martes, 25 de junio de 2024

Oferta de emprego: limpador/-a para cubrir vacacións

 

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  LIMPADOR/-A, para cubrir vacacións, con adscrición ao servizo municipal de limpeza do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 15 de xullo de 2024 e ata o fin da substitución

O prazo de inscrición comeza mañá día 26 de xuño de 2024 e remata o 5 de xullo de 2024. A selección realizarase o día 8 de xullo de 2024, a partir das 11:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es

Oferta emprego: auxiliar de axuda no fogar, a xornada parcial (85,33%)

 

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (85,33%), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de tres meses.

O prazo de inscrición é de dez días naturais a contar a partir da publicación das bases de selección, polo tanto, comenza mañá día 26 de xuño de 2024 e remata o día 5 de xullo de 2024. As probas de selección realizaranse o día 8 de xullo de 2024, ás 10:30 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

lunes, 24 de junio de 2024

OFERTA EMPREGO: PERSOAL PARA A BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS. CAMPAÑA 2024

No BOP de Lugo de data  22/06/2024 publícase o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, do persoal de incendios para a campaña 2024:

- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 1 Xefe de brigada para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

O prazo de presentación de solicitudes sería do 24 ao 28 de xuño de 2024.

Máis información e solicitudes contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace:   https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

miércoles, 19 de junio de 2024

Modificación de data para a selección de peón - condutor con adscrición ao servizo municipal de limpeza e mantemento do concello do Vicedo

 


No seguinte enlace poden consultar a resolución de cambio da data da selección de peón - condutor con adscrición ao servizo municipal de limpeza e mantemento do concello do Vicedo   https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Nova data: o día 24 de xuño de 2024, a partir das 12:30 horas, no Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Vicedo.

CONTRATACIÓN BRIGADA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS - CAMPAÑA INCENDIOS 2024

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a selección, mediante concurso - oposición, do personal laboral temporal brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de incendios 2024

- 1 xefe de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais;

- 1 peón - condutor de prevención e defensa contra incendios forestais;

- 3 peóns de prevención e defensa contra incendios forestais.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 5 días hábies a partir do seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.

viernes, 14 de junio de 2024

Oferta de emprego: 6 socorristas para traballar en praias de O Vicedo durante o verán 2024

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso, de 6 SOCORRISTAS, a xornada completa, durante dous meses.

O prazo de inscrición comenza o día 17  e remata o  día 21 de xuño de 2024.

O proceso de selección será o día 24 de xuño de 2024, ás 10:00 horas, na Casa de Cultura do Vicedo.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 13 de junio de 2024

Oferta emprego: peón-condutor (contrato interinidade)

 


Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN-CONDUTOR baixo a modalidade de contrato de traballo de substitución (cubrir vacacións e outros descansos), a xornada completa, dende o próximo día 1 de xullo de 2024.

O prazo de inscrición comenza mañá día 14  e ata o 20 de xuño de 2024, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 21 de xuño de 2024, ás 12:30 horas, na Casa de Cultura do Vicedo.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 10 de junio de 2024

Ofertas de emprego: tres vixiantes de espazos naturais. Programa: "Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2024", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Publicadas no taboleiro de edictos, na sede electrónica do Concello do Vicedo e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo, as bases para a selección de TRES VIXIANTES DE ESPAZOS NATURAIS, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2024", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude comeza o próximo luns 12 de xuño e remata o día 18 de xuño de 2024.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 https://www.deputacionlugo.gal

jueves, 6 de junio de 2024

Oferta emprego: animador/-a sociocultural para a tempada de verán 2024

 

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha ANIMADOR/-A SOCIOCULTURAL, a xornada completa, durante a tempada de verán/2024 (3 meses), con adscrición ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Concello do Vicedo.

O prazo de presentación de solicitudes iniciase o día 10 de xuño e  remata o próximo día 18 de xuño. Realizándose o proceso de selección o día 20 de xuño, a partir das 11:00 h. na Casa da Cultura do Concello do Vicedo.

 

Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local. Tamén no seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/