martes, 31 de julio de 2018

AXUDAS Á SEGUNDA OPORTUNIDADE PARA AUTÓNOMOS


Orde do 17 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa da segunda oportunidade das persoas autónomas, e se procede a súa convocatoria para o ano 2018 (TR341T). Consellería de Economía, Emprego e Industria. DOGA DO 30 DE XULLO DE 2018.

Beneficiarios: persoas que se dean de alta no RETA ou mutualidade no período do 1 de xaneiro ao 30 de setembro de 2018, cesasen con anterioridade na súa actividade causando baixa por causas económicas e cumpran os seguintes requisitos:
-      Que o cesamento da actividade se producise con 6 meses de antelación polo menos.
-      Que teña cotizado ininterrompidamente polo menos durante 18 meses nos últimos 5 anos, ou de xeito alterno 36 meses nos últimos 10 anos.
-      Estar inscrito como demandante de emprego polo menos 6 meses seguidos e non ter contrato laboral nin ocupación.
-      Realizar una formación de como mínimo 60 horas en formación xerencial, xestión comercial ou finacieira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio.
-      Domicilio fiscal en Galicia e actividade económica en Galicia.

Axudas:
-      Bono apoio: 3.000 euros as persoas que estiveran máis de 6 meses seguidos inscritas na oficina de emprego antes de darse de alta no RETA no 2018 antes da entrada en vigor desta orde.
-      Bono formación: 2.000 euros para realizar un mínimo de 60 horas de formación nas materias sinaladas anteriormente, a realizar nos p`lazos marcados nesta orde.
A axuda máxima total será de 5.000 euros.  

Prazo presentación solicitudes: ata o 30 de setembro de 2018.

Destacar:
-      A concesión da subvención vai por orde de entrada ata o esgotamento do crédito.
-  Deben permanecer de alta no RETA, un mínimo de dous anos desde a solicitude da subvención.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180730/AnuncioG0424-170718-0002_gl.pdf

jueves, 26 de julio de 2018

ABERTO O PRAZO LIÑA APOIO PREVENCIÓN RISCOS LABORAIS



Liña 3. Investimentos destinados a accións de mellora na adaptación, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo e adaptacións de postos de traballo.
BENEFICIARIOS.- Poderán ser beneficiarias desta liña as medianas, pequenas empresas e microempresas, así como as persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras ao seu cargo, que teñan o seu domicilio social e polo menos un centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
CARACTERISTICAS.-Investimentos destinados a accións de mellora na adaptación, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo e adaptacións de postos de traballo. Ningunha empresa  poderá percibir unha contía cuxo importe supere o 50% do custo subvencionable realizado nela, e o límite máximo nunca poderá exceder dun total de 15.000 euros.
ACCIONS SUBVENCIONABLES.-  3 tipos de accións:

a)    Investimentos na mellora da adaptación de máquinas, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo:

1º. Mellora na adaptación de máquinas ou equipamentos de traballo que, cumprindo coas disposicións previstas no Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se esta-blecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballa-dores dos equipamentos de traballo, sexan susceptibles dunha mellora desde o punto de vista da súa maior seguridade.

2º. Mellora na adaptación ou adquisición de máquinas ou equipamentos de traballo, realizada con criterios ergonómicos, co obxecto de previr trastornos musculoesqueléticos.



Non son obxecto de subvención o mobiliario nin os accesorios de oficina.

3º. Mellora na adaptación, substitución ou adquisición de máquinas ou equipamentos de traballo ou outras medidas de protección colectiva co obxecto de reducir o risco de ex-posición a axentes químicos, ao ruído, ás vibracións mecánicas e aos axentes biolóxicos durante o traballo. Non serán subvencionables as modificacións organizativas dos métodos de traballo.

b) Mellora na adaptación de postos de traballo:

A mellora na adaptación de postos de traballo con obxecto de reducir riscos para a maternidade, realizadas con criterios preventivos para a protección do embarazo e da lactación natural, segundo o artigo 26 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, así como para a redución de riscos noutros colectivos sensibles claramente identificados na memoria que se presente.

c) Investimentos nos lugares de traballo:

Intervencións nos lugares de traballo destinadas a ofrecer seguridade fronte aos riscos presentes neles, de conformidade cos números 2 a 8 e 13 do anexo I do Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde no traballo. Non serán subvencionables os supostos de: seguridade estrutural, escaleiras de man, vías e saídas de evacuación, condicións de protección contra incendios e instalación eléctrica, orde, limpeza e mantemento, condicións ambientais, iluminación nin servizos hixiéni-cos e locais de descanso.



PRAZO.- Remata o 3 de agosto 2018
Para máis infomración: http://oficinadoautonomo.gal/


martes, 24 de julio de 2018

OFERTAS DE EMPREGO



Promotor/a para desenvolver a ocupación na localidade de Viveiro INFOJOBS http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo

Enquisador/a para desenvolver as enquisas nas localidades de Ortigueira, Vicedo e Mañón INFOJOBS. http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo
Condutor C+E para desenvolver a ocupación nunha empresa ubicada na localidade de Ortigueira INFOJOBS. http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo

MECÁNICOS DE MANTEMENTO E REPARACIÓN DE AUTOMOCIÓN, EN XERAL. VIVEIRO. Servizo galego de emprego. http://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscar-emprego

lunes, 23 de julio de 2018

OFERTAS DE TRABALLO


Educador/a de Menores para o Centro de Menores San Anibal ubicado na localidade de Burela INFOJOBS. http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo

Enfermeiro/a para o Centro Residencial DOMUS VI-ZONA NORTE ubicado na localidade de Viveiro INFOJOBS. http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo

Técnico/a de Mantemento para a empresa NUEVA PESCANOVA ubicada na localidade de Xove INFOJOBS. http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo

jueves, 19 de julio de 2018

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA A CONTRATACIÓN DE DOUS EDUCADORES INFANTÍS PARA O PAI (CURSO ESCOLAR 2018/2019)

No día de hoxe publícase a lista definitiva para a selección, mediante concurso-oposición de dous educadores infantís, a xornada completa, con adscrición ao Servizo municipal de proximidade para a atención á infancia (PAI).

