martes, 29 de mayo de 2012

OFERTAS DE EMPREGO

Ofertas de emprego publicadas en INFOJOBS:

- Copiloto Sar Flota S-76 para a base de Viveiro. Experiencia mínima de 3 anos con polo menos 1.300 horas de vuelo.

- Asesor/a comercial para Previsión Sanitaria Nacional na zona de A Mariña.

- Inxeñeiro de obra pública ou inxeñeiro de camiños, canles e portos para A Mariña. 

- Vila Chao, S.L necesita para Viveiro 1 persoa para mantemento con coñecementos de pintura e albanelería e dispoñibilidade para formarse en hostelaría. 


Para máis información: http://www.infojobs.net/

PROGRAMA "TOMANDO AS RENDAS" SOBRE FOMENTO DO AUTOEMPREGO

Proximamente ponse en marcha a iniciativa “Tomando as rendas”, sobre o fomento do autoemprego e o emprendemento entre as mulleres de zonas rurais que teñen á súa arredor oportunidades empresariais pero non dispoñen do coñecemento, financiamento e decisión para poñer en marcha as súas propias empresas.


As actividades que se levarán a cabo teñen 3 partes ben diferenciadas:

1. Motivación ao emprendemento e maduración de ideas empresariais por parte das usuarias

2. Capacitación dixital básica e ofimática a nivel usuario

3. Formación en “Plan de Empresa”: a través de 5 talleres en modalidade online que se poñen a disposición das usuarias na plataforma do proxecto (www.tomandolasriendas.es)

A primeira parte consistirá nunha videoconferencia ditada dende Santiago de Compostela, e na que participarán, ademais de Vicedo, outras aulas da xeografía galega.


Para tomar parte nesta iniciativa as persoas interesadas deberán inscribirse na Aula Cemit do Concello de O Vicedo, sita nos baixas da Casa da Cultura. E-mail: cemit.ovicedo@xunta.es. Tlf.: 982590195

lunes, 28 de mayo de 2012

OFERTA EMPREGO 3 PEÓNS

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 3 peóns de protección do ambiente e espacios naturais, a xornada completa, durante 3 meses, sendo a data de inicio o 11 de xuño.


Requisitos que deben cumprir os candidatos:

- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.

- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.

- Estar en posesión do certificado de estudios primarios ou certificado de escolaridade.

Todos os requisitos anteriores deberán posuírse o día en que remate o prazo de presentación de instancias e deberán presentarse nas oficinas municipais coa solicitude (DNI e xustificante de estudios realizados).


O prazo de solicitude remata o próximo día 06 de xuño, ás 9:30 horas, celebrándose ese mesmo día o proceso selectivo a partir das 10:00 horas.


Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

jueves, 24 de mayo de 2012

PROGRAMA EMEGA PARA MULLERES EMPRESARIAS E EMPRENDEDORAS

Programa da Presidencia da Xunta de Galicia que pretende incentivar as mulleres emprendedoras de Galicia para a posta en marcha, mellora ou reactivación de iniciativas empresariais como medio adecuado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través das seguintes liñas de actuación:

1.1. Liña Emprende: programa de axudas económicas a través de primas para estimular a posta en marcha de iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino por conta propia e allea.


1.2. Liña Innova: programa de axudas económicas mediante primas para promover a realización de melloras innovadoras nas empresas lideradas por mulleres que comparten a creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.

1.3. Liña Activa: programa de axudas económicas a través de primas para favorecer a reactivación e consolidación de empresas lideradas por mulleres por medio da aplicación de medidas de renovación, relanzamento, ampliación ou cambio de localización da actividade coas cales acadar o equilibrio empresarial buscando o seu mantemento e promoción no contexto económico actual.

1.4. Liña Concilia: programa de apoio á conciliación do exercicio profesional coa vida persoal e familiar dirixido ás empresas que acceden a calquera dos programas das liñas Emprende, Innova ou Activa nas cales existan promotoras con fillos/as menores de tres anos, para favorecer o exercicio profesional das emprendedoras que compatibilizan a súa actividade co exercicio da maternidade en idades temperás e/ou nas cales, a través de acordos, convenios ou contratos de teletraballo, se implementen novos sistemas de organización, que comparten flexibilidade no uso dos tempos para a execución do traballo e o desenvolvemento sustentable dos recursos, para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral e o exercicio das responsabilidades familiares compartidas do equipo humano que integra a empresa.

Fin prazo presentación de solicitudes: 22 de xuño de 2012.

Máis información:
http://app.igape.es/.axudas/ficha.asp?cod=PRES004
 
Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo, con oficina sita na Casa da Cultura

AXUDAS I+E+E PARA O AUTOEMPREGO

Axuda convocada pola Consellería de Traballo e Benestar 

Beneficiarios:
Empresas privadas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades cooperativas e sociedades laborais, que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda e nas que concorran, na data de inicio da actividade, as seguintes circunstancias:


■que sexan empresas de nova creación
■que sexan viables técnica, económica e financeiramente
■que xeren emprego estable para persoas desempregadas
■que teñan o seu domicilio social e fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia
■que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios promotores non figure ningunha persoa xurídica
■que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros e
■que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade de promotores desempregados que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

Tipos de axuda
Subvención á xeración de emprego estable

Os postos de traballo de carácter indefinido creados, incluídos os das propias persoas promotoras, ocupados por persoas desempregadas incentivaranse, ata un máximo de dez, cada un deles coas seguintes subvencións:

A. 4.000 euros para desempregados en xeral.
B. 5.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos.
C. 5.000 euros para mulleres desempregadas.
D. 5.600 euros para mozas desempregadas de 30 ou menos anos.
E. 6.000 euros para persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego, persoas desempregadas de longa duración, persoas emigrantes retornadas, persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social e persoas desempregadas con discapacidade.


Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo, en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, na xornada ordinaria legal.

Poderán ser obxecto desta subvención os postos de traballo estables de carácter indefinido creados desde o 01/10/2011 ata o 30/09/2012.

Subvención financeira

Redución dos xuros de préstamos necesarios para a creación e posta en marcha das empresas tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible.

Esta subvención será como máximo de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo. O importe desta subvención deberá destinarse á amortización do principal do préstamo.

O importe máximo desta subvención non poderá superar as seguintes contías:

A. 4.000 euros para desempregados en xeral.
B. 5.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos.
C. 5.000 euros para mulleres desempregadas.
D. 5.600 euros para mozas desempregadas de 30 ou menos anos.
E. 6.000 euros para persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego, persoas desempregadas de longa duración, persoas emigrantes retornadas, persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social e persoas desempregadas con discapacidade.

Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo e Benestar. (Ver nota informativa sobre a subvención financeira).

Para os efectos do cálculo da contía desta axuda teranse en conta os postos de traballo creados desde o 01/10/2011 ata o 30/09/2012.

Subvención para asistencia técnica

Para axudar á persoa promotora ou empresario/a na toma de decisións necesarias para o funcionamento da empresa. A asistencia técnica poderá consistir nas modalidades de formación e realización externa de estudios e informes sobre a actividade.

A contía da subvención será de ata o 75% do custo dos servizos recibidos, cun límite máximo de 12.000 euros polo conxunto das modalidades de asistencia técnica previstas.

• Subvención para o inicio da actividade

Para o financiamento dos primeiros gastos da actividade poderá concederse unha subvención de ata 2.400 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez. Para as persoas desempregadas de longa duración e as persoas desempregadas con discapacidade a contía desta subvención será de ata 3.600 euros. Para as persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego a contía desta subvención será de ata 4.800 euros.

Serán subvencionables os gastos de constitución da empresa, a compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local, de maquinaria e de equipos informáticos, gastos do seguro do local, publicidade e subministracións.

Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos promotores.

Subvención do 75% do custo dos servizos de gardería, ata un máximo de 3.000 euros, para os promotores que sendo titulares dunha familia teñan fillos menores de tres anos.

Poderán ser beneficiarias as empresas polos promotores que obtendo a subvención á xeración do emprego estable, sexan titulares de familias monoparentais ou na que os dous cónxuxes realicen unha actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da Seguridade Social.

Incrementos dos incentivos.

As contías máximas das axudas deste programa, incrementaranse nun 25% nos casos de que a empresa teña o seu domicilio social e o centro de traballo nun concello das provincias de Lugo e Ourense.


Procedemento de concesión

As subvencións se concederán unha vez sexa comprobado o cumprimento dos requirimentos e condicións establecidas na orde de convocatoria ata o esgotamento do crédito.

Prazo de solicitudes


• O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2012. Non obstante deberán respectarse os prazos específicos establecidos para cada tipo de axuda:

• Subvención á xeración de emprego estable: 1 mes desde a data de alta na Seguridade Social.

* Subvención financeira: 1 mes desde o inicio da actividade.

• Subvención para asistencia técnica, subvención para o inicio da actividade e subvención para a conciliación da vida profesional e laboral dos promotores: no prazo xeral.






miércoles, 23 de mayo de 2012

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO a xornada completa.

Deben cumprirse os seugintes requisitos:

-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
-Dispor de vehículo e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.
- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 29 de maio, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

miércoles, 16 de mayo de 2012

CURSOS FORMACIÓN DE ADULTOS

No DOG do día de hoxe publícase a axuda concedida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a este concello de O Vicedo, para o curso de formación de adultos preparatorio da proba extraordinaria para obter o Graduado en educación secundaria obligatoria, que está a celebrarse desde o pasado mes de marzo.

REXISTRO GALEGO DE COMERCIO

Decreto 118/2012, do 20 de abril, polo que se regula o Rexistro Galego de Comercio, publicado no DOG núm. 84, de 3 de maio de 2012.



O Rexistro Galego de Comercio é un rexistro no que os establecementos comerciais, persoas comerciantes e asociacións de comerciantes poden inscribir os seus datos, comunicar calquera variación dos mesmos ou cancelar a inscripción.

Ten as seguintes características:
•é un rexistro público,
•a inscripción e gratuíta,
•ten natureza administrativa, para os únicos efectos de información, estadísticos e de publicidade,
•presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es),
•a inscripción é considerada condición indispensable para optar a calquera das liñas de axuda convocadas pola Administración da Comunidade Autónoma ou para participar activamente nos programas específicos.


A inscripción pode ser nalgunha das seguintes seccións:
•establecementos comerciais permanentes,
•persoas comerciantes retallistas sen establecemento permanente,
•vendas a distancia (comunicación obligatoria),
•comerciantes ambulantes,
•actividade comercial en réxime de franquía (comunicación obligaria),
•asociacións de persoas comerciantes,

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello de O Vicedo, as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun peón de oficios varios, para un contrato de seis meses de duración, con data de inicio 26 de maio.


O prazo de presentación de instancias remata o día 23 de maio, ás 9:30. Realizándose a partir das 10 horas o proceso de selección na casa consistorial.

Para máis información e solicitudes: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.



martes, 15 de mayo de 2012

CURSOS DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A DESEMPREGADOS

A Consellería de Traballo e Benestar concedeu axudas para a programación de novos cursos dentro do plan AFD 2012, dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego.

A continuación pódese consultar o listado de cursos aprobados para a provincia de Lugo:


Si estás interesado en algún curso, podes chamar o teléfono da institución ou organismo que organiza o curso, ou preguntar directamente na oficina de emprego.

lunes, 14 de mayo de 2012

PRAZAS DE LECTORES DE GALEGO

No DOG de hoxe publicouse a convocatoria de prazas de lectores de lingua e literatura galegas.. en universidades nacionais e do estranxeiro:

http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_formacion

OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN LABORAL: EMPRÉGATE

O venres 18 de maio, ás 19:00 horas, na Casa de Cultura de O Vicedo, técnicos da Xunta de Galicia, impartirán un OBRADOIRO (PRÁCTICO E DINÁMICO) DE ORIENTACIÓN LABORAL

Está dirixido a persoas de calquera idade que estén buscando traballo ou calquer persoa interesada no tema.

Contidos:
-Autoevaluación do candidato análise DAFO.
- Mercado laboral: nichos de emprego.
- Programa EMPRENDE.
- A importancia do currículum vitae.
- O uso da carta de presentación.
- Como enfrontarse a unha entrevista de traballo.

É necesario inscrición previa: ata o mércores 16 de maio, na OMIX de O Vicedo (Casa da Cultura. Tlf.: 982590195) ou de Mañón.

Organizan: OMIX Concello de O Vicedo e OMIX Concello de Mañón.
Colabora: Consellería de Traballo e Benestar.

miércoles, 2 de mayo de 2012

V RUTA DE PINCHOS


Os días 19 e 20 e 25 e 26 de maio terá lugar a tradicional Ruta de Pinchos, que chega a súa quinta edición. Este ano a novidade estaría na ruta 2 que en lugar de celebrarse o sábado e domingo como solía facerse, celebrarase o venres e sábado pola noite. Ademáis, estableceuse o precio dun euro.
A continuación relacionamos as especialidades que se desgustarán nos distintos establecementos participantes.

RUTA 1


SÁBADO 19 E DOMINGO 20 DE MAIO

Chiringuito de “Abrela”. Suegos: Seis mariscos e medio.
Restaurante “Area Grande”. San Román: Zocas cheas.
Casa Fanego. San Román: Bocaditos de Gloria.

RUTA 2

VIERNES 25 E SÀBADO 26 DE MAIO

Restaurante “Os Cruces”: Polo o Chilindrón.
Cafetería “Casa da Cultura”: Antoxos do mar.
Mesón “O Remo”: Solomillo especial “O Remo”
Café-Bar “Plaza”: Lomo de merluza en salsa rioxana.
Café-Bar “San Esteban”: Salpicón de peixe e marisco.
Cafetería “Don Manuel”: …… O ajillo (sólo o sábado)
“La Bodeguita del Puerto”: Capricho da Bodeguita.
Café-Bar “Santo Domingo”: Lengua estofada.