martes, 30 de marzo de 2010

OFERTA DE EMPREGO

Carniceiro/a para venda en comercio. Con experiencia e permiso de conducir para Otigueira. Nº oferta: 12/2010/2406. Tlf. Información: 902125000, ou http://emprego.xunta.es

viernes, 26 de marzo de 2010

SUBVENCIÓNS A PEQUENOS COMERCIANTES PARA O ABANDONO DA ACTIVIDADE


AXUDAS DA CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E INNOVACIÓN A PEQUENOS COMERCIANTES AUTÓNOMOS QUE ABANDONEN A ACTIVIDADE COMERCIAL. 2010


BENEFICIARIOS:

1. Comerciantes minoristas que decidan abandonar a actividade comercial, e cumplan os seguintes requisitos:

- Poseer a condición de comerciante.
- Que a actividade principal se corresponda cós epígrafes que aparecen no anexo
- Exercer, como titular do comercio, nos últimos 10 anos de forma ininterrumpida. Considérase cumplido o requisto, no caso de comerciantes que sucedesen ou substituísen no exercicio da actividade comercial ó seu cónxuxe, tralo falecemento ou abandono deste de toda a actividade comercial, antes da entrada em vigor desta orde, sempre que entre os dous sumen dez anos.
- Estar en posesión dos correspondentes permisos ou licencias municipais.
- Ter entre 60 e 64 anos. No se concederá a los que durante el 2010 cumplan los 65.
- Estar dado de alta no réxime de autónomos da Seguridade Social nos dez últimos anos, de forma ininterrumpida, excepto para o caso previsto no punto 3º. , e ter cotizado um período previo de forma que lle permita completar o período esixido para causar dereito á pensión de xubilación, por lo menos ao chegar aos 65 anos.
- Comprometerse a abandonar o exercicio profesional, e a ceder os establecementos comerciais para que outra persoa continúe exercendo algunha actividade comercial.
- Enténdese que se cumple o requisito de cesión si se presentan contratos ou escrituras de donación, venda, alugueiro, traspaso ou rescisión, nos que figurará o compromiso do cesionario de abrir o local no prazo de 6 meses, e desenvolver unha actividade comercial, económica ou profesional, por un período de tempo de 3 anos ou o tempo que reste ata a xubilación do beneficiario.
- Non ter rendimentos netos regulares na unidade familiar, sin contar os ingresos da actividade, non superiores ós 15.000 euros no último exercicio.
- No caso de que o solicitante non sexa propietario do local, deberá contar coa autorización do propietario mediante documento público.

2. O cónxuxe, si colabora na actividade comercial e cumple os requisitos anteriores. Si o cónxuxe colaborador cumpre os requisitos para solicitar a axuda, non poderá seguir exercendo a actividade comercial xunto o novo titular dela.

Requisitos dos cesionarios:
- Si é persoa física, non haber cumplido os 45 anos.
O cónxuxe non pode ser o cesionario.
- Si é persoa xurídica, non haber cumplido os 45 anos os administradores ou xerentes e non estar participada polo comerciante que abandona a actividade.

CUANTÍA DAS AXUDAS:

- Os cedentes percibirán, ata alcanzar a xubilación, un pago anual de 10.000 euros (rateándose o último ano por meses completos, e cobrarase íntegramente o primeiro ano a modo de indemnización).
- O cónxuxe do cedente que participaba na actividade comercial: 5.000 euros

NOTA: O cedente queda obrigado a seguir cotizando á Seguridade Social si non cotizou o mínimo de anos (15). Esta axuda a incompatible con outras axudas para o mesmo fin, coa percepción por parte do beneficiario da pensión de xubilación, en calqueira réxime finaciado con recursos públicos, ou de invalidez permanente, etc.

PRAZO DE SOLICITUDE: 05 de abril do 2010.

jueves, 18 de marzo de 2010

PUNTO DE INFORMACIÓN DO SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN

Queremos recordarlle a tódolos desempregados/-as, que na Casa do concello, dispoñemos de un ordenador de uso público, é decir, un punto de información do Servizo Galego de Colocación. Ademáis de servir para renovar a demanda pódese utilizar para consultar outra información, como por exemplo ofertas de emprego.

lunes, 15 de marzo de 2010

AXUDAS PARA A MODERNIZACIÓN DE COMERCIOS SITUADOS EN ZONAS RURAIS DE GALICIA DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

¿QUEN PODE SOLICITAR?

Comerciantes minoristas e comerciantes ambulantes, que cumplan os seguintes requisitos:
- que desenvolvan a súa actividade en establecementos situados en zonas rurais (concellos con poboación inferior a 10.000 habitantes)
- que a súa actividade principal esté entre as establecidas por esta orde.
- que non superen os dez traballadores.
- que os locais comerciais non superen os 300 m2 de superficie comercial adicada a exposición e venda ó público (con excepción dos establecementos sinalados no anexo I, artigo 1º.3.a)
- non ter ningunha prohibición para poder recibir subvencións.
- os comerciantes ambulantes deberán estar inscritos no Rexistro de Vendedores Ambulantes da Xunta.

¿QUE SE SUBVENCIONA?

- Coste de reforma e adaptación do establecemento, eliminación de barreiras arquitectónicas, así como obras de ampliación do local sempre e cando a superficie resultante non supere os 300 m2. Está limitación non é aplicable as actividades encadradas no epígrafe do IAE 653.1
- Coste de adquisición de mobiliario, elementos de decoración e calquer outro tipo de equipamento comercial. (con exclusión do equiamento informático)
- Deseño e execución de campañas publicitarias ou promocionais dirixidas á captación e fidelización do cliente.
- Adquisición de vehículos de uso industrial de ata 3.500 Kg. de PMA, debidamente rotulados co nome e domicilio do establecemento comercial, para a distribución dos seus productos.
- Gastos das actas notariais que se esixen con motivo desta orde.
- Para os comerciantes ambulantes: vehículos-tenda de ata 3.500 Kg. de PMA, debidamente rotulados, e toldos ou capotas que se empreguen para protexer a súa mercadoría.

Non se inclúe os gastos de: adquisición de locais, obras realizadas en almacéns ou trastendas, compra de maquinaria para a fabricación e elaboración de productos de consumo final, fondos de comercio e dereitos de traspaso, compra de bens usados, compra de mercaderías, material funxible, costes de transporte, gastos de funcionamento da actividade, gastos de reparación e mantemento, taxas e tributos...

As inversións deben realizarse entre o 12 de marzo e o 30 de outubro do 2010.

AXUDAS: Subvención a fondo perdido do 50% da inversión, excepto no caso de vehículos que será do 20%. Cuantía mínima da inversión subvencionable: 1.500 euros e cuantía máxima 50.000 euros (IVA excluido). Nos toldos e capotas a subvención será de ata 10 euros/m2, ata un máximo de 500 Euros.

PLAZO DE SOLICITUDE: ata o 19 de abril do 2010.

PRINCIPAL OBRIGA: Realizar a actividade e manter a inversión polo menos 5 anos.

martes, 9 de marzo de 2010

OFERTA DE EMPREGO


COMERCIALES para a zona de Vicedo. Non se require experiencia. Posibilidade de media xornada ou xornada completa. Máis información: Técnico local de emprego, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez, na Casa de Cultura de O Vicedo

lunes, 1 de marzo de 2010

PLAN IMPULSA LUGO

¿QUE E O PROXECTO IMPULSA LUGO?
É un proxecto posto en marcha pola Xunta de Galicia que contempla unha liña de axudas específicas á dinamización do tecido empresarial da provincia de Lugo.

¿A QUEN VAI DIRIXIDO?
Empresas e emprendedores que teñan un proxecto empresarial de implantación na provincia de Lugo

LIÑAS DE AXUDA:
· Axudas directas ao investimento empresarial superior a 200.000 €, establecéndose un garante mínimo de subvención do 20% para proxectos de primeira implantación e do 15% para proxectos de ampliación, modernización ou innovación tecnológica. Ditos parámetros serán de aplicación a todas aquelas solicitudes non resoltas presentadas dendeo o 24 de setembro de 2009.

· Préstamos ao 0% de xuro para proxectos empresariais que comprendan unha inversión subvencionable de entre 240.000 € e 25.000.000 €.

· Nos créditos ICO-IGAPE, a subsidiación do tipo de xuro do 2.65% será extensible a toda a provincia.

· A localización dos proxectos na provincia de Lugo contará coa avaliación máxima do criterio da localización para tódalas solicitudes das liñas de convocatoria periódica do IGAPE polo sistema de concurrencia competitiva.

· Financiación para inversións, circulante, conversión de pasivos, amplicación de capital, entre outras axudas xerais do instuttuto.

· Apoio técnico e asesoramento do proxecto empresarial a desenvolver.