lunes, 23 de febrero de 2015

TALLER COIDADOS A PACIENTES DEPENDENTES NA CASA DA CULTURA DO VICEDO

Para inscribirse: http://feweb-fegas.sergas.es/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512 ou na Casa da Cultura de O Vicedo

PROGRAMA BEN EMPREGADO DA EXCMA. DEPUTACION DE LUGO PARA A CONTRATACION DE DESEMPREGADOS



Está aberto o prazo desde hoxe ata o día 03 de marzo de 2015 para inscribirse no programa de fomento do emprego da Excma. Deputación Provincial de Lugo, tamén chamado “Ben empregado”.

Requisitos:
-         
-            - Desempregados da provincia de Lugo maiores de 16 anos. (excluídos os que se atopen en situación de mellora de emprego)
-          - Empadroados en calquer municipio da provincia de Lugo e inscritos na correspondente oficina de emprego.
-          - Capacitación ou titulación requerida para o posto de traballo solicitado (ver perfís demandados)

As solicitudes debén dirixirse a Excma. Deputación Provincial de Lugo, e xunto coa solicitude debe de axuntarse a seguinte documentación:
-           
-     - DNI
-          - Tarxeta de demanda de emprego ou certificado de empadroamento.
-          - Currículum vitae actualizado.
-          - Vida laboral.
-          - Titulo académico esixido si é o caso.
-          - Acreditación dos méritos (a experiencia laboral pode acreditarse con contrato de traballo, certificado de empresa ou copia compulsada dunha nómina).

As empresas comprométense a contratar os traballadores seleccionados pola deputación durante un período mínimo de 12 meses.

Non se admitirá máis dunha solicitude por candidato, pero poderá optar a dous perfís profesionais.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 3 de marzo de 2015



Máis información:




viernes, 20 de febrero de 2015

OFERTA DE EMPREGO

 Están expostas no taboleiro de anuncios do concello de O Vicedo, as bases para a selección mediante concurso-oposición, dun peón de recollida de lixo, como persoal laboral temporal, por un período de sesis meses, a xornada completa.
 
O prazo de presentación de instancias remata o día 02 de marzo de 2015, ás 15:00 horas.
 
Para máis información e solicitudes: pasar polo concello ou pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou chamar ao 982590195.

miércoles, 11 de febrero de 2015

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO




Son subvencionables distinta actuacións realizadas a partir do 1 de xaneiro de 2015 e a data límite de xustificación:

1. Para comerciantes minoristas:

1)Acondicionamento de local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 metros cadrados. Non será de aplicación esta limitación de superficie para as actividades encadradas baixo o epígrafe do IAE 653.1 Investimento máximo: 10.000 euros (Ive excluido), e 40% como máximo de porcentaxe de subvención.

2)  Medidas orientadas a mellorar a imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado a actividade e para uso exclusivo da zona de venda. Investimento máximo subvencionable: 5.000 euros. Importe da subvención 40%


3) Ferramentas ou programas informáticos que melloren a xestión do establecemento. Inversión máxima subvencionable: 4.000 euros; IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 50%

4) Desenvolvemento e implantación de sistemas de empaquetado e etiquetado dirixido a mellora da loxística e comercialización do produto e o deseño da súa presentación. Inversión máxima subvencionable: 5.000 euros; IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 50%.

5) Novos sistemas de comercialización que combinen  o comercio online e offline. Inversión máxima subvencionable: 6.000 euros; IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 50%.

6) Novos sistemas de comercialiación e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda. Excluidas accións de publicidade. Inversión máxima subvencionable: 8.000 euros; IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 50%.



2. Para titulares de obradoiros artesanais.

3. Para as federacións de comerciantes.

4. Para as asociacións profesionais de artesáns.

O prazo de solicitude finaliza o día 11/03/2015.

Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo