viernes, 29 de noviembre de 2013

AXUDAS CONTRATOS DE FORMACIÓN

Esta orde da Consellería de Traballo e Benestar ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá ( no ámbito da C. A. de Galicia), a convocatoria pública das subvencións para o financiamento da formación asociada aos  contratos de formación e aprendizaxe regulados polo R.D 1529/2012 , do 8 de novembro, que exceda o 25%  da xornada laboral.


ENTIDADES BENEFICIARIAS.
      
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas que contratasen traballadores baixo a modalidade do contrato para a formación e a aprendizaje durante o ano 2013 , cunha dedicación ao tempo de formación que exceda o 25% da xornada laboral efectiva do traballador.


REQUISITOS DA CONTRATACIÓN.

A) O contrato para a formación e aprendizaxe deberá celebrarse con traballadores mayores de 16 anos e menores de 30 anos, que carezan de cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo requerida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou ocupación obxecto do contrato.

 B) A duración mínima do contrato será dun ano e a máxima de tres.

DETERMINACIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA A ACCIÓN FORMATIVA.

O importe da subvención concretarase no producto das horas de formación que excedan o 25 % da xornada laboral asociadas aos contratos de formación e aprendizaxe polo número de persoas traballadoras contratadas e polo importe do módulo económico . Este importe será de oito euros para a modalidade de formación presencial e de cinco euros para a teleinformación.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 29 de decembro de 2013

CONCESION DO SERVIZO DE CAFETARÍA DA CASA DA CULTURA DE O VICEDO

No BOP da provincia de Lugo do día de hoxe publícase o inicio do proceso de Concesión do servizo de cafetería do centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo

Para obter documentación e información sobre o proceso no prazo de 6 días naturais, contados a partir de mañá, de 9:00 a 14:00 hoas, de luns a venres, no propio concello. O prazo de presentación de solicitudes empeza mañá e remata o próximo día 16 de decembro.

O pliego de claúsulas administrativas poderá obterse e consultarse ademáis de nos taboleiros de anuncios do concello e da Casa da Cultura, na seguinte dirección electrónica:

www.concellodovicedo.sedeelectronica.es
(Apartado perfil do contratante)

viernes, 22 de noviembre de 2013

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (25 horas/semana), durante dous meses, sendo a data de inicio prevista o día 09 de decembro.


O prazo de inscrición remata o vindeiro día 3 de decembro, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL- CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

Convocar, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, para un total de 1.800 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 500 prazas.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 500 prazas.
- Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 100 prazas.
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 300 prazas.
- Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 300 prazas.
- Información xuvenil (SSC567_3) : 100 prazas.

PRINCIPAIS REQUISITOS:

-Posuír nacionalidade española.

- Ter 18 anos cumpridos para as unidades de competencia de nivel I e 20 para os niveis II y III.

- Ter experiencia laboral ou formación:

* Mínimo 3 anos, con 2.000 horas traballadas nos últimos 10 anos para as unidades de nivel 2 e 3.

* No caso de formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos nas unidades de nivel 2 e 3.

- Non estar matriculados ou cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial ou para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición.

 PRAZOS: Primeiro prazo: 30 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. - Segundo prazo: desde o 1 ao 31 de marzo de 2014, inclusive (para as cualificacións de socorrismo)

OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN LABORAL


O Concello de O Vicedo e Mañón organizan conxuntamente un obradoiro de Orientación laboral, dirixido a xoves de 16 a 30 anos. Os interesados poden de inscribirse na  Casa de Cultura de O Vicedo ou chamando ó 982590195

lunes, 11 de noviembre de 2013

OFERTA DE EMPREGO

Están publicadas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación, mediante concurso-oposición, dun PEÓN-CONDUCTOR para o departamento de limpeza e mantemento do concello de O Vicedo.

Requisitos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión do carné de conducir tipo C, e de ser o caso, certificado de aptitude profesional (CAP).
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade.
No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidelmente a súa homologación.
-Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 18 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato, sin ter en conta para o cómputo anterior o tempo transcurrido entre o 31 de agosto de 2011 e o 31 de decembro do 2012. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.
O prazo de solicitude está aberto ata o día 20 de novembro ás 9:30, sendo as probas de seleccción ese mesmo día a partir das 10:00 h. na Casa consistorial.
Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamando ó 982590195

lunes, 4 de noviembre de 2013

OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo vai presentar no día de hoxe unha oferta na oficina de emprego de Viveiro, para a contratación de 1 PEÓN FORESTAL, durante 6 meses a xornada parcial, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar a través dos chamados "Programas de cooperación".
Requisito imprescindible estar desempregado e inscrito na oficina de emprego de Viveiro, e carecer de ocupación según informe de vida laboral.
Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (34 horas/semana), durante seis meses, sendo a data de inicio prevista o día 14 de novembro.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 12 de novembro, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.