viernes, 29 de abril de 2016

OFERTA DE EMPREGO



Fundación equipo humano selecciona dependiente de tienda de cerámica en el Concello de cervo.

El perfil sería el siguiente:

·      -   Profesional con un mínimo de 2 años de experiencia en atención al cliente (se valorará que la experiencia sea en sector de similares características o diferentes productos de alta calidad).
·         -Formación no requerida (se valorará formación en comercio o marketing).
·        - Buena imagen.
·       - Aptitudes para la venta.
·        - Habilidades sociales. 

Interesados enviar CV a la siguiente dirección de correo electrónico: david.lopez@fundacionequipohumano.es

 






 

viernes, 22 de abril de 2016

SUBVENCIÓNS PARA EMPRESAS DO AGADER

Tipos de apoio

As axudas consistirán en subvencións directas de capital. Concesión en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciais

1. As pequenas empresas. Aquela que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.

As empresas deberán ter a súa razón social ou ben o seu centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Persoas físicas que residan nunha zona rural.

3. Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda.

Requisitos principais do proxecto

1. Con carácter xeral, serán subvencionables os proxectos destinados á creación, ampliación e/ou modernización de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:

a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais.

Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, excluiranse aqueles proxectos cun orzamento subvencionable superior a 30.000 €.

c) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos.

d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola...).

e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

f) Artesanía e actividades artesanais.

g) Actividades baseadas nas novas TIC, innovación tecnolóxica e comercio electrónico.

h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

j) No sector da restauración turística:

– Creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.

– Investimentos destinados a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas dos establecementos de restauración xa existentes.

Exclúense as actuacións en bares e cafetarías.

k) Actividade turística de aloxamento: nos establecementos de aloxamento turístico poderán subvencionarse investimentos destinados ao aumento de categoría do establecemento e outras actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

2. Todos os proxectos subvencionables deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Para estes efectos, considerarase como inicio do investimento o comezo dos traballos de construción, ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido dos equipamentos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible, se esta data é anterior.

O persoal técnico da Agader comprobará este requisito mediante a realización dunha acta de non inicio durante a fase de revisión da solicitude da axuda. Se o solicitante desexa iniciar a execución do proxecto antes da realización da citada comprobación, deberá achegar unha acta notarial que reflicta fidedignamente o non inicio da obra, instalación ou equipamento.

Se o investimento consiste exclusivamente na compra de maquinaria e/ou equipamento, non será necesario acreditar que o proxecto non está iniciado nos termos expostos.

b) Que se desenvolvan no territorio de Galicia, exceptuando as zonas incluídas nos perímetros urbanos definidos como tales no planeamento urbanístico vixente das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

c) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento do pagamento final cumpran os obxectivos e funcións para os cales se lles concedeu a axuda.

d) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.

e) Que se axusten á normativa sectorial que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

f) Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases.

g) No suposto de proxectos de ampliación e/ou modernización dunha actividade económica xa existente, o investimento proxectado deberá mellorar o rendemento global da empresa solicitante.

h) Nos proxectos de creación dunha pequena empresa, será requisito necesario acreditar a xeración de emprego equivalente, cando menos, a unha unidade de traballo anual (UTA). Para estes efectos, unha UTA equivale ao traballo dunha persoa na empresa en cuestión ou por conta da dita empresa a tempo completo durante todo o ano de que se trate. O traballo das persoas que non traballan todo o ano, ou traballan a tempo parcial, independentemente da duración do seu traballo, ou o traballo estacional, computarase como fraccións de UTA.

Para estes efectos, enténdese por xeración de emprego a creación de novos postos de traballo fixos, eventuais, a tempo parcial ou a tempo completo, independentemente do réxime laboral que os regule.

No caso de empresas con actividade preexistente, deberán, polo menos, manter o emprego existente na dita empresa (computado en UTAS) no momento da solicitude da axuda.

i) Que o orzamento elixible estea comprendido entre 10.000 e 300.000 euros

Contía das axudas

A axuda será do 45 % dos gastos subvencionables.
Prazo de solicitude: ata o 07/05/2016

Máis información

http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/AGAD009

viernes, 15 de abril de 2016

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 3 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPACIOS NATURAIS, a xornada completa, sendo a data de inicio o 09 de maio e a de término o 08 de agosto.

Algúns dos requisitos que deben cumprir os candidatos son:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión do certificado de estudios primarios ou certificado de escolaridade.

O prazo de solicitude remata o próximo día 26 de abril, ás 15:00 horas. A proba de selección realizarase o día seguinte, 27 de abril, ás 10:00 horas na Casa consistorial.

Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

martes, 12 de abril de 2016

OFERTA DE EMPREGO

NECESITÁNSE 3 CAMAREROS E 2 AXUDANTES DE COCIÑA PARA TEMPORADA DE VERÁN. INTERESADOS CHAMAR O 650319059 OU ENVIAR CV A : mariagomezbasanta@gmail.com

AXUDAS PARA OS ESTABLECEMENTOS HOSTELEIROS PARA A OBTENCIÓN OU MANTEMENTO DA Q DE CALIDADE

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Fin do prazo de solicitude: 7 de maio de 2016

AXUDAS A AGRICULTORES




AGADER:

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2016.



 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL:

 ORDE do 22 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016.






miércoles, 6 de abril de 2016

OFERTA DE EMPREGO PERSOAL ADMINISTRATIVO DO GALP A MARIÑA -ORTEGAL

Aberto o prazo de solicitude desde mañá día 07/04/2016.
 Máis información no seguinte enlace: http://www.accioncosteira.es/?q=gl/node/2499

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples, a xornada completa, con adscrición aos servizos municipais do concello do Vicedo, e por un período de seis meses, a contar a partir do próximo 28 de abril de 2016.

O prazo de inscrición remata ás 15:00 horas do próximo día 18 de abril. A selección realizarase a partir dás 10:00 h. do día 19 de abril de 2016, na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.