jueves, 28 de junio de 2018

ABERTO O PRAZO PARA A SELECCIÓN DE DOUS EDUCADORES INFANTÍS PARA O PAI

No BOP de Lugo de hoxe día 28/06/2018 publícase o anuncio da convocatoria para a selección de DOUS EDUCADORES INFANTÍS, como o prazo son 10 días naturais a partir do día seguinte o da publicación no boletín, o PRAZO DE SOLICITUDE QUEDA ABERTO DESDE O DÍA 29/06/2018 ATA O 09/07/2018



Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de DOUS EDUCADORES INFANTÍS, para o Punto de atención á infancia municipal, durante o curso 2018/2019, desde o próximo día 12 de setembro de 2018 ata o día anterior o inicio do novo curso escolar 2019/2020.
Os requisitos para os candidatos son:
1º) Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
2º)Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
3º)Estar en posesión do título de Técnico ou grao superior en educación infantil ou mestre especializado en educación infantil.
4º) Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 11 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato.Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.
5º)Ter coñecementos de primeiros auxilios.
6º)Dispoñer do certificado de formación en manipulación de alimentos
7º)Estar vacinado contra a rubéola.
8º) Dispor de certificado negativo do rexistro central de delincuentes sexuales actualizado.

 Estes requisitos deberán acreditarse antes de que finalize o prazo de presentación de instancias (así como os méritos alegados), e a persoa seleccionada deberá presentar certificado médico e certificado de aptitude conforme esta apta para o posto de traballo de educador infantil, antes da dación de alta.


Poder consultar as bases  e conseguir a instancia de solicitude e a declaración que acompaña a documentación, pinchando no seguinte: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 26 de junio de 2018

AXUDAS A NOVOS EMPRENDEDORES






Subvención á creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como aos proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme. (Concorrencia competitiva).

Considérase novo emprendedor, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben, que, aínda desempeñando unha actividade económica directa ou indirectamente no momento da solicitude de axuda, figure de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) cunha antigüidade igual ou inferior a 42 meses ou teña unha participación igual ou inferior ao 25 % do capital dunha sociedade mercantil.
Considérase nova peme: a) No caso dos autónomos, cando a data de alta censual non teña unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade (ou, no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda, desde o día da dita solicitude). b) No caso de sociedades, cando tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non teñan unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.

Beneficiarios: as pequenas e medianas empresas que cumpran as condicións establecidas nesta Orde (artigo 4. apdo. d) actividades excluídas).

Prazo de presentación de solicitudes:
Na convocatoria 2018.1: do 26.06.2018 ao 27.07.2018.
Na convocatoria 2017.2 do 30.07.2018 ao 25.10.2018.
 

Intensidade de axuda: Con carácter xeral a subvención poderá chegar ata o 20 % dos investimentos subvencionables e ata o 30 % se o beneficiario é unha pequena empresa, agás os gastos do artigo 5.1.f) da orde, que poderán chegar ao 10 % no caso de medianas empresas e ao 20 % no caso de pequenas empresas.

Solicitudes: Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. As solicitudes presentaranse por medios electrónicos.


Requisitos a destacar: a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda. b) Presentar un custo subvencionable igual ou superior a 25.000 € e non superior a 500.000 €, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade. c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.


lunes, 25 de junio de 2018

AXUDAS A EMPRESAS PARA O RELEVO XERACIONAL


PROGRAMA RELEVO XERACIONAL (TR341S). Doga 21/07/2018

Obxecto: axudas económicas para o relevo xeracional nos negocios das persoas autónomas.

Beneficiarias:
1.    Persoas taraballadoras autónomas que transmitan o seu negocio por cese, e nese momento esté nalgunha das seguintes situacións:
-      Teña 63 anos ou máis, e leve máis de 48 meses de alta no RETA.
-      Declaración de incapacidade total ou absoluta recoñecida pola seguridade social.
-      Persoas herdeiras no caso de deceso da persoa autónoma titular do negocio.
-      No caso de persoas autónomas societarias, para ser beneficiaria, a transmisión debe ser de máis do 50% das accións o participación da sociedade
2.    Tamén serán beneficiarias das axudas as persoas que adquiran o negocio e estén de alta no RETA.
Importe:
-      100% dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 euros por negocio para a persoa transmisora e 1.500 euros por negocio para a persoa adquirinte. No caso de existir varias persoas transmisoras e varias persoas adquirintes os límites son os mesmos, xa que se calculan por negocio.
Destacar:
-      O asesoramento deberá ser efectuado por empresas, entidades, profesionais ou asociacións de autónomos, e deberá plasmarse nun contrato que conteña as cláusulas especificadas nesta orde.
-      Concesión: atendendo á data de presentación ata esgotamento do crédito.
Prazo de solicitudes: ata o 30 de setembro de 2018.

