martes, 31 de agosto de 2021
martes, 24 de agosto de 2021
Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial (29 horas/semana)
Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (29 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 16 de setembro, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición é desde o día 25 de agosto de 2021 e ata o 03 de setembro de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 07 de setembro de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Oferta emprego: peón recollida delixo
Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN RECOLLIDA DE LIXO, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de recollida de lixo do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 16 de setembro, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición iniciase o próximo día 25 de agosto e remata o 03 de setembro de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 7 de setembro de 2021, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
lunes, 23 de agosto de 2021
Oferta emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa
Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 09 de setembro, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición é desde o día 24 de agosto ata o 2 de setembro de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 06 de setembro de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (no apartado de taboleiro de anuncios, pinchar no símbolo + para ver tódalas publicacións)
viernes, 20 de agosto de 2021
TALLER SOBRE INFECCIÓNS E VACINAS
Pinchado no seguinte enlace, pode acceder directamente á páxina donde hai que inscribirse: https://extranet.sergas.es/feweb/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?pagina=1&bloq=1
miércoles, 18 de agosto de 2021
AXUDAS RELACIONADAS COAS FÓRMULAS DE ECONOMÍA SOCIAL
No DOG de hoxe 18/08/2021, publicase:
· BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE APOIO á RECUPERACIóN DE NEGOCIOS EN CRISE ou sen remuda xeracional mediante fórmulas de economía social e se procede a súa convocatoria para os anos 2021 e 2022
· Bases reguladoras das subvencións para o APOIO á CONSOLIDACIóN DAS ENTIDADES DA ECONOMíA SOCIAL DE GALICIA BONO CONSOLIDA ECONOMíA SOCIAL, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022AXUDAS DOS GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO A PROXECTOS DE INVESTIMENTO PRODUTIVOS E NON PRODUTIVOS
No DOG do 17 de agosto saíu publicada a ORDE de 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo EDPL, aprobadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, para o desenvolvemento das zonas de pesca 2014-2020.
Unha nova orde de axudas para proxectos naqueles GALP que teñen orzamento dispoñible nos obxectivos estratéxicos do plan financeiro do programa de axudas da EDLP.
Máis información:
martes, 17 de agosto de 2021
CONVOCATORIA CURSOS CELGA
Consellería de Cultura, Educación e Universidade: RESOLUCIÓN do 2 de
agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola
que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de línguaxe administrativa
galega e cursos preparatorios para certificados de lingua galega Celga que se realizarán en distintos períodos e en
varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.DOGA 13/08/2021.
REQUISITOS
PARA OS CURSOS DO CELGA: Ser maior de 16 anos ou cumprilos no ano 2021.
miércoles, 11 de agosto de 2021
OFERTA EMPLEO LIMPIADOR/A
ACCIONA selecciona, para su división de servicios, un/a limpiador/a.
FUNCIONES: Limpieza de oficinas, aseos, zonas comunes, etc.
CONDICIONES:
-Contrato temporal por suplencia médica
-Jornada: Parcial 3 HS/S
-Horario: Martes y Jueves (1, 5 HORAS LOS MARTES Y 1,5 HS LOS JUEVES) (se podrá realizar en cualquier horario)
-Ubicación: O Vicedo (Lugo)
-Salario: según convenio Lilmpieza Lugo.
REQUISITOS
-Residencia en O Vicedo o alrededores.
- Coche propio para acceder al centro de trabajo.
- Posibilidad de incorporación inmediata.
** Interesados/as, enviar Cv a la siguiente dirección: almudena.martinez.sanchez@acciona.com (asunto:oferta limpieza O Vicedo) o llamar en horario de mañana al tl: 607332864 **
martes, 10 de agosto de 2021
Programa de asesoramento a empresas
Dende o GDR Terras de Miranda po
O GDR Terras de Miranda, lanza a convocatoria dun programa de asesoramentoa *empresas
turísticas e agroalimentarias*
As empresas beneficiarias recibirán unha diagnose detallada coas súas
debilidades, fortalezas, ameazas, oportunidades e áreas de mellora, con
especial foco no ámbito da comunicación dixital. Tamén recibirán un
asesoramento individualizado para a implantación das melloras identificadas
e un seguimento da implantación das mesmas.
Os interesados e interesadas deben cumprimentar un formulario de
preinscrición dispoñible na seguinte ligazón:
https://tinyurl.com/PreinscricionTerras
O período de preinscrición comprende do *5 de agosto de 2021 ao 16 de
agosto* de 2021.
As bases da convocatoria están dispoñibles en
https://tinyurl.com/TerrasdeMiranda
miércoles, 4 de agosto de 2021
CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE. ORDE do 20 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través dos Programas I e II, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento TR341D e TR349F).
Dous tipos de axuda compatibles:
a) Programa
I: promoción do emprego autónomo TR341D, axuda económica de 2.000 a 10.000
euros dependendo da condición. Para altas no RETA DO 1 DE OUTUBRO DE 2020 ATA O
30 DE SETEMBRO DE 2021 INCLUIDOS. Prazo de presentación: do 5 de agosto ata 30
de setembro 2021 (condicionada a existencia de crédito). Documentación: anexos
da orde, alta no censo (modelo 036 ou 037), docuemntación acreditativa do
colectivo polo cual se opta na axuda, nos casos de emigrante retornado
acreditar o nacemento en Galicia e as relación de parentesco asi como
certificado de emigrante retornado, no caso de comunidades de bens o sociedades
civis documento de creación, declaración responsable de capacidades. Obrigas:
manter a alta no RETA 18 meses e a forma xurídica un ano.
b) Programa
II: bono contratación para contratación idefinida inicial e bono de formación
para estas contratacións. Para primeira, segunda e terceira contratación
indefinida. Prazo: dous meses para contratacións realizadas entre o 1 de
outubro de 2020 e o 04 de agosto de 2021; para as demáis contratacións ata o
último día do segundo mes seguinte ao que se realice a contratación, e en todo
caso co límite do 30 de setembro de 2021. A axuda irá de 4.000 a 22.500 euros
dependendo do número de contratacións indefinidas e do colectivo ao que
pertenza a persoa contratada. Son compatibles coas bonificacións á Seguridade
Social. Obrigas: manter a contratación un mínimo de dous anos.
Destacar: Por orde de
presentación ata esgotamento do crédito.
Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou consultar en: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
martes, 3 de agosto de 2021
AMPLIADO O PRAZO PARA MERCAR COS BONOS ACTIVA COMERCIO DA XUNTA DE GALICIA ATA O DÍA 31 DE OUTUBRO DE 2021
Publícase no Doga de hoxe, 03 de agosto de 2021, a
modificación da caducidade dos bonos activa comercio, sendo a data máxima para
mercar con eles o 31 de outubro de 2021.