lunes, 28 de febrero de 2011

AXUDAS A ASOCIACIÓNS E AGRUPACIÓNS DE CIDADÁNS

A Excma. Deputación Provincial de Lugo convocou axudas dirixidas a agrupacións de gandeiros, agrupacións de cidadáns ou asociacións sen ánimo de lucro para a realización de obras que teñan como finalidade última conseguir melloras no medio rural, lugar onde se desenvolve a maior parte dos sectores agrícolas e gandeiros.
As axudas irán dirixidas á realización de pequenas obras de interese xeral para levar a cabo a creación, equipación, e/ou acondiconamento de infraestructuras no medio rural.
A cuantía das axudas non poderá exceder do 75% do importe da actividade subvencionable, e o prazo de solicitude rematará o próximo día 10 de marzo.

miércoles, 23 de febrero de 2011

SELECCIONADOS PLAN LUGO EMPREGA

Está exposta a lista das persoas seleccionadas, no plan LUGO EMPREGA, para ser contratadas polo concello de O Vicedo: no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web da Deputación de Lugo. Ademáis poderá consultarse pasando pola oficina da Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, sita na Casa da Cultura.

jueves, 17 de febrero de 2011

NOVA PÁXINA WEB DE BÚSQUEDA DE EMPREGO

O Proxecto Lugo_Pacto Provincial polo Emprego creou unha páxina web onde entre outras informacións, se poden consultar ofertas de traballo de toda a provincia e inscribirse nas mesmas, para o cal previamente habería que darse de alta como demandante de emprego.
Por outra banda, as empresas e institucións poderán meter as súas ofertas de traballo, pero para eso ten que ter a autorización previa da Deputación, que lle facilitará un usuario e contraseña.
A dirección da páxina é: http://pactoemprego.inludes.org , tamén se podería entrar a través da páxina do INLUDES http://www.inludes.org

martes, 15 de febrero de 2011

CONVOCATORIA PROBAS OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA

No DOG de 10/02/2011 convócanse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 para xuño de 2011.

O prazo de inscrición remata o día 29 de abril de 2011, e ademáis de presentar a correspondente solicitude e necesario pagar unhas taxas por importe de 15,61 euros.

Para máis información e solicitudes pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

jueves, 10 de febrero de 2011

CONVOCATORIA AXENTE TIC

No BOP de Lugo do día de hoxe, publicouse o anuncio da convocatoria para a selección dun axente TIC.

No enlace que aparece a continuación poden consultar as bases de dita convocatoria:
http://concellodovicedo.sedeelectronica.es/?wicket:interface=:6::::

O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar desde a publicación no boletín, como o último día é inhábil, o prazo rematará o próximo día 21 de febreiro.

lunes, 7 de febrero de 2011

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO a xornada completa.
Os requisitos que deben cumplir as aspirantes son:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Declaración xurada do aspirante de non ter traballado neste Concello máis de 21 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores á data de aprobación destas bases.
- Dispor de vehículo propio e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.
- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.
Estes requisitos deberán acreditarse antes da celebración da proba.
O prazo de presentación de solicitudes, remata este xoves 10 de febreiro ás 13:00 horas.
Os interesados poden solicitar máis información ou as instancias de solicitude, pasando pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

jueves, 3 de febrero de 2011

PUBLICADAS AS NOTAS DA PROBA DE COÑECEMENTOS DA SELECCIÓN DO PLAN LUGO EMPREGA

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na Casa de cultura os resultados da proba de coñecementos do proceso para a selección de operarios de servizos diversos para o concello de O Vicedo, ó amparo do plan Lugo Emprega, financiado pola Deputación Provincial de Lugo.
Aquelas persoas que acadaron unha puntuación de 10 puntos ou superior, terán que realizar unha entrevista curricular o luns 7 de febreiro de 2011, ás 17:45 horas, no salón de plenos do concello de Viveiro (Praza maior, nº 1).

miércoles, 2 de febrero de 2011

Plan Lugo Emprega Concello de Viveiro

No enlace que aparece a continución están as bases da convocatoria de postos do Plan Lugo Emprega para o Concello de Viveiro

O prazo de solicitude remata o próximo sábado 5 de febreiro.

Non poden participar os que xa se inscribisen no plan Lugo Emprega en outros concellos.


http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_4441_1.pdf#PAGE=94