Publicadas as listas de admitidos e excluidos en relación coa a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun Peón de servizos múltiples e dun/dunha Administrativo/-a, polo período dun ano, subvencionados
ao abeiro do Plan provincial único de cooperación cos concellos 2017,
"Programa Depuemprego 2017", da Excma. Deputación de Lugo.
A lista de admitidos e exluidos provisional do Peón de servizos múltiples elevase a definitiva por non haber excluídos. As probas e valoración de méritos terán lugar o día 23 de outubro de 2017, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).
En relación coa lista de admitidos e excluidos provisional para o posto de administrativo, segundo se establece na resolución os excluídos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 16 e 17 de outubro para efectuar as alegacións que estimen oportunas. As probas e valoración de méritos
terán lugar o día 24 de outubro de 2017, ás 10:00 horas, no Centro
Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade
de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).
Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de
emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.
( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver
tódolas publicacións)