viernes, 13 de enero de 2017

OFERTAS DE EMPREGO, BOLSAS E CURSOS DE FORMACIÓN





Operarios/as de producción para diferentes empresas ubicadas na zona de As Pontes. FONTE: 11/01/2017 INFOJOBS http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo

Técnico de reparacións e mantemento fogar para desenvolver a súa actividade na zona de As Pontes. FONTE: 11/01/2017 INFOJOBS http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo

Se busca camarera, a jornada completa, dejar currículum en el restaurante A Marquesa Burela. https://es-es.facebook.com/empleoamarinalucense/


Aberta a solicitude dos cursos do LUGOWORK con contratos en empresas para 105 mozos no paro:

Lucenses menores de 30 anos e rexistrados no Sistema de Garantía Xuvenil poden inscribirse ata o 3 de febreiro en http://www.deputacionlugo.gal e www.eoi.es

 As 7 accións formativas, que inclúen preto de 1.600 horas de formación, son:
– Auxiliar de Vendas Online e Atención ao Público.
– Axudante de Cociña e Servizo de Restauración.
– Emprego eficiente e uso de maquinaria para o aproveitamento forestal.
– Aserrado de madeira.
– Auxiliar de Xestión Informática e Internet para PEMES.
– Traballos auxiliares en obras de rehabilitación e construción.
– Operario de obra civil.

Os cursos celebraranse nas zonas Centro, Norte, Sur e Montaña lucenses, pois terábn lugar en Lugo, Viveiro, A Fonsagrada e Monforte de Lemos.
Tras esta fase de formación, os participantes terán a posibilidade de ser contratados en empresas da provincia durante 6 meses. Para elo, o Goberno da Deputación abrirá unha convocatoria pública, dirixida ao tecido produtivo lucense, ofrecéndolles axudas de 5.000 euros para a contratación dos mozos que conclúan con éxito os cursos.
Cómpre subliñar que as accións formativas se axustan ás necesidades das empresas da provincia, pois o Executivo Provincial mantivo 11 encontros participativos con representantes dos principais sectores produtivos lucenses e contactos con preto de 600 entidades lucenses, que lle trasladaron os perfís laborais que requiren para ser máis competitivos. Coa formación que se ofrece aos mozos cóbrense estes perfís.
Os interesados poden inscribirse en: http://www.deputacionlugo.gal ou en http://www.eoi.es. Máis información en lugowork@deputacionlugo.org e en 982-26-00-88 ou 982-26-00-77.



Electricista para a empresa ELECTROINNOVA ubicada na localidade de Burela. FONTE: INFOJOBS 12/01/2017 http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo

Convocatoria para a concesión de diversas bolsas para formación práctica do Parlamento de Galicia, na sesión do 26 de decembro de 2016, acordou aprobar as bases das convocatorias para a concesión das seguintes bolsas relacionadas coa actividade da institución:
a) 3 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
b) 1 bolsa de formación en comunicación institucional.
c) 2 bolsas de formación en publicacións.
d) 1 bolsa de formación en informática.
e) 1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.
As bases estarán dispoñibles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal).
As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia. PUBLICADO EN DOG Núm. 1Luns, 2 de xaneiro de 2017Páx. 75.

No hay comentarios: