jueves, 29 de abril de 2021

LISTA PROVISIONAL ADMITIDOS/EXCLUIDOS SELECCIÓN DUN/DUNHA AXENTE TIC PARA O CONCELLO DO VICEDO

Publicouse no día de hoxe 29/04/2021 a lista de admitidos e excluidos provisional  en relación coas bases para a selección, dun/dunha AXENTE TIC, como persoal laboral temporal do Concello do Vicedo


Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 30 de abril e 3 de maio para efectuar as alegacións que estimen oportunas ou corrixir, no seu caso, os erros que proceda, directamente no propio concello ou , enviando dentro do mesmo prazo a documentación orixinal ou en fotocopia compulsada ou cotexada por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso, adelantaran por fax ó número 982590001 ou por correo electrónico o enderezo: concello@concellodovicedo.org, toda a documentación presentada nun rexistro habilitado e dentro do prazo estipulado.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 11 de maio de 2021, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

miércoles, 28 de abril de 2021

Novo prazo programa PRENDE da Excma. Deputación Provincial de Lugo: axudas á contratación de mozos, e autoemprego en economía social

 Novo prazo PROGRAMA PRENDE da Excma. Deputación Provincial de Lugo

Medida 8.2.4.2 “Xente xoven no rural”, con 18 prazas dispoñibles para contratación. Estas son axudas para a contratación por conta allea de xóvenes inscritos no sistema de garantía xuvenil, que teñan entre 18 e  30 anos e residan nalgún dos concellos rurais que aparecen no anexo.

As empresas interesadas, con centros de traballo nalgún dos concellos rurais que aparecen no anexo e que a súa actividade se atope entre hostealaría e turismo, enerxía e agua, agricultura e gandeiría e medio ambiente, poderán recibir unha axuda equivalente ao 50% do SMI vixente durante 12 meses.  Deberán formalizar un contrato indefinido cun mozo/-a inscrito no sistema de garantía xuvenil.

A selección dos mozos/-as a contratar polas empresas beneficiarias das axudas levarase a cabo a través da Axencia de Colocación da Deputación Provincial de Lugo.

 Medida 8.2.3.4 “O teu emprego no rural”, 2 prazas, axuda os socios de economía social

Novo prazo  de solicitude: aberto desde hoxe día 28/04/2021 ata o 30 de setembro de 2021, ou ata o esgotamento do crédito.

 Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchar no seguinte enlace http://deputacionlugo.gal/es/temas/emprego/prende/empleo

 

miércoles, 21 de abril de 2021

AXUDAS A COMUNIDADES DE PROPIETARIAS DE VIVENDAS PROTEXIDAS

 RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2021 pola que se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos por este instituto (código de procedemento VI42). 

Máis información, pinchar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210421/AnuncioC3Q2-120421-0003_gl.pdf


domingo, 18 de abril de 2021

Apertura do prazo de presentación de instancias para a selección dun/dunha AXENTE TIC, para a aula CEMIT

 No BOP de Lugo do sábado día 17/04/2021 publícase o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, dun/dunha AXENTE TICa xornada parcial (20 horas/semana), como persoal laboral temporal, para a aula CEMIT


Como o prazo de inscripción é de 5 días hábiles contados a partir da dita publicación, comenza hoxe día 19/04/2021 e ata o día 23/04/2021 (ambos inclusive).

Para máis información ou consulta das bases contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (Publicadas bases, anexos e anuncio no bop de Lugo no apartado taboleiro de anuncios. Para acceder debes de pinchar o símbolo + que hai na parte dereita).

miércoles, 14 de abril de 2021

AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS EN VIVENDAS, PECHES DE FINCAS...

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, e se establece a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento MT402A).

Persoas beneficiarias:

Poderán optar ao recoñecemento da axuda:

a) As persoas físicas titulares dun ben inmoble, recurso ou elemento, así como aqueles que posúan calquera título válido en dereito que autorice a realización da actuación solicitada.

b) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas de conformidade co disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal. Os requisitos exixidos deberán ser cumpridos por todos os seus membros.

A totalidade dos requisitos establecidos na resolución deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Obxecto: Subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, de conformidade cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia; concretamente, as relacionadas no artigo segundo da resolución, entre os cales destacamos: tratamento de paredes medianeras vistas, revestimento e pintado de fachadas actualmente en ladrillo cerámico, hormigón ou sin revestir, renovación do acabado exterior das fachadas, remate exterior das cubertas realizadas con placas de fibrocemento, acondicionamento e mellora de peches de fincas de grandes dimensións, etc.. 

Contía: a contía máxima será do 70 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000,00 €.

Prazo de presentación de solicitudes: do 14 de abril ata o 31 de maio de 2021, ou ata o esgotamento do crédito, téndose en conta a orde cronolóxida de entrada das solicitudes. 
Considérase data de presentación aquela en que a solicitude quedase validamente presentada, por cubrirse na forma correcta e vir acompañada da totalidade dos documentos esixidos nesta resolución. 

Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210413/AnuncioG0192-290321-0001_gl.pdf


PROGRAMA DINAMIZACIÓN E INCENTIVACIÓN DO CONSUMO DO COMERCIO MINORISTA DE GALICA A TRAVÉS DOS BONOS ACTIVA

OBXECTIVO: Incentivar a demanda comercial

BONOS ACTIVA COMERCIO:

Cada bono terá un valor de 30 euros, pode ser usado en varios establecementos, e con el poderán obterse descontos:

-          Desconto de 5 euros para compras superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros (IVE incluido).

-          Desconto de 10 euros para compras iguais ou superiores a 50 euros (IVE incluido).

 

Os bonos estarán dispoñibles para os usuarios a partir do 3 de maio na web https: //www.bonosactivacomercio.gal, e  terán unha validez de tres meses.

 

Importe máximo a canxear por cada empresa 5.000 euros.

 

COMERCIOS MINORISTAS QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS: No prazo máximo dun mes, contado a partir do día 15/04/2021, os establecementos minoristas interesados poderán solicitado na web http://www.bonosactivacomercio.gal.  Requisitos para poder adherirse:

-Desenvolver a  súa actividade comercial en Galicia.

- Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.

- Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen nesta orde, publicado no DOG de 14/04/2021.

 

FUNCIONAMENTO DOS BONOS:

-          Os comerciantes adheridos recibirán semanalmente na conta bancaria indicada, a cantidade equivalente a os bonos canxeados no seu establecemento.

-          Para canxear os bonos e poder aplicar os descontos os comerciantes terán que descargar no seu móvil a APP corespondente, e no momento da compraventa, o comerciante terá que introducir nesa APP o importe e concepto da venda, aparecendo automáticamente o importe a cobrar (aplicado xa o desconto ao cliente). Pola sua parte, o usuario deberá mostrar o bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra.

OBRIGAS DOS COMERCIOS ADHERIDOS:

-          Cumprir coas medidas de prevención frente a COVID-19.

-          Anunciar no exterior do establecemento a adhesión ao programa.

-          Realizar o desconto directo do bono, sin que  o usuario chegue a desembolsar o importe do desconto.

-          Especificar na zona de caixa, de forma visible, a política de devolución.

-          Someterse de ser o caso as actuacións de comprobación e vixilancia necesarias.

-          Conservar durante un ano os tickets de compra e facturas xustificativas da aplicación dos bonos.

-          Custodiar as claves de acceso á plataforma co fin de evitar un uso indebido da mesma.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210414/AnuncioG0596-090421-0001_es.pdf

 

 

martes, 13 de abril de 2021

OFERTA DE EMPREGO URXENTE

 ACCIONA, selecciona para su división de servicios un/a Limpiador/a.


Funciones: limpieza general de la oficinas de Parque Eólico (aseos, polvo, suelo, papeleras).

Ofrecemos:

-Contrato de suplencia, con posibilidad de continuidad.
-Jornada:3 horas semanales: 1,5 horas los martes, y 1, 5 horas los jueves.(Entre las 9:00 y las 15:00hs en el horario que se prefiera).
- Posibilidad de incorporación inmediata.


Requisito: Coche propio y posibilidad de incorporación inmediata.

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar, xornada parcial (32 horas/semana)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (32 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 04 de maio, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición é desde o día 14 de abril de 2021 e ata o 23 de abril de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 26 de abril de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.


Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

PUBLICACIÓNS DE INTERESE no DOGA do 13/04/2021

 AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, da tarxeta Bono turístico #QuedamosenGalicia21, e se establece a súa convocatoria para o 2021 (código de procedemento TU985D).

 

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría ou artístico-recreativas (programa Bono enerxía peme), anualidade 2021 (código de procedemento IN417Z).

domingo, 11 de abril de 2021

PROGRAMA MENTORING DE ACOMPAÑAMIENTO Á TRABALLADORES/-AS AUTÓNOMOS

 A consellería de Emprego e Igualdade e a Fundación Ronsel veñen de asinar o convenio para pór en marcha o 2º programa de Mentoring Traballo Autónomo desta entidade.

Este programa está dirixido a que as persoas profesionais autónomas de Galicia consoliden os seus negocios, estando orientado este ano de xeito especial a reducir o impacto negativo da COVID-19 nas empresas.

Esta nova edición iníciase coa expectativa de chegar a 200 persoas traballadoras autónomas: 70 na provincia da Coruña, 70 en Pontevedra, 30 en Lugo e 30 en Ourense.

Arranca co triplo obxectivo de reducir os riscos das persoas autónomas na súa actividade profesional, acompañalas na consolidación dos seus negocios e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión, ao incremento dos seus contactos e actividade económica. O actual contexto fai que o enfoque da nova edición se redirixa a paliar ademais o impacto negativo da pandemia no traballo autónomo.

Nesta edición terán un acceso preferente ao programa as persoas traballadoras autónomas que teñan recibido algunha axuda dos dous Plans de Rescate da Xunta e, nun segundo grupo, as persoas beneficiarias de calquera outra axuda da Administración autonómica. Darase prioridade ademais a profesionais cunha antigüidade mínima de 42 meses de actividade profesional, que contan cunha base para aproveitar con maior éxito os coñecementos que lle poidan aportar os mentores.

O prazo para a solicitude permanecerá aberto ata o 30 de abril e a inscrición é a través do portal da Oficina do emprego autónomo dispoñible a través deste enlace<http://oficinadoautonomo.gal/gl/programa-de-mentoring-traballo-autonomo-2021>

jueves, 8 de abril de 2021

Oferta emprego: Operario/-a servizos múltiples

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na súa sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha operario/-a de servizos múltiples, a xornada completa. A data de inicio prevista é o día 28 de abril de 2021, e cunha duración de seis meses.


O prazo de inscrición queda aberto desde  mañá día 09 de abril de 2021 e ata o día 19 de abril de 2021. A selección realizarase o día 20 de abril de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.


Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 6 de abril de 2021

Axudas para contribuir a minimizar o impacto económico e social da Covid-19 nos alugueiros de vivenda habitual. VI432E. DOGA 06/04/2021.

 Obxecto: subvencións para contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual, código de procedemento VI432E

Dirixido a persoas arrendatarias de vivenda habitual situada no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que, como consecuencia do impacto económico e social da COVID-19, teñan problemas transitorios para atender ao pagamento parcial ou total do alugueiro. Especificamente, o programa inclúe no seu obxecto a concesión de axudas para facer fronte á devolución das axudas transitorias de financiamento recollidas no artigo 9 del Real decreto lei 11/2020, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19 e contraídas polas persoas arrendatarias de vivenda habitual, a cuxa devolución no puideran facer fronte.

Prazo: do 07/04/2021  ao 30/09/2021

Requisitos:

Persoas físicas maiores de idade que cumpran:

a) Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.

b) Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda situado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha duración mínima dun ano, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, con mención expresa da súa referencia catastral e do medio e forma de pagamento á persoa arrendadora.

c) Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de familiar. Para estes efectos, tanto a persoa beneficiaria como as demais persoas integrantes da súa unidade familiar deben constar empadroadas na vivenda obxecto do contrato de alugamento á data da presentación da solicitude.

d) Estar ao día do pagamento da renda do alugueiro correspondente ás tres últimas mensualidades inmediatamente anteriores ao primeiro mes para o que se solicita a axuda, agás que o contrato tivese unha vixencia inferior, en cuxo caso deberá estar ao día do pagamento da renda desde o inicio do contrato. Para estes efectos, non se admitirán os pagamentos das rendas que se efectúen en metálico, debendo acreditarse mediante documento bancario.

e) Estar en situación de vulnerabilidade económica, conforme o establecido no ordinal terceiro.

f) Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

g) Non estar incurso nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. Non poderá concederse a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade familiar se atope nalgunha das situacións que a continuación se indican:

a) Ser propietario ou usufrutuario dalgunha vivenda en España. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito tamén ás persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten a non dispoñibilidade dela por causa de separación, divorcio ou por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inhabitable ou inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou dalgún membro da súa unidade familiar.

b) Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa que teña a condición de arrendador da vivenda ou ser socias ou partícipes da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.

c) Ter sido obxecto dunha resolución de revogación ou reintegro dunha axuda deste plan de vivenda ou doutro anterior, por causa que lles sexa imputable.

Destacar:

É obrigatorio achegar a seguinte documentación: (no caso contrario a solicitude quedará automaticamente inadmitida)

  • Contrato de alugamento da vivenda, cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral e do medio e forma de pagamento á persoa arrendadora.
  • Extractos ou certificados bancarios, acreditativos do pagamento das últimas tres mensualidades da renda do contrato anteriores ao primeiro mes para o que se solicita a axuda, salvo que o contrato levara vixente un prazo menor, en cuxo caso acreditarase o pagamento dende o inicio do contrato.
  • Documentación acreditativa do número de conta bancaria da persoa arrendadora, no caso de non constar nos dous documentos anteriores o número de conta da persoa arrendadora na que se deba aboar a renda do contrato.
  • De ser o caso, solicitude da axuda transitoria de financiamento de acordo ao establecido no artigo 9 do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, ou certificado bancario do préstamo formalizado conforme ao artigo 9 do Real decreto Lei 11/2020, do 31 de marzo, no que conste o número de conta do acredor onde no que se ten que realizar o pagamento da axuda para a cancelación total ou parcial do préstamo.
  • Anexo II, de declaración responsable das persoas integrantes da unidade de familiar.
  • Documentación acreditativa dos ingresos da persoa solicitante e da súa unidade familiar correspondentes ao mes anterior ao da presentación da solicitude.
  • Documentación acreditativa dos gastos e subministracións básicos da vivenda habitual que corresponda satisfacer á persoa arrendataria, relativos ao mes anterior ao da presentación da solicitude.

