jueves, 28 de octubre de 2021

IV Plan de rescate a autónomos, profesionais e empresas pola crise do COVID, con axudas para a reducción das débedas.

ORDE do 18 de outubro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do IV Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19, mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR700A)

Persoas e entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas directas previstas nesta orde:

a) Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia, e profesionais (de ser o caso, mutualistas) en réxime de estimación obxectiva, con domicilio fiscal en Galicia e que exerzan unha actividade económica.

b) Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia, os profesionais e empresas, con domicilio fiscal en Galicia, que exerzan unha actividade económica e que teñan unha caída do volume de operacións anual declarado ou comprobado pola Administración, no imposto sobre o valor engadido ou tributo indirecto equivalente, de máis dun 30 % no ano 2020 respecto do ano 2019.

c) Así mesmo, poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que continúan coa súa actividade, aínda que non estean de alta no momento de presentación da solicitude e estean de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses nalgún dos anos 2019 ou 2020.

Para os efectos desta orde, ás persoas traballadoras autónomas que estean de alta durante un período superior a 9 meses aplicaráselles o réxime xeral e non o de tempada.

d) Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas e empresas dadas de alta ou creadas entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de marzo de 2020 e empresas que realizasen unha modificación estrutural da sociedade mercantil entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2020.

Obxecto

1. O obxecto deste programa é a concesión dunha axuda económica, financiada con fondos distribuídos polo Goberno de España, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento.

2. As axudas directas terán carácter finalista e deberán aplicarse a satisfacer a débeda e a realizar pagamentos a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros, así como a compensar os custos fixos en que se incorreu, sempre e cando estes se xerasen entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de setembro de 2021 e procedan de contratos anteriores ao 13 de marzo de 2021.

3. En primeiro lugar, satisfaranse os pagamentos a provedores e outros acredores non financeiros, por orde de antigüidade. Se procede, en segundo lugar, reducirase a débeda con acredores financeiros, primando a redución da débeda con aval público, segundo o disposto no número 2 deste artigo. Por último, poderá destinarse o remanente da axuda a compensar os custos fixos en que se incorreu, sempre e cando fosen xerados entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de setembro de 2021 e procedan de contratos anteriores ao 13 de marzo de 2021. Inclúense as perdas contables propias da actividade empresarial que non fosen xa cubertas por estas ou outras axudas.


Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e remata o 29 de novembro de 2021, incluído.

Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211028/AnuncioG0599-201021-0001_es.html 

miércoles, 27 de octubre de 2021

Axudas a actividade de marisqueo a pé paralizada pola COVID-19

ORDE do 25 de outubro de 2021 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, pola paralización temporal da actividade de marisqueo a pé como consecuencia do gromo da COVID-19 (cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) (código de procedemento PE401I).

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas titulares de permisos de explotación para marisqueo a pé para recursos marisqueiros xerais ou específicos que levaran a cabo actividade extractiva (días de actividade) cando menos, 120 días durante os anos 2018 e 2019.

Segundo. Finalidade

As axudas terán como finalidade:

Paralización temporal da actividade de marisqueo a pé do 1 de xullo ao 31 de decembro de 2020 (ambos incluídos) como consecuencia do gromo da COVID-19.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.

Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Curso de mariñeiro/-a pescador/-a na aula de formación pesqueira de Celeiro

Convocado un curso de mariñeiro/-a pescador/-a a realizar do 15/11/2021 ao 29/11/2021 na aula de formación pesqueira de Celeiro.

As persoas interesadas deberán ter feitos os dezaseis anos de idade e presentar a correspondente solicitude e documentación.

Máis información: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou directamente na Xefatura Territorial de Celeiro da Consellería do Mar.

Publicadas as datas para as probas para a obtención dos CELGA

 RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021, que foron convocadas mediante a Resolución do 26 de agosto de 2021 (código de procedemento PL500C).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211027/AnuncioG0598-151021-0001_gl.html

jueves, 21 de octubre de 2021

Acta selección administrativo/-a, como funcionario interino. Subvencionado polo programa Fomento do emprego 2021

Publicada no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello do Vicedo acta da selección para o nomeamento como funcionario interino dun administrativo, dentro do programa: fomento do emprego do plan provincial único de cooperación cos concellos 2021, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 19 de octubre de 2021

Lista definitiva de admitidos e excluidos selección ADMINISTRATIVO, funcionario interino. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo. Programa Fomento do emprego 2021

Publicouse no día de hoxe 19/10/2021 a lista de admitidos e excluidos definitiva  en relación coas bases  para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.

 As probas e valoración de méritos terán lugar o día 21 de outubro de 2021, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)


Oferta de emprego: operario de servizos múltiples

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na súa sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, con carácter de urxencia por non cobertura da vacante, mediante concurso-oposición, dun/dunha operario/-a de servizos múltiples, a xornada completa. A data de inicio prevista é o día 2 de novembro de 2021, e cunha duración de seis meses.


O prazo de inscrición queda aberto desde  mañá día 20 de outubro de 2021 e ata o día 25 de outubro de 2021. A selección realizarase o día 26 de outubro de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.


Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1

jueves, 14 de octubre de 2021

Lista de admitidos/excluidos provisional para a selección dun administrativo, como funcionario interino. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo "Fomento do emprego 2021"

Publicouse no día de hoxe 14/10/2021 a lista de admitidos e excluidos provisional  en relación coas bases  para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 15 e 18 de outubro para efectuar as alegacións que estimen oportunas.

 As probas e valoración de méritos terán lugar o día 21 de outubro de 2021, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)


Oferta emprego: auxiliar de axuda no fogar, a xornada parcial (32 h/semana)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (32 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 04 de novembro, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición é desde o día 15 de outubro de 2021 e ata o 25 de outubro de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 27 de outubro de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.


Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 7 de octubre de 2021

Oferta emprego: operario/-a servizos múltiples

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na súa sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha operario/-a de servizos múltiples, a xornada completa. A data de inicio prevista é o día 28 de outubro de 2021, e cunha duración de seis meses.


O prazo de inscrición queda aberto desde  mañá día 08 de outubro de 2021 e ata o día 18 de outubro de 2021. A selección realizarase o día 19 de outubro de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.


Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1


miércoles, 6 de octubre de 2021

Axudas a establecementos hosteleiros para investimentos e equipamentos post covid

 QUEN PODE SOLICITAR ESTA AXUDA?

Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 (inclúe autónomos que cumpran a condición de pequena empresa) do sector da hostalaría que teñan o seu domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia, o establecemento turístico para o que se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

 

Para os efectos destas axudas, considéranse dentro do sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais, albergues turísticos e outros tipos de aloxamentos, ademais de restaurantes, bares e outros establecementos de restauración, recollidos nos capítulos IV e V da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

 

QUE SE SUBVENCIONA?

 

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hostaleiros mediante a realización de investimentos en equipamentos post covid.

Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2021. En ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento anteriores á dita data.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

Gastos subvencionables e importe máximo da subvención por entidade solicitante .

1. Considéranse gastos subvencionables aqueles nos que incorrese a entidade solicitante ata o 30 de novembro de 2021 con respecto aos conceptos seguintes:

• Sistemas domóticos, control de distancias, optimización de procesos, portas e consignas automáticas, controis de acceso, renovación de aire, sistemas de climatización e softwares de control asociados.

• Sistemas de chekin-in automáticos.

• Carteleira, rotulación, sinalética e actuacións vinculadas con esta.

• Equipamento, directo ou indirecto, que poida servir de apoio ou difusión no control da pandemia (medidores de CO2, ionizadores, dispensadores, etc.).

• Reformas orientadas á creación de espazos que suxiran maior amplitude (cores claras, incorporación de espellos, etc.).

• Envoltorios e material dun só uso. O total de gastos destinados a este concepto non poderá superar o 10 % dos gastos totais subvencionables.

• Procesos de desinfección e desinfección recorrente realizados por empresas externas con motivo da COVID, que non teñan a consideración de gastos de limpeza ordinaria.

• Novo equipamento de hixienizado e lavado.

• Novo equipamento para novos produtos, presentacións ou métodos de conservación.

• Equipamento multiservizo.

2. Non son gastos subvencionables aqueles conceptos que non estean directamente relacionados coas actuacións subvencionables e, en ningún caso, os seguintes:

a) Adquisición de terreos, edificacións, locais e elementos de transporte.

b) Adquisición de bens de equipo de segunda man.

c) Gastos correntes da empresa e a adquisición de material non inventariable, así como menaxe de cociña e comedor (vaixela, cubertaría, cristalaría e pequenos utensilios), enxoval dos cuartos e baños, e adquisición de bens de embelecemento e decoración de estancias, coa excepción dos envoltorios e material dun só uso recollidos no punto anterior.

d) Obras de mantemento do establecemento, entendendo por tales as que se realizan periodicamente para manter a edificación en perfecto uso (limpeza de canalóns, pintura, arranxos de carpintaría,...).

e) Seguros, taxas por autorizacións administrativas, licenzas ou similares.

f) Activos adquiridos mediante leasing ou renting nin os que fosen fabricados, realizados ou desenvolvidos pola entidade solicitante.

En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se subvencionarán os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

3. O importe máximo de subvención será dunha porcentaxe do gasto subvencionable cos límites que a continuación se expresan de acordo co investimento realizado:

• O importe máximo de subvención será do 90 % do investimento, cun máximo de 50.000 euros por beneficiario.

 

PRAZO SOLICITUDE: do 07/10/2021 ao 08/11/2021, ou ata o esgotamento do crédito. Van resolvendo por orde de entrada.

MÁIS INFORMACIÓN: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503E&ano=2021&numpub=1&lang=gl

lunes, 4 de octubre de 2021

APERTURA LISTAS CONTRATACIÓN SEAGA

 Aberto o prazo para actualización de méritos nas listas do SEAGA e permítese, ademais, a inscrición de novos candidatos.  O PRAZO de inscrición abarcará DENDE O 1 DE OUTUBRO ATA O 2 DE NOVEMBRO INCLUíDOS, nas oficinas de Seaga ou por correo certificado.


     Salvo imprevistos que obriguen a aperturas extraordinarias, é que no ano próximo todos os procesos selectivos de contratación de persoal  temporal para traballos nos encargos recibidos se leven a cabo cos candidatos que se inscriban agora. As categorías previstas son: Arquitecto, Biólogo, Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Agrónomo, Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Licenciado en Dereito, Licenciado en Económicas, Titulado en Ciencias do Mar, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico Forestal, Enxeñeiro Técnico Agrícola, Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, Técnico de Laboratorio, Capataz, Xefe de Brigada, Maquinista-condutor, Peón, Especialista, Peón.


   Os que desexen actualizar méritos só terán que acreditar os méritos de experiencia externa a incorporar (vida laboral e contratos), pois os méritos de Seaga actualízanse de oficio.  Os que desexen inscribirse de novo terán que presentar toda a documentación (DNI, certificado médico, empadroamento, etc...)

  A APERTURA DAS LISTAS NON IMPLICA NECESARIAMENTE QUE HAXA CONTRATACIÓNS NOS PRÓXIMOS MESES, as contratación efectuanse unha vez recibidos encargos que impliquen a necesidade de traballadores desas categorías.

 Toda a información aparecerá publicada na páxina web de Seaga (WWW.EPSEAGA.COM). É importante que os candidatos comproben correctamente a documentación a presentar (aparece claramente detallada nas bases), consulten, e resolvan con tempo calquera incidencia.

Publicados resultados selección alumnos/traballadores obradoiro de emprego Terras do Sor V.

No día de hoxe publicáronse os resultados da selección dos alumnos/traballadores para o obradoiro de emprego "Terras do Sor V".

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0