viernes, 28 de febrero de 2020

Listas para a selección de dous peóns de mantemento de zonas naturais e un peón de servizos múltiples, ao abeiro do programa de "Fomento do emprego 2019"

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, poden verse as resolucións da alcaldía pola que se aproban as listas de admitidos e excluidos provisionais (no caso do peón de servizos múltiples elévase  a definitiva) para a para a selección, mediante concurso-oposición, de DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLESa xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2019", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo: 
Recordamoslles que as probas de selección para tódolos postos realizarase o próximo día 11 de marzo de 2020, na casa do concello, sita na r/Travesía da Mariña, 57: os dous peóns de mantemento de zonas naturais ás 10:00 horas e o peón de servizos múltiples ás 12:00 horas

Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 2 e 3 de marzo para efectuar as alegacións que estimen oportunas ou corrixir, no seu caso, os erros que proceda,

jueves, 27 de febrero de 2020

AXUDAS REHABILITACIÓN DE VIVENDAS E EDIFICIOS DO INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO


Sistema: por orde de presentación de solicitudes.
Prazo: do 27/02/2020 ao 26/03/2020, ou ata o esgotamento do crédito
Restricións: son requisitos indispensables para optar a estas axudas os seguintes:
-      Que a vivenda unifamiliar, edificio colectivo e vivenda do edificio estivesen finalizados antes do 01/01/1996.
-      Que as vivendas constitúan domicilio habitual e permanente dos seus propietarios ou dos arrendatarios. No caso de actuacións en edificios deberán cumprir que o 70% da súa superficie sexa destinada a vivenda e ademáis que o 50% sexa vivenda habitual e permanente do propietario ou arrendatario, así como acordo da Comunidade de propietarios.
Beneficiarios:

-      Persoas físicas que sexa propietarias de vivendas unifamiliares, edificios de tipoloxía residencial colectiva e vivendas ubicadas nestes edificios.
-      Agrupacións de persoas propietarias.
-      Comunidades de persoas propietarias.
-      Inquilinos que asuman o coste das actuacións, en virtude do correspondente acordo co propietario.
Axudas:

-      Liña A: axuda ao fomento de mellora da eficiencia enerxética e da sustentabilidade en vivendas (mellora da envolvente térmica: actuación na fachada, cuberta, substitución de carpintaría ou acristalamento, cerramento ou acristalamento de terrazas…, instalación de dispositivos bioclimáticos ou de sombreamento, sistemas de calefacción, refrixeración, producción de auga quente, ventilación, equipos de calor ou frío, etc..; instalación de equipos de xeración ou utilización de enerxías renovables como a solar fotovoltaica, biomasa ou xeotérmica, protección contra o ruído, mellora de salubridade…). Ademáis nos edificios se contempla tamén a mellora da eficiencia enerxética, o aforro de auga e a mellora do saneamento e da separación de residuos, acondicionamento de espazos privativos da parcela e mobilidade sustentable (adaptar a xardinería, optimizar a rega, instalar puntos de recarga de vehículos eléctricos ou adecuación de zonas de aparcadoiros de bicicletas), instalación de fachadas ou cubertas vexetais; instalación de sistemas de domótica e/ou sensórica.
Na Liña A para vivendas unifamiliares o máximo de axuda vai de 12.000 a 24.000 euros dependendo das particularidades dos solicitantes (contempladas na orde). Para edificios en función do número de vivendas e locais de que dispoña, e para vivendas de edificios o máximo de axuda vai de 12.000 a 16.000 euros dependendo das particularidades dos solicitantes (contempladas na orde). Todo elo sen perxuízo dos incrementos contemplados na orde para os casos sinalados na mesma.

-      Liña B: axuda ao fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas (relativas oa estado de conservación da cimentación, da estrutura e das instalacións, das cubertas, azoteas, fachadas e medianeiras, incluíndo o desamiantado, adecuación interior, instalación de ascensores, salvaescaleiras e ramplas, guindastres e artefactos, sinais luminosos e sonoros, videporteiro e análogos, domótica e mellora de accesibilidade en baños e cociñas….)
Na liña B varían desde 3.000 euros de máximo ata 17.000 euros de máximo en función das actuacións e dependendo das particularidades dos solicitantes (contempladas na orde). Todo elo sen perxuízo dos incrementos contemplados na orde para os casos sinalados na mesma.

Nas dúas liñas, as axudas non poderán superar ó 40% do custo subvencionable da actuación, que se poderá incrementar ata o 75% nos casos contemplados na Orde (si ingresos familiares inferiores a tres veces el IPREM de 2018 e no caso das axudas por accesibilidade si hai unha persoa con discapacidade ou un maior de 65 anos sin límite de ingresos)

Máis información: contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200226/AnuncioC3Q2-070220-0001_es.pdf

CONVOCATORIA PROBAS COMPETENCIAS CLAVE

A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, por proposta do Instituto Galego das Cualificacións convoca probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego.

As competencias clave convocadas son:
Comunicación en lingua galega.
Comunicación en lingua castelá.
Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
Competencia matemática.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto desde o día da data e ata o 20 de marzo de 2020.
As solicitudes poden tramitarse preferiblemente en  https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR306A&ano=2020&numpub=1 co procedemento TR306A
Máis información no DOG do 26 de febreiro de 2020 e en  https://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0145.html

miércoles, 26 de febrero de 2020

OFERTA DE EMPREGO AXENTE TIC

Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun /dunha AXENTE TICa xornada parcial (20 horas/semana), como persoal laboral temporal do concello de O Vicedo. 

Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscripción será de 10 días naturais contados a partir de dita publicación, a cal se anunciará novamente neste blog.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

AXUDAS ECOINNOVACIÓN COMERCIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Prazo de solicitude: Desde o 22/02/2020 ata o 21/03/2020

Beneficiarios: Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns (persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran os requisitos establecidos na orde de convocatoria).
Actuacións subvencionables
1. Considéranse subvencionables os proxectos ecoinnovadores que conteñan algunha das seguintes actuacións:
1.1. Ecoenvases: solucións sustentables de empaquetado de produto e para o seu envío, de ser o caso, coa utilización de materiais cen por cento biodegradables.
O investimento máximo subvencionable para este punto será de 4.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 70 %.
1.2. Economía circular.
Considérase subvencionable a implantación ou posta en marcha de proxectos de ecoinnovación comercial, que poderán referirse ás seguintes áreas:
a) Procesos de economía circular, incluíndo proxectos de modelos de negocio onde polo menos o 70 % da oferta de produto non sexa de primeira manufactura.
b) Venda de produtos elaborados con residuos ou materiais reciclados, que supoñan polo menos o 30 % das referencias do establecemento comercial.
c) Proxectos de recollida de envases do propio establecemento comercial, con ou sen incentivos para o cliente, para a súa posterior reutilización polo establecemento comercial.
d) Proxectos de negocios que introduzan polo menos o 70 % da oferta de produtos con etiquetaxe ecolóxica.
e) Venda a granel de produtos que habitualmente se presentan envasados, sempre que supoñan polo menos o 70 % das referencias do establecemento comercial.
A subvención consistirá nunha axuda por beneficiario de 1.500 € para o pulo de proxectos ecoinnovadores que inclúan as actuacións descritas neste punto.

Máis información:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200221/AnuncioG0424-030220-0006_gl.html ou pasando pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local municipal

AXUDAS PARA COMERCIANTES MINORISTAS E ARTESÁNS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Prazo de solicitude: Desde o 22/02/2020 ata o 21/03/2020

Beneficiarios: Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns (persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran os requisitos establecidos na orde de convocatoria).

Actuacións subvencionables:
1.- Dixitalización comercial (Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns):
  1. A implantación e actualización de páxinas web comerciais
  2. Introdución de ferramentas de márketing 4.0
  3. Pulo á mellora da imaxe dixital
  4. Servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager).
  5. Implantación de ferramentas de xestión
A porcentaxe de subvención será o 80 %, agás no suposto das letras b), c) e d), que será do 70 %, dos investimentos máximos subvencionables,
2. Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto de decoración e interiorismo (Só para comerciantes retallistas):
  1. As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.
  2. Adquisición de moblaxe destinado á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
  3. Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.
  4. Actuacións conxuntas dun mínimo de tres establecementos comerciais contiguos para dotar de homoxeneidade estética a imaxe exterior dos comercios dunha mesma rúa comercial.
  5. Os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo e decoración.
A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable agás no suposto das letras d) e e), que será do 70 %.
3. Proxectos de expansión comercial
4. Posta en marcha de proxectos de tendas efémeras ou eventos pop up
5. Proxectos de posta en marcha de concept stores
6. A adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal.