PARA MÁIS INFORMACIÓN CONTACTAR COA AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL DO CONCELLO ou ACCEDER A: http://igvs.xunta.gal/ 

Axudas ao aluguer de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021. DOGA 30/03/2021.

Obxecto: axudas ao alugueiro de vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021; procedemento VI432A: 

a) Liña A, axudas ao alugueiro de vivenda: para alugueiro a sectores de poboación con escasos medios económicos.

b) Liña B, axudas aos/as mozas para o alugueiro de vivenda habitual e permanente: para alugueiro, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos. 
 
 Prazo: ata o 30/04/2021 
Duración das axudas: 
As axudas de ambas as liñas concederanse por un prazo máximo dun ano e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2021. 
 – Naqueles casos nos que se dispoña dun contrato con efectos económicos anteriores ao 1 de xaneiro de 2021, a axuda terá efectos desde o 1 de xaneiro de 2021.
 – Para os contratos asinados entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude, a axuda terá efectos desde a data en que comece o contrato. 
Beneficiarios
- Liña A, as persoas físicas maiores de idade.
 - Liña B, as persoas físicas maiores de idade que non cumprisen os 35 anos na data de presentación da solicitude. 
Requisitos: 
 1. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña A, axudas ao alugueiro de vivenda, as persoas físicas maiores de idade que na data da presentación da solicitude cumpran os seguintes requisitos:
 a) Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.
b) Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugueiro de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, e cuxos efectos económicos sexan anteriores ao último día de prazo de presentación de solicitudes.
c) Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de convivencia durante todo o período polo que se conceda a axuda. Para estes efectos, tanto a persoa beneficiaria como as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia deben constar empadroados na vivenda obxecto do contrato de alugueiro á data da presentación da solicitude.
 d) Que a renda mensual da vivenda alugada non supere os importes establecidos no artigo 10 das bases reguladoras. e) Que os ingresos das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a dúas veces o Indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM). Este límite será de catro veces o IPREM, se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O límite será de cinco veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade: i) Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %. ii) Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
f) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM. Para o cómputo destes ingresos non serán de aplicación os coeficientes multiplicadores previstos no artigo 12.4 das bases reguladoras. 
 
 2. Poderán ser beneficiarias das axudas da liña B, axudas aos/as mozas para o alugueiro de vivenda habitual e permanente, as persoas físicas maiores de idade que non cumprisen os 35 anos na data de presentación da solicitude e cumpran o resto de requisitos sinalados no punto 1 deste apartado. 
 
3. Non poderá concederse a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, entre outras condicións, cando:
 a) Ser propietario ou usufructuario dalgunha vivenda en España. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito as persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten a non dispoñibilidade dela por causa de separación, divorcio ou por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou dalgún membro da súa unidade de convivencia.
b) Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda.
c) Ser socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.
 d) Ser inquilina dunha vivenda xestionada polo IGVS ou por calquera Administración pública.
 e) Ser beneficiaria das axudas de calquera das dúas liñas deste programa ao amparo de convocatorias anteriores realizadas con financiamento do Plan 2018-2021. Exceptúase deste suposto ás persoas que xa non forman parte da unidade de convivencia da persoa beneficiaria da axuda.
f) Non atoparse ao corrente das súas obrigacións tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
g) Estar incursa nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeneral de subvencións, e/ou no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como ser obxecto dunha resolución de revogación ou reintegro dunha axuda deste plan de vivenda ou doutro anterior, por causa imputable a algunha das persoas integrantes da unidade de convivencia. 
 
Destacar: obrigatorio achegar xunto á solicitude os seguintes documentos (en caso contrario a solicitude quedará automaticamente inadmitida): - Contrato de alugueiro de vivenda, cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da referencia catastral - Xustificante de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia (expedido nos 3 meses anteriores) - Anexo II, no caso de que a unidade de convivencia estea integrada por máis dunha persoa 
 
PARA MÁIS INFORMACIÓN CONTACTAR COA AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL DO CONCELLO ou ACCEDER A: http://igvs.xunta.gal/




 

lunes, 5 de abril de 2021

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar, xornada parcial (32 horas/semana)

 Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (32 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 22 de  abril, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición é desde o día 05 ata o 14 de abril de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 15 de abril de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0