viernes, 31 de agosto de 2012

CURSO FORMACIÓN DE ADULTOS

Hoxe finaliza o curso de formación de adultos para a preparación da proba extraordinaria para a obtención do Graduado en educación secundaria obligatoria (ESO), organizado por este concello de O Vicedo e subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A actividade formativa durou seis meses, de marzo a agosto, e rematou con 19 alumnos/-as.

lunes, 6 de agosto de 2012

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun educador infantil para o Punto de atención á infancia municipal, desde o próximo día 1 de setembro de 2012 ata o 31 de agosto do 2013


Os requisitos para os candidatos son:
1º) Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
2º)Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
3º)Estar en posesión do título de Técnico superior en educación infantil ou mestre especializado en educación infantil.

4º)Ter coñecementos de primeiros auxilios.

5º)Dispoñer do carné de manipulador de alimentos.

6º)Estar vacinado contra a rubéola.

7º)Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a ese posto.

Os tres primeiros requisitos deberán acreditarse antes de que finalize o prazo de presentación de instancias (así como os méritos alegados), e os restantes só deberá acreditalos a persoa seleccionada antes da dación de alta.


O prazo de inscrición finaliza o día 17 de agosto ás 9:30 horas, a partir das 10:00 do mesmo día realizaranse as probas de selección na Casa do Concello

Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo, ou no propio concello.

viernes, 3 de agosto de 2012

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello de O Vicedo, as bases para a selección dun peón de recollida de lixo, para un contrato de seis meses de duración.

O prazo de presentación de instancias remata o día 17 de agosto de 2012, ás 9:30, sendo a selección ese mismo día a partir das 11:30 horas.


Para máis información e solicitudes: pasar polo concello ou pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.