martes, 28 de octubre de 2014

CURSOS PARA DESEMPREGADOS



A Excma. Deputación Provincial de Lugo organiza cursos dirixidos a persoas desempregadas por toda a provincia.

A iniciativa contempla 19 cursos de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, outros 19 de atención a persoas dependentes en institucións sociais, 3 de técnico de transporte sanitario, 6 de operacións básicas de cociña, 5 de operacións básicas en restaurantes e bares, 6 de limpeza e 9 en asesoramento en función xerencial e autoemprego.

Os participantes recibirán durante todo o proceso de formación unha prestación económica equivalente al 75% del Iprem, unha cifra que ronda os 400 euros mensuais. Esta compensación económica é compatible coa prestación por desemprego ou calquera tipo de axuda pública da mesma finalidade.

Os interesados deben de anotarse na súa oficina de emprego correspondente e  manifertar o interese nestos cursos.

CURSO PREVENCION DE RISCOS LABORAIS NO SECTOR AGRARIO



O ISSGA vai impartir cursos, sobre a Prevención de Riscos Laborais no manexo de maquinaria agrícola, manexo práctico do tractor e os seus apeiros, dada a importancia destes cursos na prevención dos accidentes e na redución da sinistralidade no entorno agrario.

Cursos na zona da Mariña:

Concello
Lugar de impartición
Datas
Horarios
Ribadeo
Os Irmandiños.
24-28 novembro

Teoría: 10:00-13:20
Práctica: 10:00-14:00
Cervo
Antiguo edificio FOREM
17-21 novembro
Teoría: 10:00-13:20
Práctica: 10:00-14:00



As persoas interesadas en participar nestes cursos deben de cubrir unha ficha de inscrición, que deben remitir por correo electrónico ao enderezo desenvolvementorural.issga@xunta.es ou ao fax 981-571730. A admisión nos cursos realizarase segundo orde de inscrición.  

A ficha de inscrición está dispoñible na oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo, sita na Casa da Cultura, para todos aquelas persoas interesadas.

lunes, 27 de octubre de 2014

MES DA MAXIA NA MARIÑA LUCENSE

Volve un ano mais o Mes da Maxia na Mariña Lucense, na sua terceira edicion, do 25 de outubro ao 29 de novembro.
No noso concello participan dous establecementos: "La bodeguita del Puerto" o dia 31 de outubro e o restaurante "Area Grande" de San Roman o dia 8 de novembro.

Mais informacion pincha aqui:
http://www.mesdamaxia.com/#31-O

https://www.facebook.com/mesdamaxia

jueves, 23 de octubre de 2014

O VICEDO SABE A MAR

A continuacion mostramos o programa completo de actividades que teran lugar este fin de semana dentro do evento "O Vicedo sabe a mar", tanto na carpa instalada na rua do Porto como a ruta de pinchos que tera lugar nos establecementos hosteleiros do municipio.



O VICEDO SABE A MAR

" O VICEDO SABE A MAR" comenza maña venres coa Ruta de pinchos polos bares e restaurantes do municipio, participa e entraras no sorteo de bonos gastronomicos.


miércoles, 22 de octubre de 2014

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun EDUCADOR FAMILIAR, a media xornada, cunha duracion de seis meses, con adscrición ao departamento de servizos sociais do concello de O Vicedo.
Requisitos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: graduado/diplomado en educación social ou traballo social, licenciado en psicoloxía, pedagoxía e psicopedagoxía.
No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidelmente a súa homologación.
-Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 18 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato, sin ter en conta para o cómputo anterior o tempo transcurrido entre o 31 de agosto de 2011 e o 31 de decembro do 2012. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata as 15:00 horas do día 31 de outubro de 2014, realizándose a proba de selección o día 7 de novembro de 2014, a partir das 10:00 horas na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina de técnico de emprego, Manuela Domínguez, sita na Casa da Cultura, ou chamar ao 982590195.

Bases do sorteo da ruta de pinchos e do concurso de receitas para O Vicedo sabe a mar



O VICEDO SABE A MAR


Programa de actividades do evento "O Vicedo sabe a mar" que tera lugar este fin de semana no Vicedo. Comenza o venres 24 cunha ruta de pinchos e continua o sabado e domingo nunha carpa situada na rua do Porto.




lunes, 20 de octubre de 2014

O VICEDO SABE A MAR

O Concello impulsa un novo proxecto gastronómico e cultural vinculado, como non podía ser doutro xeito, ao mar. Durante 2 días convidámosvos a visitar O Vicedo e gozar das diferentes actividades dirixidas a todos os públicos, dende os máis cativos aos máis maiores. Instalarase unha carpa na rua do Porto. Para consultar o programa de actividades pode facelo na seguinte direccion: http://ovicedosabeamar.com/o-vicedo-sabe-a-mar.php Este evento esta subvencionado pola Conselleria de Medio Rural e do Mar, Grupo de accion costeira A Mariña-Ortegal, Ministerio de Agricultura, Alimentacion e Medio Ambiente e Fondo Europeo da Pesca. Europa inviste na pesca sustentable

martes, 14 de octubre de 2014

OFERTAS DE EMPREGO

Información sobre ofertas de emprego e outras de interese para persoas que buscan traballo no facebook da Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo:

https://www.facebook.com/axentedeemprego.concellodeovicedo.94?fref=ts

martes, 7 de octubre de 2014

ASESORAMENTO GRATUITO PARA EMPRESAS

A Excma. Deputación Provincial de Lugo puxo en marcha o programa DINAMIZA-TE, consistente en ofrecer asesoramento gratuito ás empresas da provincia para mellorar a súa productividade.

O prazo de inscrición remata o vindeiro 31 de outubro.

Máis información no seguinte enlace:

http://dinamizate.deputacionlugo.org/

lunes, 6 de octubre de 2014

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples, a xornada completa, con adscrición ao Colexio Público de O Vicedo.

O prazo de inscrición remata ás 15:00 horas do próximo día 15 de outubro, e a selección realizarase a partir dás 10:00 h. do día 22 de outubro, na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.