OFERTA EMPREGO LIMPADORA

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR@, par cubrir vacacións, con adscrición ao servizo de limpeza municipal, desde o día 30 de xullo de 2018 ata o 30 de agosto de 2018, co mesmo horario das persoas as que sustitúe.

O prazo de inscrición remata o próximo día 5 de xullo, ás 15:00 horas, realizándose o proceso de selección o día 10 de xullo, a partir das 10:00 horas, na Casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. Pode consultar as bases e descargar os anexos para inscribirse no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

OFERTA CONDUCTOR MOTOBOMBA E XEFE BRIGADA

Presentaronse ofertas na oficina de emprego de Viveiro para un CONDUCTOR MOTOBOMBA e un XEFE DE BRIGADA, por quedar prazas vacantes.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello. Tlf. 982590195/982590029 ou pinchar no seguinte enlace:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 15 de junio de 2018

BASES SELECCIÓN DOUS EDUCADORES INFANTÍS PARA O PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de DOUS EDUCADORES INFANTÍS, para o Punto de atención á infancia municipal, durante o curso 2018/2019, desde o próximo día 12 de setembro de 2018 ata o día anterior o inicio do novo curso escolar 2019/2020.
Os requisitos para os candidatos son:
1º) Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
2º)Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
3º)Estar en posesión do título de Técnico ou grao superior en educación infantil ou mestre especializado en educación infantil.
4º) Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 11 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato.Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.
5º)Ter coñecementos de primeiros auxilios.
6º)Dispoñer do certificado de formación en manipulación de alimentos
7º)Estar vacinado contra a rubéola.
8º) Dispor de certificado negativo do rexistro central de delincuentes sexuales actualizado.

 Estes requisitos deberán acreditarse antes de que finalize o prazo de presentación de instancias (así como os méritos alegados), e a persoa seleccionada deberá presentar certificado médico e certificado de aptitude conforme esta apta para o posto de traballo de educador infantil, antes da dación de alta.


Poder consultar as bases  e conseguir a instancia de solicitude e a declaración que acompaña a documentación, pinchando no seguinte: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

O prazo de solicitude é de 10 días naturais, contados a partir da publicación do anuncio no BOP de Lugo. Cando se publique e polo tanto se abra o prazo, anunciarase novamente nesta páxina.

miércoles, 13 de junio de 2018

CURSO UNIVERSIDADE VERÁN 2018 EN VIVEIRO DE: MENORES, FAMILIA..


MENORES: FAMILIA, ESCOLA E COMUNIDADE COMO EIXOS DE INTERVENCIÓN EDUCATIVA

Datas: 4 a 6 de xullo
Lugar de celebración: Viveiro
Nº de horas lectivas: 24
Información: Facultade Ciencias da Educación (Campus Vida) da USC. Teléfono: 881813890; Mail: giesculca@usc.es
Obxectivos: analizar a actual realidade dos menores no marco das transformacións sociais e o seu influxo no seu crecemento e formación da personalidade, coñecer o impacto das redes sociais no desenvolvemento e conformación de patróns de actitude e de conduta nos menores e mozos de hoxe, redefinir e, no seu caso, orientar a intervención educativa desde eixos clave para a visión do mundo do menor: familia, escola, e comunidade e revisar programas de acción educativa e mesmo da súa avaliación efectiva, centrados en aspectos e dimensións ligadas ao éxito e/ou ampliación de posibilidades para os menores en risco.
Matrícula: ata o 23 de xuño de 2018.
IMPORTE DA MATRÍCULA: Taxa xeral:70 €. Taxa reducida, aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC: 40 €.  A parte, todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non ter formalizada matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico 2017-18 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2017/18 son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que terá un custe de 16€. UNHA VEZ REALIZADA A MATRÍCULA, NON SE EFECTUARÁN DEVOLUCIÓNS AGÁS NO CASO DE SUSPENSIÓN DO CURSO.
- Solicitada a homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación permanente do profesorado.
- Créditos ECTS: 1 crédito transversal. (para estudantes de Bacaharelato e formación profesional este crédito poderá recoñecerse cando se matriculen en carreiras universitarias).


