domingo, 28 de abril de 2019

AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DAS MULLERES DESEMPREGADAS




Esta orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria ten por obxecto fixar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder ás úa convocatoria para o 2019 dos incentivos á súa contratación por conta allea. Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea e a formación coa finalidade de facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo.
Nesta convocatoria inclúense dous tipos de axudas compatibles:

a)      Bono a contratación, para proporcionar unha subvención á contratación indefinida inicial, á contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses, á transformación de contratos temporais en indefinidos que deberán ser a tempo completo, e os contratos indefinidos a tempo parcial nos cales será subvencionable o incremento de xornada que deberá acadar a xornada a tempo completo ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación.
b)      Bono de formación dirixido ás mulleres contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo, agás nos casos de incremento de xornada e transformación.

As solicitudes deberán presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia dende o día seguint eao da publicación ata o 30 de setembro.

SUBVENCIÓNS PARA A INNOVACIÓN, DIXITALIZACIÓN E IMPLANTACIÓN DE NOVAS FÓRMULAS DE COMERCIALIZACIÓN E EXPANSIÓN DO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL


No DOG de 26/04/2019 publicouse a ORDEN de 11 de abril de 2019 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión, en régimen de concurrencia competitiva, de subvenciones para la innovación, la digitalización y la implantación de nuevas fórmulas de comercialización y expansión del sector comercial y artesanal, y se procede a su convocatoria para el año 2019 (código de procedimiento CO300C).

Fin plazo solicitude: 27/05/2019.

Máis información pinchando no seguinte enlace:
http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/INDU068

martes, 23 de abril de 2019

PROGRAMA EMPEGA XUVENTUDE DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DE PERSOAS MOZAS


Obxecto: axudas a contratación de persoas menores de 30 anos.

Beneficiarios:Persoas empregadoras e empresas, calquera que sexa a forma xurídica.

Solicitude : http://sede.xunta.gal.

Prazo:  ata o 30 de Setembro do 2019.


Tipos de axuda:

  1. Bono de contratación: para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de 12 meses das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos.

  1.  Bono de formación (opcional): dirixido as persoas contratadas por medio desta orde, para accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades.

Contía da axuda:

  1. Para as contratacións indefinidas iniciais, incentivaranse cunha axuda de 6.000 euros por cada persoa desempregada menor de 30 anos contratada.
  2. Para as contratacións temporais cunha duración mínima inicial de doce meses, incentivaranse cunha axuda de 3.000 euros por cada persoa desempregada menor de 30 anos.

As contías icrementaranse nun 25% (acumulable) en empresas con mais de 50 persoas traballadoras e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70% ou ben se a actividade da entidade solicitante pertence ao ambito de sectores estratéxicos.

lunes, 22 de abril de 2019

OFERTA CONTRATACIÓN 4 PEÓNS FORESTAIS (APROL RURAL)

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha axuda para a contratación de 4 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, para empezar a máis tardar o 15 de maio de 2019, ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) para o ano 2019.
Para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego (oficina de Viveiro), tanto no momento da selección como no da contratación.

No seguinte enlace poden consultar as bases de selección: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

PROGRAMA DE PRÉSTAMOS PARA A REHABILITACIÓN



TIPO DE AXUDAS:
Préstamos cualificados.
Subsidiación dos xuros dos préstamos cualificados.

PRÉSTAMOS :
Garantia Persoal
Importe maximo: 30.000€
Sen comisións.
Prazo: de 6 a 96 meses.
Prazo de carencia de capital: 2 anos.
Garantia Hipotecaria
Importe máximo: 60.000€
Sen comisións.
Prazo: 15 anos.
Prazo de carencia de capital: 2 anos.
*O importe do préstamo non poderá ser superior ao custe das obras.

SUBSIDIACIÓN: En función dos ingresos dos solicitantes, o IGVS subsidiará os xuros dos préstamos desde o 80% dos xuros durante 36 meses, ata o 100% dos xuros durante 48 meses e en algún casos para rendas máis altas non terán subsidiación.

OBRAS FINANCIABLES
-       Adecuación estrutural e construtiva.
-       Adecuación das condicións de habitabilidade.
-       Mellora de eficiencia enerxética.
-       Conservación de edificios.
-       Accesibilidade ós edificios e vivendas.

PERSOAS BENEFICIARIAS
-       As que promovan as actuacións de rehabilitación.
-       Actuacións promovidas por comunidades de propietarios son beneficiarias as persoas que sexan membros desa comunidade.
-       No suposto de que unha vivenda ou edificio pertenza a varias persoas, só poderá ter a condición de beneficiaria unha soa delas.

NON BENEFICIARIAS
- Persoas propietarias de locais, agás no caso en que se pretenda a súa conversión en vivenda.


PROGRAMA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDAS


“Axudas a menores de 35 anos emprazadas en concellos de menos de 5.000 habitantes”

CUANTÍA DAS AXUDAS: ata 10.800 euros por vivenda.

REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS
-       Ter menos de 35 anos.
-       Ter nacionalidade española ou residencia en España.
-       Ter uns ingresos iguais ou inferiores a tres veces o IPREM.
-       Ter un contrato privado de adqusición da vivenda.

REQUISITOS DAS VIVENDAS
-       Estar emprazada nun concello de menos de 5.000 habitantes.
-       Que se trate dunha vivenda xa construída.
-       O prezo da adquisición da vivenda será igual ou inferior a 100.000 euros.

viernes, 5 de abril de 2019

OFERTA EMPREGO: AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO A XORNADA PARCIAL (24,5 HORAS/SEMANA)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (24,5 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 02 de  maio, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 08 de abril e remata o 17 de abril de 2019
. A selección realizarase o día 23 de abril de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0