Poden consultala pinchando no seguinte enlace:http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 13 de julio de 2018

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA A CONTRATACIÓN DE DOUS EDUCADORES INFANTÍS PARA O PAI (CURSO ESCOLAR 2018/2019)


Está exposta desde o día de hoxe, 13 de xullo de 2018, no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello do Vicedo, apartado taboleiro de anuncios, a lista de admitidos e excluídos provisional para a contratación laboral temporal de dous EDUCADORES INFANTÍS,  para o Punto de atención a infancia.

O prazo para subsanar erros ou aportar documentación é de dous días hábiles (non contan nin sábados, nin domingos, nin festivos)a contar dende o día seguinte ó da publicación, polo tanto serán os días 16 e 17 de xullo.

As persoas que non entreguen neste concello a documentación, é decir que a presenten noutros rexistros habilitados, deberán adelantar toda a documentación por fax  ou 982590001 dentro do prazo establecido para a subsanación de erros, a parte da súa presentación no rexistro correspondente.

A proba realizarase o próximo día 31 de xullo de 2018, ás 10:00 h, na Casa da Cultura. R. Cidade de Mondoñedo, 23. 27860 O Vicedo.


Pincha aquí:

http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público)




lunes, 9 de julio de 2018

REMATA PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA A SELECCIÓN DE DOUS EDUCADORES INFANTÍS

HOXE DÍA 09/07/2018 REMATA O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA A SELECCIÓN DE DOUS EDUCADORES INFANTÍS PARA O PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA

jueves, 5 de julio de 2018

PROGRAMA DE AXUDAS Á CONTRATACIÓN DE MULLERES DESEMPREGADAS


Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e coas condicións que se establecen nesta orde.

Programas.
1.- Programa de bonos de contratación. Liña de axudas para incentivar a contratación indefinida inicial por conta allea:
Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais que se celebren desde o 1 de xaneiro de 2018 ata o 30 de setembro de 2018 con mulleres desempregadas.

As contratacións realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda 7.000 euros por cada muller desempregada contratada que cumpra os requisitos mencionados no artigo 22.

2.- Programa de bonos de formación. Programa de financiamento de accións formativas no centro de traballo.
Esta formación incentivarase cunha axuda de 1.000 euros por cada muller desempregada contratada que a reciba na súa integridade e que cumpra os requisitos establecidos no artigo 22 da presente orde.
No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas deberán facer constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante
ou apoderada única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación.
As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de xaneiro 2018 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas a partir da entrada en vigor desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses desde a data de inicio da relación laboral, respectando o prazo xeral do 30 de setembro de 2018.

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180627/AnuncioG0424-120618-0001_gl.pdf

SUBVENCIÓNS PARA O APOIO AO EMPRENDEMENTO FEMININO (PROGRAMA EMEGA)



BENEFICIARIAS:

Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de setembro de 2017 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, sempre que cumpran todas as condicións e requisitos comúns e os específicos da correspondente liña ou tipo de axuda previstos nesta resolución, así como na normativa xeral de subvencións, en particular, as exixencias establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no seu regulamento.



LIÑAS DE AXUDA:

O programa Emega comprende as seguintes liñas e axudas complementarias:

a) Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

b) Liña Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade en empresas constituídas por mulleres, e que impliquen a creación de emprego feminino vinculado ao proxecto de mellora.

c) Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico. As ditas medidas, en ningún caso, poderán supor destrución do emprego existente por conta propia e allea.

d) Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

e) Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

f) Dual: axuda complementaria para incentivar a participación no programa de titorización que estableza a Secretaría Xeral da Igualdade co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais subvencionados ao abeiro desta convocatoria a través das liñas Emprende, Activa, Innova ou ITEF.


prazo para presentar solicitudes estrá aberto ata o 6 de agosto de 2018

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180704/AnuncioG0244-250618-0002_gl.pdf

lunes, 2 de julio de 2018

AXUDAS AO ALUGUER DA VIVENDA HABITUAL. CONVOCADAS POLO IGVS


Este programa consiste en dúas liñas de axudas co obxecto de facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos.


As persoas beneficiarias deste programa poderán acceder ás seguintes liñas de axudas:
  • Liña A. Axuda ao alugamento de vivenda, cuxa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda, en réxime de alugamento, a sectores de poboación con escasos medios económicos. A contía da axuda determinarase en función da renda mensual do alugamento e da idade da persoa solicitante:
    • Para persoas entre 18 e 64 anos: 40% da renda mensual de alugamento.
    • Para persoas de 65 ou máis anos: 50% da renda mensual de alugamento.
    •  
  • Liña B. Axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, cuxa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas con escasos medios económicos que non teñan cumpridos os 35 anos na data de presentación da solicitude.
    • Contía da axuda: 50% da renda mensual de alugamento da vivenda

Máis información no seguinte enlace: http://www.igvs.es/web/actuamos/834 ou contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo