Resolución do 26 de
abril de 2024 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que
aproba as bases reguladoras das axudas á implantación de medidas para o avance
no cumprimento de criterios ambientais, sociais e de gobernanza (ASG) nas pemes
galegas para o ano 2024, e se procede á súa convocatoria en réxime de
concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300F)
· PROCEDEMENTO: concorrencia non
competitiva ata o esgotamento do crédito (resolven segundo a orde determinada
en función da data de presentación da documentación completa).
· OBXETO: a posta en marcha de
proxectos para o desenvolvemento e mellora de factores ASG (ambientais, sociais
e de gobernanza) nas pemes, cuxa finalidade sexa o desenvolvemento e
implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución
de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, acadando
reducións e aforros na utilización de recursos naturais, auga e enerxía e
diminucións na xeración de refugallos, subprodutos ou desperdicios, coa
tendencia de converter os refugallos en recursos de uso en outros procesos
produtivos; e tamén aquelas actuacións dirixidas a desenvolver a
responsabilidade social empresarial e avanzar nos mellores modelos de
gobernanza nas organización.
·BENEFICIARIOS: pequenas e medianas
empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos empresarios
autónomos, que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia a realizar
o proxecto.
· PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes, que en ningún caso
será inferior a un mes, desde o día 9 de maio de 2024 as 8.00 horas e ata as
14.00 horas do día 15 de setembro de 2024, agás que antes desa data se produza
o suposto de esgotamento do crédito.
Para máis información pinche no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog ou
diríxase á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello.