lunes, 28 de febrero de 2022

Oferta emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial (30 horas/semana)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial 30 horas/semana, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 16 de marzo de 2022, e por un período de tres meses.

O prazo de inscrición e do día 28 de febreiro ao 7 de marzo de 2022 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 08 de marzo de 2022, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 

viernes, 25 de febrero de 2022

Convocatoria probas obtención do título de bacharel

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A)

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220225/AnuncioG0598-180222-0001_gl.pdf

martes, 22 de febrero de 2022

Programa para empresas que queiran acoller estudantes en prácticas

Programa de Prácticas para estudantes de grao e máster CAMPUS RURAL DO MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXIA E O RETO DEMOGRÁFICO xunto coa CRUE UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS, programa ao que está adherida a UNIVERSIDADE DA CORUÑA (UDC). Este programa diríxese a:

*   Concellos de menos de 5.000 habitantes.
  *   Empresas privadas que estean ubicadas en concellos de menos de 5.000 habitantes.

Mediante este programa, tanto concellos como empresas terán a oportunidade de acoller estudantes en prácticas de grao ou máster de todas as titulacións da UDC sen custo algún, posto que os gastos corren a cargo do nomeado Ministerio e da UDC.

Esperamos que este programa sexa de interese para o concello e empresas do seu territorio para as cales solicitamos a súa colaboración na difusión deste programa. Tanto os concellos coma empresas interesadas cómpre que se inscriban antes do 3 de marzo empregando o seguinte formulario:

https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=PuqhzrJgdU-mwqYCLo-WGzsH193uEO9MiMxnfcz-rYtUOTlTM1VKVFNaV1VJQkRITVBDRjUwWlMwWiQlQCN0PWcu

 Para calquera dúbida poden poñerse en contacto con: emprego.vepem@udc.es


lunes, 21 de febrero de 2022

Axudas da Consellería de Emprego e igualdade a empresas de nova creación

 A finalidade deste programa, dirixido as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

Tipos de axuda .

O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:

a) Subvención á xeración de emprego estable.

b) Subvención para formación.

c) Subvención para o inicio da actividade.

d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.


Prazo de solicitude: con carácter xeral ata o 31/07/2022 ou o esgotamento do crédito. As solicitudes vanse resolvendo por orde de entrada e expediente completo

 

Para máis información pinchar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220221/AnuncioG0599-040222-0002_es.html

Oferta de emprego: peón recollida de lixo

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  PEÓN RECOLLIDA DE LIXO, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de recollida de lixo do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 16 de marzo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase mañá día 22 de febreiro e remata o 03 de marzo de 2022 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 7 de marzo de 2022, a partir das 13:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte nlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 17 de febrero de 2022

Acta selección monitor compensatoria. Obradoiro emprego Terras do Sor V

Publicadas a acta de selección do monitor de compensatoria para o obradoiro de emprego Terras do Sor V. 

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

Obradoiro manexo do estrés e ansiedade no concello de Ourol

OBRADOIRO MANEXO DO ESTRÉS E ANSIEDADE

Lugar de celebración: Edificio Multiusos do Concello de Ourol. Rúa Mesón, s/n – Ourol - Lugo Data: 5 de abril de 2022 

Horario: de 16.30 a 20.30

Mellorar a información e comprensión da enfermidade por parte dos pacientes, familiares, cidadáns en xeral. Proporcionar os coidadores, familiares e pacientes as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar. Fomentar a autonomía a todos os membros da familia.

Para inscricións pinchar no seguinte enlacehttps://extranet.sergas.es/FEWEB/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512&idioma=ga

Convocatoria probas competencias clave, probas para a obtención do título de graduado ESO e cursos de prevención de riscos laborais

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).

Máis información:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220216/AnuncioG0599-080222-0002_gl.pdf

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A)

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220216/AnuncioG0598-070222-0001_gl.html

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2022 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laboráis de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220217/AnuncioO150-240122-0001_gl.html

martes, 15 de febrero de 2022

Oferta de emprego: dous peóns de mantemento de zonas naturais. Programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

No BOP de Lugo de hoxe día 16/02/2022 publícase a convocatoria para a selección dun/dunha DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 17 de febreiro de 2022 ata o día 28 de febreiro de 2022 (por ser inhábil o décimo día de prazo, o 26 de febreiro, para ó seguinte día hábil).

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (para ver tódalas publicacións pinchar no + que aparece á dereita do taboleiro de anuncios)

Axudas ao peche do lecer nocturno

ORDE do 14 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de apoio ao peche do lecer nocturno, financiado con fondos REACT‑UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR750A).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220215/AnuncioG0599-140222-0002_gl.pdf

Oferta de emprego: peón servizos múltiples. Programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

No BOP de Lugo de hoxe día 15/02/2022 publícase a convocatoria para a selección dun/dunha PEÓN SERVIZOS MÚLTIPLES, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.



O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 16 de febreiro de 2022 ata o día 25 de febreiro de 2022.


Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Oferta emprego: auxiliar de información turística. Programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

No BOP de Lugo de hoxe día 15/02/2022 publícase a convocatoria para a selección dun/dunha AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.



O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 16 de febreiro de 2022 ata o día 25 de febreiro de 2022.


Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 14 de febrero de 2022

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 09 de  marzo, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición é desde o día 15 de febreiro ata o 24 de febreiro de 2022 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 25 de febreiro de 2022, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0  (no apartado de taboleiro de anuncios, pinchar no símbolo + para ver tódalas publicacións)

domingo, 13 de febrero de 2022

Cursos preparatorios para obtrr os certificados de lingua galega CELGA

No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

O prazo de solicitude son 15 días hábiles a contar a partir de hoxe día 14/02/2022.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220214/AnuncioG0598-260122-0002_gl.html

viernes, 11 de febrero de 2022

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2022 PARA PROXECTOS DE BIOMASA, DESTINADAS A PARTICULARES

BENEFICIARIOS:

a) Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial.

b) Comunidades ou Mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.

 PERIODO ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

Coa finalidade de fomentar a utilización da biomasa forestal con fins enerxéticos, o período de execución das inversións comeza unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade pola entidade colaboradora, e a data máxima para a súa xustificación será o 30 de setembro de 2022.

INTENSIDADE E CUANTÍA DA AXUDA

- A inversión elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada pola características do sistema de conformidade ó disposto no artigo 5 das bases da convocatoria.

- A contía da axuda será do 50% do investimento elixible da instalación.

- A contía máxima por proxecto será de 60.000 €.

 

PRAZO SOLICITUDE: Iniciase o 02 de marzo de 2022, ás 9:00 horas, ata o 01/07/2022 ou ata o esgotamento do crédito. As axudas concédense por orde de entrada

 

DONDE SOLICITAR: Entidades adherida a este programa

 

MÁIS INFORMACIÓN: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace:  http://www.inega.gal/subvencions/subvencions/Energiasrenovables/2022/ficha_renovables2022_0002.html


miércoles, 9 de febrero de 2022

Ofertas de emprego varias. Programa fomento do emprego 2021, financiado pola Excma. Deputación Provincial de LUgo

Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, dun/dunha AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, de DOUS PEÓNS MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e dun PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES, a xornada completa, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo. 


Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscripción será de 10 días naturais contados a partir de dita publicación.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 8 de febrero de 2022

Axudas para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia, e se establece a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TU503A).


Persoas beneficiarias


Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en adiante, REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Obxecto e réxime

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia (TU503A). En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro do grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

2. Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2022.

Prazo de presentación de solicitudes:
do 08/02/2022 ao 07/03/2022.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchando no seguinte enlace https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503A

lunes, 7 de febrero de 2022

Cursos de adaptación e reciclaxe de socorrismo

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2022 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia

Máis información:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220207/AnuncioO3C2-290122-0002_gl.pdf

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2022 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados/ as ou graduados/as en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e técnicos/ as superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220207/AnuncioO3C2-290122-0001_gl.pdf


viernes, 4 de febrero de 2022

Axudas para autoemprego e para o mantemento do mesmo para persoas emigrantes galegas retornadas

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 11 de outubro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para o mantemento do autoemprego na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á segunda convocatoria no ano 2021 (código de procedemento PR937A)

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220204/AnuncioG0595-250122-0002_es.html

jueves, 3 de febrero de 2022

Axudas para conciliación das persoas traballadoras autónomas

 ORDE do 12 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220202/AnuncioG0599-130122-0001_gl.html



Designación tribunal para a selección dun monitor/-a de compensatoria para o obradoiro de emprego Terras do Sor V

Publicada resolución de designación do tribunal para a selección do monitor de compensatoria para o obradoiro de emprego Terras do Sor V.

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board