Sistema: por orde de
presentación de solicitudes.
Prazo:
21/09/2018
Restricións: son
requisitos indispensables para optar a estas axudas os seguintes:
- Que a
vivenda unifamiliar, edificio colectivo e vivenda do edificio estivesen
finalizados antes do 01/01/1996.
- Que as
vivendas constitúan domicilio habitual e permanente dos seus propietarios ou
dos arrendatarios. No caso de actuacións en edificios deberán cumprir que o 70%
da súa superficie sexa destinada a vivenda e ademáis que o 50% sexa vivenda
habitual e permanente do propietario ou arrendatario, así como acordo da
Cominiddade de propietarios.
Beneficiarios:
Persoas físicas e
xurídicas propietarias de vivendas unifamiliares , edificios residenciais e
vivendas nestes edificios. Comunidades de persoas propietarias e agrupacións de
comunidades de persoas propietarias. Agrupacións de persdoas propietarias,
Sociedades cooperativas de agrupacións de persoas propietarias. Empresas
constructoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios, así como
cooperativas. Persoas físicas arrendatarias. Empresas de servizos enerxéticos
no caso de obras de mellora de eficiencia enerxética e sustentabilidadde.
Axudas:
- Liña
A:
axuda ao fomento de mellora da eficiencia enerxética e da sustentabilidade en
vivendas (actuación na fachada, cuberta, substitución de carpintaría ou
acristalamento, cerramento ou acristalamento de terrazas, instalación de dispositivos
bioclimáticos ou de sombreamento, sistemas de calefacción, refrixeración,
producción de auga quente, ventilación, equipos de calor ou frí, etc..;
instalación de equipos de xeración ou utilización de enerxías renovables,
protección contra o ruído, mellora de salubridade…). Ademáis nos edificios se
contempla tamén a mellora da eficiencia enerxética, o aforro de auga e a
mellora do saneamento e da separación de residuos, acondicionamento de espazos
privativos da parcela e mobilidade sustentable (adaptar a xardinería, optimizar
a rega, instalar puntos de recarga de vehículos eléctricos ou adecuación de
zonas de aparcadoiros de bicicletas), instalación de fachadas ou cubertas
vexetais; instalación de sistemas de domótica e/ou sensórica.
Na
Liña A para vivendas unifamiliares o máximo de axuda vai de 12.000 a 24.000
euros dependendo das particularidades dos solicitantes(contempladas na orde).
Para edificios en función do número de vivendas e locais de que dispoña, e para
vivendas de edificios o máximo de axuda vai de 12.000 a 16.000 euros dependendo
das particularidades dos solicitantes(contempladas na orde). Todo elo sen
perxuízo dos incrementos contemplados na orde para os casos sinalados na mesma.
- Liña
B:
axuda ao fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da
accesibilidade en vivendas (relativas oa estado de conservación da cimentación,
da estrutura e das instalacións, das cubertas, azoteas, fachadas e medianeiras,
incluíndo o desamiantado, adecuación interior, instalación de ascensores,
salvaescaleiras e ramplas, guindastres e artefactos, sinais luminosos e
sonoros, videporteiro e análogos, domótica e mellora de accesibilidade en baños
e cociñas….)
Na
liña B varían desde 3.000 euros de máximo ata 14.000 euros de máximo en función
das actuacións e dependendo das particularidades dos solicitantes (contempladas
na orde). Todo elo sen perxuízo dos incrementos contemplados na orde para os
casos sinalados na mesma.
Nas dúas liñas, as
axudas non poderán superar ó 40% do custo subvencionable da actuación, que se
poderá incrementar ata o 75% nos casos contemplados na Orde.
Destacar:
-
Non serán subvencionables impostos, taxas
nin tributos.
-
Hai que dispor de licenza municipal de
obras, ou solicitude de licenza no caso de que sea necesaria, ou comunicación
previa ao concello cando a actuación non estea sometida a licenza.
-
Presentar informe técnico con data anterior
á solicitude que acredite a necesidade da actuación.
-
As actuacións non poderán estar iniciadas
con anterioridade ao 01/01/2018 nin rematadas con anterioridade a 21/08/2018.
-
Pódense incluir como gastos actuacións
preparatorias antes de presentar a solicitude tales como redacción de
proxectos, hornorarios, informes técnicos, certificacións e gastos
administrativos.
-
Nas actuacións de reparación,
rehabilitación ou conservación de fachadas, carpintaría exterior ou cuberta das
edificacións seguiranse os criterios fixados na Guía de cor e materiais
elaborada pola Xunta de Galicia.
-
No caso de actuacións da liña A de mellora
de eficiencia enerxética e sustentabilidade, a xustificación final deberá
incorporar certificado de eficiencia enerxética emitido por técnico competente.
-
Cando as actuacións excedan de 40.000 euros
aportar tres orzamentos.
-
Aportar na xustificación final fotografías
das obras realizadas.
Máis información: contactar coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello do Vicedo.
Publicado no Diario Oficial de Galicia de 21/08/2018 INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO.