lunes, 29 de agosto de 2016

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA E CURSOS PREPARATORIOS CELGAS


No seguinte enlace aparece toda a información para inscribirse nos cursos de linguaxe administrativa e cursos preparatorios dos CELGA

ORDE do 4 de agosto de 2016 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia. 


INSCRICIÓN PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CELGAS POR LIBRE


Ata o día 19/09/2016, está aberto o prazo para a inscrición nas probas para a obtención dos CELGAS 1,2,3 e 4

Máis información:


http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0214/resolucion-11-xullo-2016-secretaria-xeral-politica-linguistica-pola-que-convocan

AXUDAS DO INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

No enlace que aparece a continuación pódense consultar tódalas axudas convocadas polo Instituto galego de promoción económica, que recentemente publicou entre outras as seguintes convocatorias:

- Apoio financeiro ás PEMES. Bonificación dos custos de financiamento de préstamos superiores a 25.000 euros.
- Microcréditos. Bonificación dos custos de financeiros das microempresas titulares de préstamos inferiores a 25.000 euros



http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/axudas/0/IGAP

jueves, 25 de agosto de 2016

OFERTA DE EMPREGO

 Están expostas no taboleiro de anuncios do concello de O Vicedo, as bases para a selección mediante concurso-oposición, dun peón de recollida de lixo, como persoal laboral temporal, por un período de sesis meses, a xornada completa, sendo a data de inicio prevista 14 de setembro de 2016
 
O prazo de presentación de instancias remata o día 01 de setembro de 2016, ás 09:30 horas. A selección realizaráse  ese mesmo día 01 de setembro, a partir das 10:00 horas, na casa consistorial.
 
Para máis información e solicitudes: pasar polo concello ou pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou chamar ao 982590195.

martes, 23 de agosto de 2016

OBRADOIRO DE EMPREGO RIO SOR IV

Está previsto proximamente por en funcionamento un Obradoiro de emprego conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Río Sor IV". O número de alumnos/-as participantes é de 20, correspondendo 10 a este concello e distribuidos do seguinte xeito:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 4 persoas.
- Traballos de carpintería e moble: 6 persoas.
Os candidatos deberán estar inscritos como desempregados na oficina de emprego de Viveiro e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que poden establecerse nas bases de selección. Para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio é necesario ter unha titulación mínima: ESO ou equivalente.
 
Os interesados deben pasar pola oficina de emprego de Viveiro para inscribirse especificamente para Obradoiros de emprego e nunha das dúas especialidades en concreto.
 
Ademáis, contratarase  outro persoal de xestión e apoio: un director, monitores un adminsistrativo.