viernes, 8 de junio de 2018

PUBLICADOS RESULTADOS PROBAS DE ESFORZO BRIGADA E CONDUCTORES MOTOBOMBA

Pinchando no seguinte enlace, pódense consultar os resultados das probas de esforzo para a selección do persoal da brigada de incendios e conductores motobomba: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)

Recordamos que o resto das probas terán lugar:

Para os conductores-motobomba: o día 12 de xuño de 2018, na Casa da Cultura do Vicedo, ás 12:30 h.

Para o xefe de brigada, peón-conductor e os 3 peóns da brigada de incendios: o día 14 de xuño de 2018, na Casa da Cultura do Vicedo, ás 12:00 h.



jueves, 7 de junio de 2018

AXUDAS AUTÓNOMOS


Orde do 22 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede a súa convocatoria para o ano 2018 (TR341Q). Consellería de Economía, Emprego e Industria. DOGA DO 4 DE XUÑO DE 2018.

Beneficiarios: persoas autónomas de Galicia de alta no RETA ou mutualidade, con antigüedade ininterrumpida no mesmo superior a 42 meses, que ademáis acaden un rendemento neto reducido anual inferior a 30.000 euros e facturación mínima anual de 12.000 euros IVE incluído, todo isto declarado no ano 2017.
Quedan excluídos os autónomos societarios.

Importe: 80% do custo das actividades sinaladas na Orde dirixidas á mellora da competitividade a través de servizos ou investimentos, cun límite máximo de 3.000 euros. Podense solicitar ambas liñas, atendéndose primeiro a Liña 1 e co límite máximo de 3.000 euros para o conxunto das actividades.
Liña 1: Mellora da competitividade a través de servizos: investigación de mercado; plan de marketing; plan de comunicación do negocio; plan estratégico do negocio; plan de crecemento: constitución sociedade; plan de reorientación do negocio; plan de uso das novas tecnoloxías no negocio; plan de refinanciamento.
Liña 2:  Mellora da competitividade a través de investimentos: compra de maquinaria; compra de útiles e ferramentas; reforma do local de negocio; equipos informáticos; rótulos; aplicacións informáticas e páxinas web; creación logotipo do negcio.
Solicitude: na sede electrónica d aXunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Prazo presentación solicitudes: ata o 4 de xullo de 2018, ou ata o esgotamento do crédito

Destacar:
-      Obriga de permanecer de alta no RETA ou mutualidade durante un mínimo de dous anos desde a solicitude da subvención.

martes, 5 de junio de 2018

SELECCIÓN DUN ANIMADOR SOCIOCULTURAL PARA A TEMPADA VERÁN 2018

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun ANIMADOR/-A SOCIOCULTURAL, a xornada completa, durante a tempada de verán/2018 (3 meses), con adscrición ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do concello do Vicedo.

O prazo de presentación de solicitudes iniciase mañá día 06 de xuño e  remata o próximo día 15 de xuño, ás 15:00 horas. Realizándose o proceso de selección o día 20 de xuño, a partir das 10:00 h. na Casa da Cultura.

Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local.

No seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board/9753e838-f59b-11de-b600-00237da12c6a/

LISTAS DEFINITIVAS ADMITIDOS EXCLUÍDOS SELECCIÓN 3 CONDUCTORES MOTOBOMBA E 3 PEÓNS BRIGADA INCENDIOS

No día de hoxe, 05 de xuño de 2018, publicanse as seguintes listas de admitidos/excluidos definitivas:
- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 3 Conductores motobomba, dous meses e medio a xornada completa.

As de xefe de brigada e peón-conductor, non procede porque a provisional xa se consideraba definitiva por non haber excluídos