En algúns casos tamén se fixan investimentos mínimos

Máis información:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200221/AnuncioG0424-030220-0004_es.html  ou pasando pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local municipal

lunes, 24 de febrero de 2020

CURSOS DE FORMACIÓN SOCORRISMO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

TERCEIRA EDICIÓN ALTERNATIVAS DO RURAL ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN NORDÉS


miércoles, 19 de febrero de 2020

Oferta de emprego peón recollida de lixo

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  PEÓN RECOLLIDA DE LIXO, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de recollida de lixo do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 16 de marzo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 20 de febreiro e remata o 02 de marzo de 2020 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 4 de marzo de 2020, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Oferta de emprego de auxiliar de axuda no fogar. Xornada parcial: 35 horas/semana

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (35 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 16 de marzo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 20 de febreiro e remata o 02 de marzo de 2020 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 4 de marzo de 2020, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 14 de febrero de 2020

Acta selección Monitor compensatoria Obradoiro de emprego Terras do Sor III

Publicada nos taboleiros de anuncios da entidade, da oficina de emprego e na sede electrónica do concello do Vicedo acta da selección do monitor de compensatoria do obradoiro de emprego "Terras do Sor III": https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Apertura do prazo para a presentación de solicitudes para a selección dun peón de servizos múltiples e dous peóns de mantemento de zonas naturais. Programa "Fomento do emprego 2019"

No BOP de Lugo de hoxe día 14/02/2020 publícase o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, de DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLESa xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2019", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Como o prazo de inscripción é de 10 días naturais contados a partir da dita publicación, comenza mañá día 15/02/2020 e ata o día 24/02/2020.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 13 de febrero de 2020

Lista de admitidos/excluidos definitiva para a selección dun Auxiliar de información turística. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo: Programa "Fomento do emprego 2019"

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, pode verse a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista de admitidos e excluídos definitiva para a selección dun Auxiliar de información turística, como persoal laboral do concello do Vicedo, a xornada completa, ao abeiro do programa "Fomento do emprego 2019. Plan único de cooperación cos concellos" da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3

Recordámoslles que a proba de selección realizarase o próximo día 19 de febreiro de 2020, ás 10:00 horas, na Casa da Cultura de O Vicedo, sita na r/Cidade de Mondoñedo, 23.

lunes, 10 de febrero de 2020

Lista de admitidos/excluidos provisional para a selección dun Auxiliar de información turística. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo dentro do Programa "Fomento do emprego 2019"

Publicouse no día de hoxe 10/02/2020 a lista de admitidos e excluidos provisional  en relación coas bases para a selección, mediante oposición, dun AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2019", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo, ao abeiro das bases publicadas no BOP de Lugo de 2 de marzo de 2019, con adscrición ao servizo municipal de turismo

Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 11 e 12 de febreiro para efectuar as alegacións que estimen oportunas ou corrixir, no seu caso, os erros que proceda, directamente no propio concello ou , enviando dentro do mesmo prazo a documentación orixinal ou en fotocopia compulsada ou cotexada por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso, adelantaran por fax ó número 982590001 ou por correo electrónico o enderezo: concello@concellodovicedo.org, toda a documentación presentada nun rexistro habilitado e dentro do prazo estipulado.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 19 de febreiro de 2020, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).



Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

Oferta de emprego Auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 09 de marzo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 11 de febreiro e remata o 20 de febreiro de 2020 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 24 de febreiro de 2020, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 7 de febrero de 2020

AXUDAS FINANCEIRAS A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2019 pola que se procede á convocatoria pública para a anualidade 2020 das axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual (código de procedemento VI406B).

