jueves, 26 de julio de 2012

LISTAS ADMITIDOS CURSOS "LUGO PACTO PROVINCIAL POLO EMPREGO"

Están publicadas as listas de admitidos nos cursos convocados polo INLUDES, e a Exma. Deputación Provincial de Lugo, dentro do proxecto "Lugo Pacto Provincial polo emprego"

http://www.pactopoloemprego.org/

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral mediante concurso-oposición dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, a xornada parcial (35,5 horas/semana).



Deben cumprirse os seugintes requisitos:

-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
-Dispor de vehículo e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.
- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.


Os requisitos anteriores deben de acreditarse antes da finalización do prazo de presentación de instancias.
O prazo de solicitude remata o día 03 de agosto ás 9:30 horas, e a selección será ese mismo día ás 10:00 horas na Casa Consistorial.

Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local



lunes, 23 de julio de 2012

AXUDAS PARA PROMOVER A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN NO COMERCIO RETALLISTA DA CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

OBXECTO DAS AXUDAS: Adquisición de ordenadores, software de xestión e outros equipamentos por parte dos comercios minoristas.


REQUISITOS: Comercios minoristas que cumpran os seguintes requisitos:

- De alta no IAE nos correspondientes epígrafes que aparecen a continuación e non estar de alta noutros epígrafes (antes do 29 de agosto do 2011 en polo menos un deles): 641, 642, 643, 644, 645, 647.1, 647.2, 647.3, 651, 652.2, 652.3,653, 654.2, 654.5, 657, 659.2, 659.3, 659.4, 659.5, 659.6, 659.7, 661.3, 662.2, 663.1, 663.2, 663.3, 663.4, 663.9

- Os comerciantes ambulantes inscrito no correspondente rexistro antes da finalización do prazo de solicitude.

- Non superar os dez traballadores.

- Os locais comerciais non deben superar os 150 m2 de superficie comercial destinada a exposición e venda o público. Esta limitación non é de aplicación as actividades dos epígrafes 653.1º e 663.

- Os beneficiarios non poden haber recibido desta consellería subvencións para equipamentos similares nos exercicios que van desde o 2006 ó 2010.



LUGAR DE SOLICITUDE: Nas tiendas informáticas inscritas como colaboradoras da Consellería a estos efectos (consultar listado, en Viveiro a única tenda na que se pode solicitar é FUTURES)



IMPORTE DA SUBVENCIÓN: Cada unha das subvencións acadará o 70% do importe do investimento subvencionable (non é subvencionable o IVA). Investimento subvencionable máximo 2.142,80 euros (IVE excluido) e polo tanto a subvención máxima serían 1.500 euros por beneficiario.



CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:

1º. Modalidade A: Adquisición dun ordenador portátil ou de escritorio, segundo unhas opcións predeterminadas, das cales só se poderá elexir unha.

2º. Modalidade B: Paquete software de xestión.

3º. Modalidade C: Páxina web comercial.

4º. Modalidade D: periféricos e outros compoñentes: lector de código de barras, caixón portamoedas, impresora tíckets.

5º. Modalidade E: paquete TPV integrado

OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS:

-Cumprir o obxectivo que fundamenta a concesión da subvención.

- Xustificar ante a entidade colaboradora o cumprimento dos requisitos.

- Someterse, si é o caso, ás actuacións de inspección e control

- Facilitar toda a información que lle sexa requerida.

- Manter a propiedade sobre os investimentos subvencionados durante un período mínimo de 5 anos.

- Comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo fin.

- Manter un sistema de contabilidade separado ou código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría.



PRAZO DE SOLICITUDE: Desde o 26 de xullo ata o 10 de novembro de 2012, ou ata que se esgote o crédito.





martes, 17 de julio de 2012

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios as bases para a selección, mediante oposición, dun auxiliar administrativo, a xornada completa, e cunha duración de seis meses, con adscrición á Secretaría-Intervención do concello do Vicedo.

Requisitos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Posuír ou estar en condicións de obter o Título académico esixido: título de graduado escolar, ESO, formación profesional de primeiro grao, ciclo formativo de grao medio ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite a súa homologación.

Todos estos requisitos deben acreditarse antes de que finalize o prazo de presentación de solicitudes, é decir, antes das 9:30 h. do día 27 de xullo de 2012. A partir, das 10:00 h. do mesmo día, celebraranse as probas de selección na Casa Consistorial.

Para máis información e solicitudes contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo, ou chamando o 982590195


jueves, 12 de julio de 2012

OFERTAS DE EMPREGO RELACIONADAS CO CURSO AFD DE AUXILIAR DE ENFERMERÍA EN XERIATRÍA

Están expostas no taboleiro de anuncios as bases para a contratación laboral temporal de:

- un auxiliar administrativo, a xornada parcial, para realizar tarefas de coordinación e de tipo administrativo do curso do plan AFD de "Auxiliar de enfermería en xeriatría"
- un monitor/-a para impartir o antedito curso. Requírese titulación universitaria relacionada, preferentemente  Diplomado/-a en enfermería, ou experiencia acreditada mínima de 3 anos en ocupacións similares.

O prazo para a presentación de instancias e o resto da documentación requerida remata o próximo mércores 18 de xullo, ás 12:00 horas.

Para máis información, poden poñerse en contacto coa Axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez.

martes, 10 de julio de 2012

CURSO AFD DE AUXILIAR DE ENFERMERÍA EN XERIATRÍA

A Consellería de Traballo e Benestar concedeu a este concello axuda para a organización dun curso de AUXILIAR DE ENFERMERÍA EN XERIATRÍA, de 318 horas, aínda que está dirixido preferentemente a pesoas desempregadas, poderán asistir algunhas persoas ocupadas.

En primeiro lugar solicitarase candidatos/-as a oficina de emprego de Viveiro, as cales sempre terán referencia sobre o resto.

Para máis información: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.

viernes, 6 de julio de 2012

OFERTAS DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello de O Vicedo, as bases para de selección para a contratación laboral temporal, mediante oposición,de varios postos de traballo:

-1 Informador/-a de turismo, con categoría de auxiliar, desde o 16 de xullo ata o 31 de agosto.
-1 Animador sociocultural, para tres meses.
-1 Peón de oficios varios, para tres meses.

O prazo de solicitude remata o venres 13 de xullo, ás 9:30 horas.

Para máis información e solicitudes: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo

miércoles, 4 de julio de 2012

AXUDAS PARA A MELLORA DE ESTABLECEMENTOS RESTAURANTES

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convocou axudas para a mellora de establecementos restaurantes.

Máis información: http://app.igape.es/.axudas/ficha.asp?cod=PRES012

O prazo de solicitude remata o vindeiro 19 de xullo.

Para solicitudes e dudas poden contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo

martes, 3 de julio de 2012

OFERTA DE EMPREGO

A Consellería de Traballo e Benestar concedeu unha axuda o concello de O Vicedo para a contratación dun peón forestal, durante 6 meses, o 75% da xornada.

A oferta de emprego, tramítase a través da oficina de emprego de Viveiro.