lunes, 29 de julio de 2024

Publicadas as actas de selección do proceso de estabilización para as prazas de: axente de emprego e desenvolvemento local, auxiliar administrativo de secretaría e auxiliar administrativo de servizos sociais.

 

Publicadas na sede electrónico do concello do Vicedo e no taboleiro de edictos, as actas de selección dos procesos de estabilización das seguintes prazas, convocadas polo sistema de concurso:

- AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL.

- AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE SECRETARÍA.

- AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE SERVIZOS SOCIAIS (XORNADA 75%).

Máis información:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3

miércoles, 24 de julio de 2024

Oferta emprego: auxiliar de axuda no fogar, a xornada parcial (85,33%)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (85,33%), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición é de dez días naturais a contar a partir da publicación das bases de selección.

As probas de selección realizaranse o día 8 de agosto de 2024, ás 9:30 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3

Oferta de emprego: 1 peón forestal. Programa APROL RURAL

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade concedeu unha axuda ao Concello do Vicedo para a contratación de 1 PEÓN FORESTAL, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses,  ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2023 pola que se regulan as subvencións para o fomento de emprego no medio rural (Aprol rural), e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2024.

Para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego (oficina de Viveiro), tanto no momento da selección como no da contratación.

Máis información: contactar co no teléfono 982590029, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1

martes, 23 de julio de 2024

Oferta de emprego: peón de recollida de lixo para cubrir vacacións

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN DE RECOLLIDA DE LIXO baixo a modalidade de contrato de traballo de sustitución, para cubrir vacacións e outros permisos, a xornada completa, desde o próximo día 8 de agosto de 2024 e ata o día 2 de outubro de 2024.

O prazo de inscrición comenza o día 24 e finaliza o 31 de xullo de 2024, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 2 de agosto de 2024, ás 9:30 horas, no Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Vicedo.

Para máis información e inscricións: pasar polo Concello, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info

Ofertas de emprego: tres peóns de mantemento de zonas naturais. Programa: "Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2024", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

 

Publicadas no taboleiro de edictos, na sede electrónica do Concello do Vicedo e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo, as bases para a selección de TRES PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS, cunha duración de dous meses, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2024", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude comeza o próximo o día 23 de xullo e remata o día 31 de xullo de 2024.

Para máis información no teléfono 982590029 ou consulta das bases no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

miércoles, 17 de julio de 2024

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

 

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición é de cinco días hábiles a contar a partir da publicación das bases, polo tanto, comenza mañá día 18 de xullo de 2024 e remata o día 24 de xullo de 2024. As probas de selección realizaranse o día 30 de xullo de 2024, ás 9:30 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es

viernes, 12 de julio de 2024

CONVOCADAS DISTINTAS AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS

 

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2024 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2024 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F).

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2024 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G).

Máis información: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2024/20240712/Secciones1_gl.html

LISTAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PROCESOS DE SELECCIÓN BRIGADA DE INCENDIOS FORESTAIS 2024 (1 XEFE DE BRIGADA, 3 PEÓNS E 1 PEÓN-CONDUTOR)

 

No día de hoxe, 12 de xullo de 2024, aprobáronse as seguintes listas de admitidos/excluÍdos provisionais:

 -3 Peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

As persoas que aparecen como excluídas, poderán formular alegacións ou correxir, no seu caso, os erros que proceda, no prazo de dous días hábiles a contar a partir de hoxe (sin contar sábados, domingos nin festivos). 

 Por outra banda, nas listas fíxanse as datas, hora e lugar da realización das probas.

Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3


miércoles, 10 de julio de 2024

Listas definitivas admitidos e excluídos das prazas de: auxiliar administrativo de secretaría, axente de emprego e desenvolvemento local e auxiliar administrativo de servizos sociais a xornada parcial, convocadas no proceso de estabilización do emprego temporal, polo sistema de concurso.

 

Publicadas no BOP de Lugo do día 10 de xullo de 2024 e na sede electrónica do Concello do Vicedo,  as listas definitivas de admitidos e excluídos dos procesos de estabilización do emprego temporal, das seguintes prazas, convocadas polo sistema de concurso:

- AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE SECRETARIA (100%), COMO PERSOAL FUNCIONARIO

- AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL, COMO PERSOAL LABORAL FIXO

- AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE SERVIZOS SOCIAIS (75%), COMO PERSOAL LABORAL FIXO

Pode consultarse: no BOP de Lugo,  no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguinte enlace: https://deputacionlugo.gal/gl/node/81318

https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 5 de julio de 2024

Resolución cambio tribunal e nova data selección socorristas 2024

Con data 3 de xullo de 2024 ditouse resolución da Alcaldía modificando a composición do Tribunal designado para a selección de 6 socorristas. Así mesmo fíxase data para unha nova proba o día 8 de xullo de 2024 a partir das 12:30 horas na Casa da Cultura do Vicedo.

Para máis información pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es

miércoles, 3 de julio de 2024

OFERTA DE EMPREGO PERSOAL DE OBRA

Importante empresa da construción de Lalín busca persoal de obra para a provincia de Lugo.

Interesados enviar C.V. a: <mailto:empleotyr@gmail.com> empleotyr@gmail.com  ou poñerse en contacto no número 986787502 ext. 256, 255.