Esta resolución ten por obxecto convocar para a anualidade 2020 as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas (código de procedemento VI406B), que poderán consistir en:
a) Préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas concedidos polas entidades de crédito, no ámbito dos convenios asinados para estes efectos co Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS).
b) Axudas económicas directas, consistentes na subsidiación dos xuros do préstamo cualificado outorgado pola entidade financeira.
Prazo de solicitude: ata o 30 de setembro de 2020

PROBAS PARA OS TÍTULOS DE BACHAREL, DA ESO, E PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS


Obxecto: convocar a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos, nas modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.
Requisitos: Ser maior de 20 anos ou cumplilos no ano 2020; non ter título equivalente; non cursar a cursar estudos de bacharel nin terse matriculado no curso 2019/2020.
Data e lugar da proba: 24 de abril de 2020 no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
Prazo de solicitude: do 27 de febreiro de 2020 ao 12 de marzo de 2020.

Obxecto: convocar as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de dezaoito anos, nas modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.
Requisitos: Ter cumpridos os 18 anos o día da realización da proba; non ter o título da ESO; non estar nin ter estado matriculado na ESO no curso 2019/2020 (excepto os matriculados na educación secundaria para persoas adultas sempre que cumpran determinados requisitos).
Datas das probas:
Convocatoria de maio: 29 de maio de 2020.
Convocatoria de setembro: 4 de setembro de 2020.
Prazo de solicitude:
Para a convocatoria de maio: do 16 ao 27 de marzo de 2020.
Para a convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo de 2020.


Probas acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional. Doga 07/02/2020
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio (ED312C).
Requisitos: persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
Prazo: do 2 ao 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
Realización da proba: día 28 de maio de 2020.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior (ED312D).
Requisitos: persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Prazo: do 10 ao 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.
Realización da proba: día 23 de abril de 2020.
Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo.

jueves, 6 de febrero de 2020

CURSO MANIPULADOR ALIMENTOS


MONITOR COMPENSATORIA PARA O OBRADOIRO DE EMPREGO TERRAS DO SOR III

Están expostas na sede electrónica e taboleiro de anuncios do concello as bases de selección dos monitores para o obradoiro dual de emprego, conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Terras do Sor III" e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, porque se vai a seleccionar un monitor de compensatoria, a media xornada, mediante presentación de oferta de emprego na oficina de Viveiro


miércoles, 5 de febrero de 2020

AXUDAS VARIAS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


1.- BONO AUTÓNOMO

Quen pode solicitar: Esta axuda está dirixida a traballadores desempregados que teñan unha antigüidade na realización da actividade de máximo 42 meses, uns rendementos económicos anuais en IRPF inferior a 30.000 euros, e unha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluido) na declaración de 2018.
Que se subvenciona: accións dirixidas á mellora da competitividade ou investimentos en maquinaria, reforma do local, equipos informáticos….
Importe da axuda: 80% da inversión, máximo 3.000 euros.
Prazo de solicitude: ata o 03/03/2020

2.- AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO
Obxecto: axudas para á promoción do emprego autónomo.

Requisitos:
-      Causar alta, con anterioridade á presentación da solicitude,  no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, en Galicia, entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
-      Estar inscrito como demandante de emprego, carecendo de ocupación na data de incio da actividade.
-      Desenvolver fundamentalmente a actividade en Galicia.
-      Non ter percibido subvencións de programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores.
-      Non ter desenvolvido a mesma actividade como autónomos/as na mesma localidade nos seis meses anteriores ao inicio da actividade, nin ter estado de alta como autónomos/as nos tres meses inmediatamente anteriores.
Importe:
-      Persoas desempregadas en xeral: 2000 €.
-      4000 € para persoas desempregadas que ademáis sexan: menores de 30 anos; ou desempregadas de longa duración; ou desempregadas con discapacidade; ou desempregadas en situación ou risco de exclusión social.
-      A contía increméntase un 25% en cada un dos seguintes supostos (acumulables): muller; centro de traballo situado nun concello rural; persoas maiores de 45 anos; emigrantes retornados. Sendo a contía máxima 9.000 €.
Prazo de solicitudes: do 03 de febreiro ao 30 de setembro 2020, ou ata o esgotamento do crédito. As solicitudes vanse resolvendo por orde de entrada.
3.- AXUDAS A PERSOAS AUTÓNOMAS PARA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS

Beneficiarios: Persoas traballadoras autónomas ou profesionais pola primeira contratación con caracter indefinido de persoas desempregadas durante o primeiro ano de actividade de persoas desempregadas, e pola segunda e terceira contratación de caracter indefinido de persoas desempregadas nos tres primeiros anos de actividade.
4.- BONO NOVAS OPORTUNIDADES

Está dirixido a persoas que se deron de alta no réxime de autónomos no período do 1 de xaneiro ao 30 de setembro de 2020 e cesaran con anterioridade na súa actividade, sempre e cando se cumplan unha serie de requisitos, entre eles: que o cese da actividade se producira con 6 meses de antelación a nova alta, ter cotizado un determinado período, estar desempregado e inscrito no servizo público de emprego, etc.

5.- BONO RENOVA NOS NEGOCIOS DE AUTÓNOMOS

Estas axudas están dirixidas a autónomos que vaian a transmitir o  seu negocio por: ter 60 anos ou máis, por declaración de incapacidade total, ou polas persoas herdeiras tralo falecemento da persoa autónoma. Tamén recibe axuda as persoas que adquiren estes negocios.

6.-AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN  LABORAL E FAMILIAR PARA AS PERSOAS AUTÓNOMOS/-AS

7.- AXUDAS PARA O FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO NAS PEQUENAS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN.

8.- PROGRAMA DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS CALIFICADAS COMO INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASES TECNOLÓXICA




AXUDAS DO INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO PARA ADQUISICIÓN E ALUGUER


1.- programa de axudas para adquisición de vivendas

principais requisitos para poder ser beneficiario/-a:

-          Ter menos de 35 anos na data de presentación da correspondente solicitude.
-          Posuir a nacionalidade española ou, no caso de extranxeiros, ter a residencia legal en España.
-          Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM. Este límite varia no caso de familias numerosas ou con membros con algunha discapacidade…
-          Ter suscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020 un contrato privado, ou no seu caso, escritura pública para a adquisición dunha vivenda ubicada nun concello de menos de 5.000  habitantes, que o precio de adquisición non supere os cen mil euros, e que se trate dunha vivenda xa construida (pode ser nova ou usada).
-          Que as persoas solicitantes e o resto de membros da unidade de convivencia estén empadroados na vivenda adquirida no momento da presentación da correspondente solicitude.
-          Non ter outra vivenda en propiedade ou usufructo, ningún dos membros da unidade de convivencia.

IMPORTE DAS AXUDAS: subvención de ata 10.800 euros por vivenda, co límite máximo do 20 por centro do prezo de adquisición.


PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 30 de setembro de 2020, ou ata o esgotamento do crédito.

MÁIS INFORMACIÓN: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200204/AnuncioC3Q2-100120-0002_gl.pdf


2.-PROGRAMA DO BONO DE ALUGAMENTO SOCIAL

As subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social están destinadas a atender con carácter urxente ás seguintes unidades de convivencia:
·         Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron que a persoa arrendadora interpuxese unha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
·         As das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude, se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración pública.
·         Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual, que posúen en calidade de propietarias ou usufrutuarias, por danos sufridos nesta derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.
·         Aquelas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, regulado polo Decreto 84/2010, do 27 de maio, para o fomento do alugamento de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia, desfrutasen na súa totalidade da subvención do dito programa e lles rematase o período máximo de desfrute desta axuda dentro dos seis meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do programa do Bono Alugueiro Social.
·         Aquelas ás cales, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) lles finalizase a vixencia do seu contrato a partir da entrada en vigor desta orde.
·         Aquelas ás cales, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadaren o límite mínimo de ingresos establecidos no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.
·         Aquelas que sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sociedade de Xestión de Activos procedentes de Reestruturación Bancaria (Sareb), en virtude dos convenios de colaboración subscritos entre o IGVS e as citadas entidades, rematasen a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención do Programa do bono alugamento social

PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 11/12/2020 ou ata o esgotamento do crédito

MÁIS INFORMACIÓN: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200203/AnuncioC3Q2-140120-0003_gl.pdf