martes, 27 de julio de 2021

Axudas para a adquisición de vivendas protexidas

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que reúnan os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España.

b) Ser adquirente ou adxudicataria, en primeira transmisión, dunha vivenda protexida, nos termos que determine a correspondente convocatoria.

c) Ter subscrito no período sinalado na correspondente convocatoria un contrato privado de compravenda visado pola área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou, de ser o caso, unha escritura pública de compravenda que conteña as cláusulas obrigatorias derivadas da cualificación definitiva da vivenda.

d) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

e) Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI420C&ano=2021&numpub=1&lang=gl#collapseRequisitos


Subvencións para a mellora da competitividade dos establementos hoteleiros e de restauración

Resolución do 15 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e de restauración que serán susceptibles de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 141 do 26 de xullo de 2021).

Prazo solicitude:  27/07/2021 - 26/08/2021, ou ata o esgotamento do crédito

Máis información:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503B&ano=2021&numpub=1&lang=es

lunes, 26 de julio de 2021

AXUDAS A EMPRESAS PARA A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES/-AS

 AXUDAS A CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA E Á FORMACIÓN DA CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde

Inclúe catro tipos de axudas compatibles:

1. Incentivos á contratación indefinida inicial, por medio da cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

2. Incentivos á contratación temporal, por medio da cal se proporcionará unha subvención para a contratación temporal de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

3. Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos só no caso das persoas mozas, mulleres e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

4. Incentivos á formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial e temporal por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Prazo de solicitude: O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará o día 27/07/2021 e rematará o 30 de setembro de 2021. As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2020 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da publicación desta orde.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento municipal, ou pinchando no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210726/AnuncioG0599-150721-0001_gl.pdf

miércoles, 21 de julio de 2021

Axudas da Consellería de Emprego e Igualdade a pequenas empresas de nova creación

A finalidade deste programa, dirixido as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

Tipos de axuda .

O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:

a) Subvención á xeración de emprego estable.

b) Subvención para formación.

c) Subvención para o inicio da actividade.

d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.


Prazo de solicitude: 21/07/2021 ata o 20/08/2021 ou o esgotamento do crédito. As solicitudes vanse resolvendo por orde de entrada e expediente completo

 

Para máis información pinchar no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR807I


viernes, 16 de julio de 2021

Oferta de emprego de arquitecto superior

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso de méritos, dun/dunha ARQUITECTO SUPERIOR, a xornada parcial (75%), e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza mañá e remata o 26 de xullo, ambos inclusive.

Para máis información e inscricións: pasar pola concello ou pinchar no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info (apartado: taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver toda a información)

Selección de persoal administrativo do GALP A Mariña-Ortegal



 

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS PARA A SELECCIÓN DE DOUS/DÚAS TÉCNICOS/-AS EN EDUCACIÓN INFANTIL PARA O PAI. CURSO ESCOLAR 2021/2022

Está exposta desde o día de hoxe, 16 de xullo de 2021, no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello do Vicedo, apartado taboleiro de anuncios, a lista de admitidos e excluIdos definitiva para a contratación laboral temporal de dous/dúas Técnicos/-as en educación infantil,  para o Punto de atención a infancia.


A proba de selección realizarase o próximo día 23 de xullo de 2021, ás 10:00 h, na Casa da Cultura. R. Cidade de Mondoñedo, 23. 27860 O Vicedo.


Pinche aquí para consultala lista: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público/pinchar no +)

Oferta de emprego: peón de recollida de lixo para cubrir vacacións

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN RECOLLIDA DE LIXO baixo a modalidade de contrato de traballo de interinidade, para cubrir vacacións, a xornada completa, desde o próximo día 9 de agosto ata o 23 de agosto de 2021.

O prazo de inscrición comenza hoxe día 16  e ata o 26 de xullo, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 27 de xullo de 2021, ás 10:00 horas, na casa consistorial.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info (apartado: taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver toda a información)

jueves, 15 de julio de 2021

PROGRAMA EMEGA: AXUDAS A MULLERES EMPRENDEDORAS E EMPRESAS CONSTITUÍDAS POR MULLERES

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Liñas de axuda:

a) Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.


b) Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación, a consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia, consolidación e mellora, no actual contexto económico, contexto que se viu agravado pola situación da pandemia pola COVID-19. As ditas medidas non poderán supor, en ningún caso, destrución do emprego existente por conta propia e allea.

c) Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

d) Liña Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.


Prazo de solicitude: desde o 15/07/2021 ata o 16/08/2021.

Máis información e solicitudes contactar coa AEDL do concello do Vicedo, ou pinchar no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=SI429A

martes, 13 de julio de 2021

Lista de admitidos/excluidos provisional para a selección de dous técnicos e educación infantil para o PAI. Curso 2021/2022

Está exposta desde o día de hoxe, 13 de xullo de 2021, no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello do Vicedo, apartado taboleiro de anuncios, a lista de admitidos e excluidos provisional para a contratación laboral temporal de dous/dúas Técnicos/-as en educación infantil,  para o Punto de atención a infancia.


O prazo para subsanar erros ou aportar documentación é de dous días hábiles (non contan nin sábados, nin domingos, nin festivos)a contar dende o día seguinte ó da publicación, polo tanto serán os días 14 e 15 de xullo.

As persoas que non entreguen neste concello a documentación, é decir que a presenten noutros rexistros habilitados, deberán adelantar toda a documentación por fax  ou 982590001 ou ao correo electrónico: concello@concellodovicedo.org, dentro do prazo establecido para a subsanación de erros, a parte da súa presentación no rexistro correspondente.

A proba realizarase o próximo día 23 de xullo de 2021, ás 10:00 h, na Casa da Cultura. R. Cidade de Mondoñedo, 23. 27860 O Vicedo.


Pinche aquí para consultala lista: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público/pinchar no +)

PROGRAMA REACT-UE. AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN PARA EMPRESAS

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola COVID-19 (programa Cheques dixitalización COVID-19), susceptibles de ser financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300E).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210709/AnuncioO92-290621-0001_es.pdf

lunes, 12 de julio de 2021

BONO AUTÓNOMOS 2021

 Orde do 28 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do programa do bono das persoas autónomas e se procede a súa convocatoria para o ano 2021 (TR341Q). Consellería de Emprego e Igualdade. DOGA DO 12 DE XULLO DE 2021

 

Persoas Beneficiarias:

-      Persoas autónomas de Galicia de alta no RETA ou mutualidade, con domicilio fiscal en Galicia, e antigüedade ininterrumpida no mesmo superior a 42 meses, que ademáis acaden un rendemento neto reducido anual inferior a 30.000 euros e facturación mínima anual de 12.000 euros IVE incluído, todo isto declarado no ano 2020.

-      Sociedades de calquera clase e comunidades de bens que teñan unha persoa autónoma societaria con antigüedade ininterrumpida na actividade superior a 42 meses, cuxa empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído) na última declaración realizada, e cuxa base impoñible no imposto de sociedades da última declaración realizada sexa inferior a 30.000 euros.

 

Importe: 80% do custo das actividades (sin IVE) sinaladas na Orde dirixidas á mellora da competitividade a través de servizos ou investimentos, cun límite máximo de 3.000 euros. Podense solicitar ambas liñas, atendéndose primeiro a Liña 1 e co límite máximo de 3.000 euros para o conxunto das actividades.

 

Liña 1: Mellora da competitividade a través de servizos: investigación de mercado; plan de marketing; plan de comunicación do negocio; plan estratéxico do negocio; plan de crecemento: constitución da sociedade; plan de reorientación do negocio; plan de transformación dixital; plan de refinanciamento.

 

Liña 2: Mellora da competitividade a través de investimentos: compra de maquinaria; compra de útiles e ferramentas; reforma do local de negocio; equipos informáticos; rótulos; aplicacións informáticas e páxinas web; creación do logotipo do negocio; mobiliario. (No caso de reforma do local do negocio exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma, a menos que quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade).

 

Inclúe os investimentos realizados desde o 01/01/2021 e ata o fin do prazo de xustificación.

 

Prazo presentación solicitudes: desde o día 13 de xullo de 2021 ata o 12 de agosto de 2021 ou ata o esgotamento do crédito. As solicitudes van concedéndose seguindo a orde de entrada ou cando o expediente esté completo, ata o esgotamento do crédito.

 

Destacar:

-      Obriga de permanecer de alta no RETA ou mutualidade durante un mínimo de dous anos desde a solicitude da subvención.

-      Publicidade da axuda concedida.

Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchar no seguinte enlace https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341Q

jueves, 8 de julio de 2021

Vacantes en distintos postos para a brigada de incendios e condutores motobomba

 Temos vacantes por renuncia das persoas seleccionadas ou por non cubrirse o total de postos convocados nos seguintes postos: condutor motobomba, peón e peón-condutor para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

As persoas interesadas poden chamar canto antes ao Concello do Vicedo, ou contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, chamando ao 982590029/982590195.

lunes, 5 de julio de 2021

Oferta de emprego: dun/dunha limpador/-a para cubrir vacacións

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPIADOR/A baixo a modalidade de contrato de traballo de interinidade, coa xornada das persoas as que sustitúe, desde o próximo día 29 de xullo ata o 30 de agosto de 2021.


O prazo de inscrición será do día 6  ou 15 de xullo, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 16 de xullo de 2021, ás 10:00 horas, na casa consistorial.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info (apartado: taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver toda a información)

jueves, 1 de julio de 2021

Resultados probas esforzo para a selección de tres condutores motobomba e tódolos membros da brigada de incendios forestais

 Pinchando no seguinte enlace, pódense consultar os resultados das probas de esforzo para a selección de tres condutores motobomba e tódolos membros da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)

Por outra banda, recordámoslles que nas listas publicadas o día 16/06/2021 establecianse as datas, hora e lugar da realización das seguintes probas: o día 5 de xullo para a selección dos condutores motobomba, e o día 6 de xullo para a selección dos membros da brigada contra incendios forestais.


Oferta de emprego: para cubrir vacante de peón de protección do ambiente e espazos naturais

Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, con carácter de urxencia para cubrir unha vacante, mediante oposición, de 1 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPAZOS NATURAIS, a xornada completa, sendo a data de finalización do contrato o 09 de setembro de 2021.


O prazo de solicitude comenza hoxe día 01 de xullo e remata o día 5 de xullo de 2021. A proba de selección realizarase o día 06 de xullo de 2021, ás 12:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).
 
 Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0