberá ser comunicada vía fax (número 982590001).



Pode consultar as bases e descargar ás instancias, pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (Apartado taboleiro de anuncios)

miércoles, 31 de octubre de 2018

OFERTA EMPREGO ADMINISTRATIVO. "PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2018"

No BOP de Lugo de hoxe día 31/10/2018 publícanse as bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2018", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.


O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 1 de novembro de 2018 ata o día 12 de novembro de 2018 (por ser o día da finalización do prazo un día inhábil pásase ao seguinte hábil)


Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/31-10-2018.pdf#page=16 , https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 26 de octubre de 2018

CURSOS ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS


O Concello do Vicedo organiza dous cursos de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións Sociais, un en horario de mañá e outro de tarde. Estas acción formativas están dirixidas ás persoas desempregadas e cofinanciadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria  da Xunta de Galica e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Ao finalizar, en caso de superar tódolos módulos, obteríase o correspondente certificado de profesionalidade de nivel 2.  Os  requisitos para poder acceder son: estar desempregado e inscrito no Servizo Público de Emprego é ter unha titulación mínima: ESO, FPI, un certificado de profesionalidade do mesmo nivel,etc.
Como de momento temos prazas vacantes, aquelas persoas interesadas deben chamar canto antes ao concello do Vicedo, ó  teléfono 982590029 ou 982590195.

lunes, 22 de octubre de 2018

AXUDAS PARA ENTIDADES SIN ÁNIMO DE LUCRO QUE REALICEN ACTIVIDADES DE INTERVENCIÓN SOCIAL

A Excma. Deputaicón provincial de Lugo, a través do programa Tecendo Emprego, subvenciona á entidades sen ánimo de lucro, cuxa actividade principal sexa o desenvolvemento de actividades de intervención social e que inclúa a promoción ou realización de accións que melloren as condicións dos colectivos con maiores dificultades, a contratación de desempregados lucenses durante un período de 12 meses para reforzar a súa actividade. As axudas van desde os 18.000 aos 24.000 euros.

O prazo de solicitude finaliza o 2 de novembro.

 

miércoles, 17 de octubre de 2018

OFERTA DE EMPREGO DUN ADMINISTRATIVO COMO FUNCIONARIO INTERINO, DENTRO DO PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO 2018 DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO


Están aprobadas e expostas as bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2018", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscripción será de 10 días naturais contados a partir de dita publicación.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 16 de octubre de 2018

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDAS DO INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO


No DOG de hoxe convócanse polo Instituto Galego de Vivenda e Solo axudas para a adquisición de vivendas:

Persoas beneficiarias

1. Poderán beneficiarse das axudas as persoas físicas maiores de idade que, tendo menos de trinta e cinco anos na data de presentación da correspondente solicitude, reúnan os seguintes requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española ou, no caso de ser estranxeiras, ter a residencia legal en España.
b) Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM.
Este límite será de catro veces o IPREM se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral ou dentro da súa composición existan persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a seguir. O referido límite será de cinco veces o IPREM cando sexa unha familia numerosa de categoría especial ou na súa composición existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:
i) Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
ii) Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
c) Ter subscrito a partir do 1 de xaneiro de 2018 ou estar en condicións de subscribir un contrato de adquisición dunha vivenda que reúna os seguintes requisitos:
– Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data da correspondente convocatoria.
– Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a cen mil euros.
– Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.
d) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de que a adquisición fose realizada con anterioridade á data da publicación da correspondente convocatoria.
e) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como que non se lles teña revogada, ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda prevista neste ou no anterior plan estatal de vivenda, por incumprimento ou causa imputable a aquelas.
g) Que nin a persoa solicitante nin calquera das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por transmisión mortis causa. Exceptuaranse deste requisito aquelas persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten non ter a súa dispoñibilidade por causa de separación ou divorcio, non poidan habitala por calquera outra causa allea á súa vontade ou que a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou de calquera membro da súa unidade de convivencia.

2. No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, cada unha das persoas propietarias deberá cumprir os requisitos sinalados no parágrafo anterior para poder ser beneficiaria da axuda.

Importe:

1. A contía da axuda para a adquisición será de ata dez mil oitocentos euros por vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.
2. No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa propietaria, o importe da axuda que puidese recibir un/unha beneficiario/a que adquira unha parte dela determinarase aplicando, ao importe da axuda que correspondería da adquisición do 100 % da vivenda, a porcentaxe de cota adquirida.

Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), ata o 16 de novembro e rematando, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Máis información: