lunes, 29 de enero de 2018

SUBVENCIÓN A PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS PDR 2018-2019 AGADER



Finalidade: Subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas.  

Beneficiarios:
a) Microempresas e pemes de zonas rurais constituídas antes do 01/01/2018.

b) Persoas físicas de zonas rurais, que estean de alta en autónomos ou por conta propia antes do 01/01/2018..

c) Titulares dunha explotación agraria, ou membros da unidade familiar que diversifiquen a súa actividade en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación, de alta antes do 01/01/2018.

Proxectos subvencionables:

a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais.
Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.

c) Prestación de servizos en calquera sector económico, excluíndo servizos de maquinaria agrícola e forestal e servizos enerxéticos.

d) Prestación de servizos sociais.

e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

f) Artesanía e actividades artesanais.

g) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.

h) Actividades nos sectores da enxeñería, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.

i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

Destacar:
- Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
- Quedan excluídos os proxectos cun orzamento elixible inferior a 10.000 € ou superior a 300.000 €; no sectror da artesanía os límites son 5.000 € e 100.000 € respectivamente.
- Non se subvenciona adquisición de maquinaria, equipamento e materiais de segunda man.
Axuda: 45% dos gastos subvencionables.

Prazo de solicitude: do 30 de xaneiro ao 1 de marzo de 2018.

SUBVENCION PARA CREACIÓN DE EMPRESAS PARA ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS EN ZONAS RURAIS. IGAPE 2018




Beneficiarios:
a) Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen sus actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

b) Microempresas e pequenas empresas de nova creación ou que inicien unha actividade distinta á que tiñan no momento da solicitude da axuda.

c) Persoas  físicas que residan nunha zona rural, ben para crear unha nova empresa ou ben para iniciar unha actividade distinta.

Con carácter xeral serán subvencionables as seguintes actividades:

a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais.
Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.

c) Prestación de servizos en calquera sector económico.

d) Prestación de servizos sociais.

e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

f) Artesanía e actividades artesanais.

g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TICs), innovación tecnolóxica e comercio electrónico

h) Actividades nos sectores da enxeñería, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.

i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

j) No sector da restauración turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.    
Requisitos destacables do proxecto:
a) No ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
b) Os gastos e/ou investimentos incluídos no plan de negocio que deberá presentar o solicitante terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.
c) Será obrigatoria a creación dun mínimo de 1 emprego, ben sexa por conta propia ou indefinido por conta allea.
O plan de negocio que amose a viabilidade da iniciativa, axustarase aos contidos definidos no formulario electrónico de solicitude de axuda.
Contía da axuda: A axuda consistirá nunha  prima básica de 20.000 euros, que poderá incrementarse ata un máximo de 70.000 euros de acordo aos rangos marcados na orde reguladora.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 26/03/2018.


Máis informaciónhttps://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2018/20180125/Secciones2_gl.html

AXUDAS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN




Entidades beneficiarias
1. As empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
2. As empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).
3. As persoas promotoras para a axuda á conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Obxecto

Xerar emprego estable para as persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres; as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, e as unidades familiares con todos os seus membros en situación de desemprego, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego, mediante os seguintes tipos de axuda:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para a formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Prazo de solicitudes
- O prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas dos programas regulados nesta orde finalizará o 31 de xullo de 2018.

- Para a axuda de xeración de emprego, o prazo para as actuacións realizadas ata a publicación desta orde será de dous meses desde a súa publicación.

Máis información: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?ruta=/srv/www/doga/Publicados/2018/20180126/Secciones1_gl.html&paginaCompleta=false&compMenu=10102

viernes, 26 de enero de 2018

AXUDAS PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO




Obxecto: axudas para á promoción do emprego autónomo.

Requisitos:
-         Causar alta, con anterioridade á presentación da solicitude,  no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, en Galicia, entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
-         estar inscrito como demandante de emprego, carecendo de ocupación na data de incio da actividade.
-         Non ter percibido subvencións de programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores.
-         Non ter desenvolvido a mesma actividade como autónomos/as na mesma localidade nos seis meses anteriores ao inicio da actividade, nin ter estado de alta como autónomos/as nos tres meses inmediatamente anteriores.
Importe:
-         Persoas desempregadas en xeral: 2000 €.
-         4000 € para persoas desempregadas que ademáis sexan: menores de 30 anos; ou desempregadas de longa duración; ou desempregadas con discapacidade; ou desempregadas en situación ou risco de exclusión social.
-         A contía increméntase un 25% en cada un dos seguintes supostos (acumulables): muller; centro de traballo situado nun concello rural; persoas maiores de 45 anos; emigrantes retornados. Sendo a contía máxima 8.000 €.
Destacar:
-         Hai que manter a alta no RETA durante un mínimo de dous anos e durante un ano a forma xurídica elixida.
-         Esta axuda é incompatible co Programa Emega de emprendemento feminino.
-         As persoas autónomas poderán formar parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica, sempre que soliciten a subvención a título persoal. A entidade deberá estar constituída antes da presentación da solcitude.
-         Exclúense: sociedades mercantís, cooperativas, sociedades laborais e autónomos colaboradores.