lunes, 21 de noviembre de 2011

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral mediante concurso-oposición dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, a xornada completa.


Deben cumprirse os seugintes requisitos:


-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.

- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.

-Dispor de vehículo e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)

- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.

- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.


O prazo de solicitude remata o día 29 de novembro ás 9:30 horas, e a selección é ese mismo día ás 10:00 horas

No hay comentarios: