sábado, 26 de agosto de 2017

AXUDAS DE 6 MESES ADICIONAIS DA COTA REDUCIDA DE AUTÓNOMOS

 A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca axudas para aqueles traballadores autónomos que disfrutan da cota reducida de 50 euros,  para prorrogar a mesma por seis meses máis.

Pincha aquí para máis información: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170824/AnuncioG0424-110817-0004_gl.html


jueves, 24 de agosto de 2017

OFERTA DE EMPREGO PARA PERCEPTORES DA RISGA

O Concello de O Vicedo ten concedida unha axuda por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a contratación de 1auxiliar de biblioteca e 1 peón forestal.
 
Requisito imprescindible ser perceptor da RISGA (Renda de integración social), estar desempregado e inscrito na oficina de emprego de Viveiro, e carecer de ocupación según informe de vida laboral.
 
Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura, ou directamente coa oficina de emprego.
 
Poden consultarse as bases no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

miércoles, 23 de agosto de 2017

OFERTAS EMPREGO







CONVOCATORIA DOS CURSOS CELGA E CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA



No Doga do 17/08/2017 publícanse as convocatorias dos cursos de linguaxe administrativa galega e dos cursos preparatorios do CELGA, que se realizarán en distintos períodos en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Os cursos do Celga poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos.
Os cursos de linguaxe administrativa están dirixidos a empregados públicos.
O prazo de solicitude abrangue desde o días 1 ata o 10 de setembro de 2017 para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 2 ata o 11 de xaneiro de 2018 para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello. Tlf. 982590195/982590029

martes, 22 de agosto de 2017

BASES SELECCIÓN OBRADOIRO DE EMPREGO

No seguinte enlace podén consultarse as bases de selección do director, monitores e alumnos do Obradoiro de emprego "Terras do Sor", que se porá en funcionamento proximamente.

https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board//

lunes, 21 de agosto de 2017


Están expostas no taboleiro de anuncios do concello do Vicedo, as bases para a selección mediante concurso-oposición, de un peón de recollida de lixo, como persoal laboral temporal, por un período de seis meses, a xornada completa, sendo a data de inicio prevista 14 de setembro de 2017.
 O prazo de presentación de instancias remata o día 30 de agosto de 2017, ás 15:00 horas. A selección realizaráse o próximo día 06 de setembro, ás 10:00 horas, na casa consistorial.
 Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello. Tlf. 982590195/982590029. Tamén se poden consultar as bases no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 10 de agosto de 2017

SUBVENCIÓNS PARA A INTEGRACIÓN DAS PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL


Esta Orde, publicada no DOGA DO 04/08/2017, contempla tres programas para a integración das persoas mozas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil:

-      Programa I: promoción do emprego autónomo das persoas mozas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil.

-      Programa II: incentivos a empresas i empregadores para o fomento da contratación por conta allea das persoas mozas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil

-      Programa III: programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro dirixido a mellorar a empregabilidade e inserción das persoas mozas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil 

Cada programa conta cunhas bases específicas reguladas na Orde.

Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello ou pinchar no seguinte enlace: http://www.xunta.gal/diario-oficial

PROGRAMA DO BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS. DOGA 31/07/2017


Subvención de ata 3.000 euros para mellora da competitividade para sufragar gastos de:

-      Profesionalización

-      Desenvolvemento estratéxico

-      Outros que de maneira ineludible respondan á mellora da competitividade.

Teranse en conta os gastos realizados desde o 01/08/2017 ata o prazo máximo de xustificación, en calquera caso co tope do 20/12/2017.

Beneficiarios: autónomos de Galicia cunha antigüedade ininterrompida maior de 42 meses cun rendemento anual reducido declarado no IRPF anual inferior a 30.000 euros e facturación anual mínima de 120.000 euros IVE incluído, declarado no ano anterior á convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/08/2017

Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello ou pinchar no seguinte enlace: http://www.xunta.gal/diario-oficial

SUBVENCIÓN PROGRAMA EMEGA 2017 DOGA 04/08/2017


Publicada no DOGA do 04/08/2017, é unha subvención de concorrencia competitiva dirixida a iniciativas empresarias constituídas por mulleres. Contempla distintas  liñas de axuda:

-          Liña Emprende e liña ITEF: posta en marcha de empresas

-          Liña  Innova: mellora de empresas xa creadas

-          Liña Activa: reactivación de empresas

Estas liñas pódense complementar coa axuda Concilia (para conciliación familiar) e coa axuda Dual (titorización para á empresa).

Esta subvención é incompatible para a mesma finalidade e concepto coa subvención de emprego autónomo, coa de fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais, coa subvención de inicitivas de emprego (tamén as de base tecnolóxica), e con outras da Xunta de impulso do emprendemento.

Beneficiarias: empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade ou formalicen os seus plans Activa ou Innova entre o 01/08/2016 e o 03/09/2017, e que non tiñan sido beneficiarias do programa Emega nos tres últimos anos.

As axudas oscilan entre os 12.000 e os 22.000 euros, dependendo da liña e do número de postos de traballo creados, excepto na liña ITEF que poden chegar  ata os 50.000 euros. Ademáis poden  contar coas liñas complementarias Concilia (3.000 euros) e Dual (500euros)

Prazo de presentación de solicitudes: 03/09/2017

Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello ou pinchar no seguinte enlace: http://www.xunta.gal/diario-oficial

viernes, 4 de agosto de 2017

OPERARIOS PRODUCIÓN SAN CIBRAO

URXE contratar de maneira inmediata operarios de produción para planta de procesado e conxelado de pescado en San Cibrao. Non é necsaria experiencia. Campaña de dous meses, posibilidade de facer horas extras. CInteresados contactar con EUROFIRMS VIVEIRO Avda. Ramón Canosa 36 Viveiro Tlno. 982562906
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial, con adscrición ao srvizo municipal de axuda ó fogar do concello do Vicedo.

 O prazo de inscrición remata o vindeiro día 16 de agosto de 2017, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 21 de agosto de 2017, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
 Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. Tamén se poden consultar as bases no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 1 de agosto de 2017

No día de hoxe presentouse oferta na oficina de emprego de Viveiro para un XEFE DE BRIGADA DE DEFENSA E PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS, por quedar vacante o dito posto.

Para poder asistir o proceso de selección é necesario estar desempregad@ e inscrito no servizo público de emprego e ter unha titulación da rama forestal.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello. Tlf. 982590195/982590029. Tamén se poden consultar as bases no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0