martes, 31 de marzo de 2015

PROGRAMA BEN EMPREGADO II. NOVA CONVOCATORIA

Nova convocatoria do programa posto en marcha pola Excma. Deputacion Provincial de Lugo para  o fomento do emprego.

Por un lado as empresas interesadas deben solicitar o persoal que estarían interesadas en contratar o abeiro deste programa e por outro lado a posteriori a Deputación de Lugo realizará unha selección entre os desempregados para cubrir eses postos.

Está aberto o prazo, ata o 15 de abril,  para que todas aquelas empresas (autónomos, comunidades de bens, sociedades,..) ou asociacións que necesiten contratar unha persoa desempregada por un período mínimo dun ano, podan solicitar a correspondente axuda que incluiría os costes laborais totais durante como mínimo ese ano. A selección do persoal realizaraa a Deputación de Lugo e as empresas ou asociacións deben aceptar o/a traballador/-a seleccionado.


Mais informacion:

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdes_d4_v1.jsp&tipo=6&&contenido=26197&nivel=1400&codResi=1&language=gl
Para a tramitación ou si necesitan máis información tamén poden dirixirse a oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo

miércoles, 25 de marzo de 2015

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial  (28,5 horas/semana), durante seis meses, sendo a data de inicio prevista o día 14 de abril.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 06 de abril, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 07 de abril de 2015, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

martes, 17 de marzo de 2015

CURSOS DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS DESEMPREGADAS

No enlace que aparece a continuacion podes consultar o listado de cursos concedidos o dia da data por concellos, provincia, etc.:

http://traballo.xunta.es/cursos-afd?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_2qHI&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-3&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_2qHI_content=%2Fopencms%2FTraballo%2FContidos%2FCursos_AFD%2Flistado_cursoAFD_central.html&activo2=null

Estes cursos estan dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas, e no caso de estar interesado/-a preguntar na oficina de emprego ou directamente na entidade que organiza o curso.

CONVOCATORIA PROBAS COMPETENCIAS CLAVE

Ata o día 10 de abril do 2015 está aberto o prazo para inscribirse para os exames das competencias claves dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.
 
Para poder acceder a determinados cursos convocados pola Consellería de Traballo e Benestar e dirixidos prioritariamente a traballadores desempregados (antiguo plan FIP) é necesario dispoñer dunha determinada titulación que varia segundo o nivel ou superar os exames das probas de competencias clave. Tamén ocorre o mesmo para poder participar en determinadas especialidades nos obradoiros de emprego.
 
Para máis información, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, con oficina sita na Casa de Cultura.

lunes, 16 de marzo de 2015

OUTRAS AXUDAS DA CONSELLERIA DE ECONOMIA E INDUSTRIA




Ø subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con tella cerámica, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Ø  subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificación de vivienda existentes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

O prazo de solicitude: finaliza o 13 de xuño de 2015, ou cando se esgoten os fondos.

https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=IN&codProc=201H&procedemento=IN201H&lang=es 

AXUDAS PARA A RENOVACION DE CUBERTAS DE PIZARRA DA CONSELLERIA DE ECONOMIA E INDUSTRIA

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o  13 de xuño de 2015, ou ata o esgotamento dos fondos. As axudas concedense por riguroso orde de entrada
OBXECTO:  
 Renovación de cubertas con lousa en vivendas unifamiliares, edificacions anexas e edificios de vivendas, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética co conseguinte aforro en términos económicos.
A renovación ten que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento “DB HE-1 Limitación da demanda enerxética”.
Non se subvencionan renovacions parciais.
GASTOS SUBVENCIONABLES: Deberán estar realizados, e efectivamente pagados (con xustificante bancario de pago), antes do 14 de novembro de 2014.
Considéranse subvencionables os gastos de renovación de cubertas tales como: custo de materiais das novas cubertas, custos de desmontaxe, custo de montaxe, custo do proxecto, custo das licencias, etc. IVA incluido cando non sexa recuperable. Non se subvenciona os gastos realizados en bens usados.
comunidades de propietarios sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade. O obxecto da subvención non se destinará a ningunha actividade empresarial ou profesional.
CUANTÍA  DAS AXUDAS: o coste máximo subvencionable será como máximo de 70 euros por metro cadrado. E a cuantía máxima da subención será do 30% (IVE incluido si é subvencionable).
BENEFICIARIOS: Particulares ou comunidades de propietarios sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade. O obxecto da subvención non se destinará a ningunha actividade empresarial ou profesional.

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial  (31 horas/semana), durante seis meses, sendo a data de inicio prevista o día 6 de abril.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 25 de marzo, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPADORA, a xornada completa, con adscrición ao servizo de limpeza municipal, desde o día 06 de abril de 2015 ata o 05 de outubro de 2015, co mesmo horario das persoas as que sustitúe.

O prazo de inscrición remata o próximo día 25 de marzo, ás 09:30 horas, realizándose o proceso de selección ese mesmo día, a partir das 10:30 horas, na Casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

martes, 3 de marzo de 2015

OFERTA DE EMPREGO



Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPADORA, a media xornada, con adscrición ao servizo de limpeza municipal, desde o día 24 de marzo de 2015 ata o 23 de setembro de 2015, co mesmo horario das persoas as que sustitúe.

O prazo de inscrición remata o próximo día 12 de marzo, ás 15:00 horas, realizándose o proceso de selección o día 13 de marzo a partir das 10:00 horas, na Casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.